Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro

aquetaciÛn 1Javier Peteiro. Moi recentemente viu a luz unha obra de Ignacio Castro Rey. O seu título, “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo”, chama a atención porque é difícil imaxinar a priori que é unha ética da desorde. Imos vendo a medida que lemos. O texto, no que apenas se usa o termo “ética”, suxire que esta ten unha forte relación con mostrar a desorde mesma e a súa importancia vital. Unha desorde do mundo, desorde do ser humano, que facilita a creatividade e o amor, e que é asfixiado por imposicións reguladoras do tempo de traballo e de vida, do modo de linguaxe, de todo o que abrangue á civilización. E é ao mostrar esa desorde que vemos como “la rutina, la inercia de lo familiar es indispensable para vivir, pero también es el peor enemigo de lo primero, la percepción”, porque “la primera tarea para pensar sería no interpretar desde el andamio de lo ya sabido, sino bajar, dejando entrar el desorden de lo que ocurre ahí, atreviéndose a que nos afecte lo que sucede”.

A iso requírenos o autor, a sentir, a percibir e á activa pasividade de intuír. Os animais téñeno máis fácil porque viven sen pensar a vida e quizá haxa que recuperar algo da animalidade que nos fundamenta. Non é estraño que Castro se refira a Uexküll e a Frans de Waal. Ben di que a intuición “es una especie de certeza animal que irrumpe en el hombre, ahorrándole el largo rodeo del ascenso inductivo o la espera informativa”. A intuición é, en efecto, algo “más femenino que masculino; tal vez más oriental que occidental”. E hai boa base oriental no libro. O autor ten en conta a Lao Zi, a Alan Watts, a Buda, a Cristo (a quen se occidentalizou en exceso), os Upanishad, tamén a Basho ao final. O feminino inflúe tamén fortemente a través de figuras como Lispector ou Simone Weil.
A súa sinxeleza revélase ao falar da linguaxe, onde topa co enigma e busca apoio para reflexionar sobre el en Heidegger, Nietzsche, Lacan… E sendo a linguaxe misteriosa, limitada, non podían faltar as referencias a Wittgenstein nin aos grandes místicos.
Como referirse a este libro? Non tería sentido tentar un resumo dun texto de filosofía de 460 páxinas e que é, ademais, claramente, obra de madurez. É grande o acervo de coñecemento requirido para producir un libro como este e aínda maior o nivel de reflexión existencial que implica. ignacioFacilítaselle ao lector unha ampla gama de suxestións, de interrogantes, de tal modo que cada lectura, se é correcta, será singular, subxectiva no mellor dos sentidos e de irmandade na procura que, como humanos, nos atinxe. No fin de contas, un bo libro de filosofía actual é o que induce a que o lector pense en por si sobre a vida, o tempo ou a linguaxe que o atravesa. E iso conséguese sabendo transmitir aos grandes da Filosofía e inducindo a recorrer ás fontes, e sabendo comunicar a reflexión propia, como sucede neste texto.

Non é tarefa sinxela. En filosofía dificilmente o bo mellora sendo breve, porque esa brevidade ás veces parece imposible (con discutidas excepcións como Han, tamén citado) ou coquetea coa vertente simplista da autoaxuda. Sería absurdo, por exemplo, tratar de reducir o número de páxinas de “Ser e tempo” ou de tentar unha divulgación; ofenderiamos a intelixencia de Heidegger e desprezariamos o seu esforzo realizado. Pero, á vez, a calma atenta que require a lectura dun texto serio, como o de Ignacio Castro, vese recompensada porque con ela un enriquécese, e non ao modo tradicionalmente entendido, de aumentar a súa información, senón facilitando perspectivas que permiten dar un pequeno paso máis na difícil procura da sabedoría. No fin de contas, o propio termo “filosofía” a iso se refire.

Cada lector terá unha perspectiva de conxunto propia, nunha exexese que toca a súa vida. No meu caso, diría que o libro me suscita unha certa reacción sinestésica que me fai asocialo a un fermoso e gran cadro impresionista, aínda que non exista plasmado na pintura. Puente japonés.Un cadro da vida, do instante eterno, no que insiste o autor, valorando o kairós fronte á cronoloxía. Un lenzo impregnado por distintas cores, como son o pensamento de grandes filósofos occidentais, a luz oriental, a literatura, o cinema… Cores que se funden en imaxes que suxiren algo máis e que remiten ao esforzo da quietude persoal, á difícil tarefa do desacougo.
Se se ve en conxunto, unha cor parece predominar, a do acougo e a vida. É o esperanzador verde do campo asollado, o que transforma a enerxía dos seus fotóns en moléculas de vida, o das follas de herba, pois Walt Whitman é un acompañante ao longo de todo o texto. É por iso que, sen ser eu experto na materia, creo que Ignacio Castro conseguiu, coa súa máis recente obra, unha excelente mostra de algo que me atrevo a cualificar de filosofía impresionista que, á vez, e quizá por iso, é tamén impresionante.

2 comentarios en “Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro

  1. ¡¡ Buenos días, Javier !! No voy a decirte que ha sido una sorpresa encontrarte en el Café, porque yo sabía que tu puesto estaba ahí, en el lado de los Articulistas. Y como en uno de los mejores artículos de Mariano José de Larra, yo te digo : ” Vuelva usted mañana ” pero no en la manera en que se lo decían al señor Sans-délai, si no, para quedarte a formar parte del gran elenco del que dispone este Café Barbantia.
    Bienvenido y saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *