Tres noticias e un discurso

cesta1Fidel Vidal. As novas, tiradas do xornal Sermos Galiza (24 de outubro de 20l6), son as seguintes:

1. A “cesta finlandesa” de Feijóo exclúe o galego. “Desde o 1 de agosto entréganse a todas as crianzas que nacen en Galiza a coñecida como cesta finlandesa, a Cesta Benvida, un agasallo que a Xunta inclúe dentro do Programa de apoio á natalidade.” A cesta contén produtos para o coidado do bebé, cremas ou aceites, téxtiles, libros, CD de arrolos e unha guía para pais e nais. O goberno de Feijóo presentou esta iniciativa como unha equivalencia coa caixa finlandesa que desde os anos 30 reciben todas as familias de Finlandia. Mentres a caixa finlandesa inclúe un libro en finés, a lingua propia de Finlandia (que estivo a piques de desaparecer), a Xunta distribúe na súa libros en castelán, “vulnerando as leis a favor do galego”, lembra Marcos Maceira.

cesta22. A Consellaría do mar edita un libro en castelán destinado ás crianzas para que coman peixe.

“Os arroases, que vinculan a sardiña, o xurelo, o rodaballo, o mexillón, a troita, o lirio e a pescada con superpoderes, veñen de cobrar vida no audiovisual, cuns debuxos animados, e tamén foron representados en obras teatrais e estampados en libros. Aínda que existe unha versión dixital e en papel do libro, a Xunta de Galiza está a distribuír nos centros de ensino públicos os contos en castelán baixo o título Los Arroases. Su primera aventura.”

3. A precaria situación do galego en infantil centra a Revista galega de Educación. “O novo número da Revista Galega de Educación céntrase na preocupante situación do galego na etapa infantil, de modo que recolle unha serie de traballos que constatan a práctica exclusión da lingua galega entre as crianzas.”

“Na presentación, que tivo lugar na sede da Real Academia Galega, Mariló Candedo, presidenta de Nova Escola Galega, expuxo que o novo volume pretende contribuír á reflexión no mundo educativo, e en toda a sociedade, sobre a lingua propia na educación das crianzas. Sinalou que a lingua `está atravesando un momento realmente malo’, debido ao chamado Decreto do plurilingüismo, que reduce a presenza do idioma propio no ensino.”

cesta3O Discurso. Precedido de tres palabras tomadas por Marina Mayoral, Domingo García-Sabell e Carlos Casares, foi o discurso de peche na celebración pola estrea do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, do que extraemos estes parágrafos:

“Insto, pois, a que todos, sen distincións ideolóxicas ou de intereses particularistas, lle deámo-lo noso apoio a este Centro –e outros do seu mesmo carácter xa creados- porque así será posible chegar á meta fixada: que a nosa lingua sexa bandeira de tódolos galegos e a nosa cultura sexa recoñecida no seu valor intrínseco.”

 “De certo, a loita pola conservación da nosa lingua e o seu emprego polos nosos escritores é unha contribución máis que estimable –e desde logo imprescindible- ó noso acervo espiritual e cultural. Para afianzalo e darlle pulo están a iniciativa social e o xenio individual; para non esquecelo, para non perdelo, para divulgalo entre a comunidade están dunha banda, as institucións que corresponden ó ámbito do ensino  e formación; doutra os centros de estudio e investigación como este.”

 “Nel [Ramón Piñeiro] podemos personificar, mellor ca en ningún outro, a mesura harmónica de pulo político e vida cultural para facer Galicia (…) A súa aposta galeguista foi por un proceso de política cultural para, segundo el deixou dito: Transformar, mediante a defensa do idioma, a unidade sentimental do pobo galego en unidade de acción.” Asinados polo entón Presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne (!!) (Lembranza de Ramón Piñeiro, Catro discursos, 1994).Vivir para ver.   

2 comentarios en “Tres noticias e un discurso

  1. Miña estimada Magdalena:
    É unha mágoa coñecer situacións como a que me contas, aínda que nada me colle de novas. Isto e o que hai pola nosa triste historia en relación ao noso idioma. Se cando falei da Revista en galego na exposición de Bacon en Bilabo foi para comparar e ver as distintas sensibilidades que se están a vivir noutras Comunidades históricas sobre o tema. Para máis vergoña nosa teño entendido que nun tempo houbo máis alumnos matriculados en galego en Barcelona, e incluso na mesma universidade de Oxford (!) que en Galicia. Polo tanto non te sorprenda o sucedido en Ribeira.

  2. Buenas noches Fidel: Como el contenido de tu artículo va sobre nuestra lengua gallega voy a contarte algo que me ha sucedido hoy. Hace unas semanas te comenté que estaba apuntada para ir a clases de gallego, me había anotado en Servicios Sociales en Ribeira unos meses atrás. Hace unos días me llamaron por teléfono para decirme que el lunes 7 de noviembre me presentase en Lustres Rivas a las 11 de la mañana para las citadas clases. Me levanté algo más temprano de lo acostumbrado para poder dejar la casa aseada y la comida hecha, tambíen tenía que escribir una carta; me fui con la ilusión de un niño que va ha estrenar zapatos nuevos y cuando llegué allí a las once menos diez, comprobé que yo era la primera que había llegado al recinto. Bien, me metí en la sala de exposiciones que por cierto había una serie de pinturas – creo que se llaman serigrafías- preciosas. y a las 11 en punto me fui nuevamente para la clase y… no estaba más que la maestra. De las 14 que estábamos apuntadas sólo me presenté yo. Mi gozo en un pozo. Se suspendió la clase. En este caso ¿ quién es el culpable ? Ah!! por cierto la maestra me regaló un libro que tenía como obsequio para todas , se llama, ” A cacería ” es de un chico de Noya que le dieron el Premio Internacional de Novela Corta , se llama Amadeo Cobas . Eso ya me recompensó el disgusto.
    Saludos Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *