A moza danesa, de David Eberschoff

la-chica-danesaXerardo AgraFoxo. Esta novela conta a historia de Einar Wegener e Greta Waud, unha parella de pintores dinamarqueses coñecida nos primeiros anos do século pasado polos seus retratos de mulleres. Un matrimonio artístico que pasou á historia cando el, Einar, se converteu na primeira persoa en cambiar de sexo cunha intervención cirúrxica. Así naceu Lili Elbe, a auténtica protagonista deste relato ateigado de dúbidas, pensamentos e emocións, no que o autor, David Ebershoff ( (Pasadena, 1969), ofrece a atormentada viaxe dunha persoa que non renunciou a súa sexualidade. A novela está narrada con precisión, alternado os espazos onde se desenvolveu a controvertida vida de Einar/Lili e os momentos da narración histórica, valéndose de continuos saltos temporais. As diversas secuencias conseguen que o lector non deixe de interesarse por cada capítulo coma se lese un feixe de relatos sempre cos mesmos protagonistas.

la_chica_danesa_42375Maila o tempo transcorrido, as estatísticas arrepían. Nun total de 32 estados de EE. UU. podes ser despedido se es trans xénero. E o 41% das persoas mergulladas neste problema intenta suicidarse. A chica danesa foi adaptada ao cine por Tom Hooper (Os miserables) e protagonizada por Eddie Redmayne (A teoría do todo) e Alicia Vikander (Un asunto real). Tivo catro nominacións aos Óscar no 2015, pero foi prohibida  por “depravada” nos Emiratos Árabes, Xordania, Kuwait, Qatar, Oman y Bahrain.

Antes da súa morte, Lili Elbe conseguiu o pasaporte oficial no que aparecía co seu nome e apelido que elixiu polo Elba, o río que pasa por Dresden, onde “naceu” Lili. Como tal só viviu 14 meses. Gerda, que soubo da súa morte estando en Marrocos con seu segundo marido, morre en 1940 en Dinamarca. Lili está enterrada en Dresden.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *