Merendas de chocolate

chocolateEncarna Pego. Á chamada para a merenda acudían ás carreiras, cortando os xogos -a billa ou peón os dous maiores, as bonecas ou a corda as pequenas. Coa mesma ilusión, cada día comían o bocadillo, a pesar da escasa variedade: tulipán ou tona de leite con azucre e, algún día, friame. Axiña, satisfeitos, volvían dar renda solta á imaxinación ata a noite.

Porén, un día, a sorpresa acaeceu. Dentro do pan había chocolate! Foi unha algarabía de festa rachada. Que delicia! Manxar de ricos.

-Algo raro pasou! Se cadra chegou un cheque máis grande este mes -dixo o maior.

-Tanto me ten, está riquísimo -respondeulle o irmán.

Ao día seguinte medraba a intriga mentres corrían a coller cadansúa ración.

-Chocolate outra vez!

E atopárono, se cabe, aínda máis gorentoso ca o día anterior. Non o podían crer. Acertarían a quiniela? Serían agora ricos? Non ousaban preguntarllo á súa nai.

Ela pasaba acotío pola tenda a fin de mercar o preciso: pan, un cuartillo de aceite, medio quilo de fariña, azucre e media libra de chocolate.

A lambonada foise facendo cotiá. O chocolate pasou á categoría do familiar, coma o chourizo.

Entrementres, algunha veciña murmuraba sobre a fartura que aquela muller levaba da tenda nos últimos tempos. As máis achegadas pensaban se talvez o home tería conseguido o posto de contramestre que, segundo ela, lle tiñan ofrecido. Outras, envexosas da súa fermosura, mesmo comentaban que andaba moi composta e alegre para ter o home fóra.

-Non sería de estrañar que a ledicia e os cartos lle chegasen por outra vía -chegou a pensar algunha.

niñosEla tiña boa percha e lucía elegante os vestidos que súa irmá lle cosía con primor, co pano traído de Vilagarcía.

Pero un día o bocadillo volveu ser de chourizo e tulipán, volvendo á monotonía. A partir de entón tamén aumentou o gasto de papel de elefante, que minguara considerablemente nas últimas semanas.

Cando tres meses despois chegou o home, Rosa puido mercar o ferro eléctrico que arelaba, farta de llo pasar a tanta roupa. Logo contou na mesa o noxo que sentira cando, despois de participar na promoción do chocolate para facerse con todas as rifas posibles, non fora ela a afortunada.

Aqueles rapaces lembran as tardes felices a faceren cocheiras coas rodas vellas das bicicletas, a gabearen en busca dos niños, ou aprenderen a facer calceta coa nai e as irmás. E, como non, aquelas enchentes de chocolate, que traen as risas e a nostalxia ás sobremesas das reunións familiares.

Un comentario en “Merendas de chocolate

  1. Me produjo una cierta nostalgia del ayer, no menos hermosa y real, la historia que nos acaba de narrar Encarna. Digo esto porque ha sido contada con la dura realidad de aquel entonces y que, unos en menor o mayor grado la hemos vivido. Es por lo que vino a mi mente el recuerdo del chocolate. Os cuento: estábamos jugando un grupo de niñas en la acera de nuestra casa cuando mi madre me llamó para darme la merienda entrando conmigo una amiguita. Al verla, mi madre también se la ofreció y que consistía en una pastilla de chocolate, un plátano y el trocito de pan, que siempre estaba presente. ¡Ay!, no veáis la que se armó, cuando llegó a oídos de su madre la “suculenta” merienda que la mía había dado a su pequeña. Por poco la come, (a mi madre) diciendo que ella ni podía, ni quería acostumbrar a su hija a aquellas grandes merendolas. Y eso que la tal señora, disponía de una economía superior a la que tenía mi madre en aquel entonces. Y era tal cual lo cuenta Encarna. Todavía recuerdo cuando nos juntábamos un grupo de niños y uno se acercaba y me decía: te cambio el pan de maíz por el de trigo. Lo hacía encantada porque en casa aquel pan era novedoso y en el fondo me gustaba por lo que aceptaba encantada. Termino, aunque una podría hablar largo y tendido sobre el tema, pero considero que Encarna lo ha hecho con gran maestría. Por cierto: menudo suplicio con el papel de elefante!!! Aquello no limpiaba, embadurnaba. Resbalaba por el trasero y dejaba de cumplir su cometido que era dejarlo limpio. Cuando mamá olvidaba traer el elefante, nos instruíamos con la prensa escrita. Aquello sí que era reciclaje!!!

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *