Recordarán tu nombre, de Lorenzo Silva

lorenzoInés Otero. Esta é a historia dun cidadán d´O Ferrol,  Xosé Aranguren Roldán, a máxima autoridade da Garda Civil en Cataluña cando se ergueron os rebeldes contra a República o 17 de xullo de 1936. Enfrontouse con Manuel Goded, comandante do exército nas Illes Balears, e impediu que Barcelona caese en mans dos sublevados. Por tal motivo, uns anos despois sería xulgado ante un tribunal, entre cuxos poñentes estaba un tal Joaquín Otero Goyanes, no Palacio  Xustiza de Barcelona. E, malia ser amigo persoal de Franco, con quen compartira estreitos lazos durante  a estadía dos dous na Coruña, o ditador, ante a solicitude de indulto, pois Aranguren estaba delicado de saúde por culpa dun accidente, sentenciou:

–A Aranguren, que lo fusilen aunque sea atado a la camilla.

Esta arrepiante historia é contada por Lorenzo Silva en tres partes: na primeira, coñecemos a vida do xeneral Aranguren; na segunda, a historia familiar do autor, vinculado coas experiencias militares dos seus avós; lorenzo2e na terceira, seguimos os esforzos do escritor para, animado por un sentimento de xustiza e dignidade, dar a coñecer a vida dun home, valente e xeneroso, que non dubidou en defender a súa lealdade e compromiso coa República. As tres partes configuran un relato que semella imprescindible para coñecer, a través dunha minuciosa investigación e unha escrita admirable, a historia daqueles días do 36.  Recordarán tu  nombre (2017) convértese así nun excelente libro de recuperación da memoria histórica, pero, tal como din os críticos, a editorial e o mesmo autor,  estamos diante dunha novela?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *