{"id":10072,"date":"2018-11-30T06:00:08","date_gmt":"2018-11-30T06:00:08","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10072"},"modified":"2018-11-29T17:01:01","modified_gmt":"2018-11-29T17:01:01","slug":"liorta-viquinga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10072","title":{"rendered":"Liorta viquinga"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10073\" alt=\"bty\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-1-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-1-225x300.jpg 225w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-1-768x1024.jpg 768w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-1-900x1200.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Adoita dicirse que se un galego da Idade Media aterrase de s\u00fapeto na Galicia rural de 1930 non ter\u00eda nada que aprender. \u00c9 o pensamento que me abordou innumerables veces lendo o libro <i>Liorta Viquinga <\/i>do rianxeiro de Leiro, por nacemento, e do Ara\u00f1o, por matrimonio, Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez Tub\u00edo, un mestre xubilado que publica o seu primeiro libro con 84 anos. Porque Jos\u00e9 M\u00aa c\u00f3ntanos a historia do guerreiro Ferj\u00ebnsen, un daqueles viquingos que ao redor do s\u00e9culo X asaltaban as costas de Galicia e que, tras caer gravemente ferido, nunha batalla na Veiga de Ra\u00f1\u00f3 (Leiro), quedou ao coidado de Aldara, a filla do m\u00e1is rico da aldea, e acabou integr\u00e1ndose e compartindo a s\u00faa estra\u00f1a cultura e fortaleza cos aut\u00f3ctonos<!--more-->, mesmo deixando un fillo, Alexis, que nunca chegou a co\u00f1ecer, pero que replica as virtudes do pai, mesmo as da ousad\u00eda e as ganas de co\u00f1ecer as terras \u00e1s que o pai nunca puidera volver.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero a verdadeira importancia deste libro, que publican os concellos de Rianxo e Catoira, non \u00e9, ao meu entender, a historia que narra, sen\u00f3n o esp\u00edrito desde onde \u00e9 narrada. O autor afirma no limiar que \u00e9 un relato nacido \u201cdos contos o\u00eddos nas noites de inverno, sentado nun tallo \u00e1 beira do lar e facendo as murnas coa calor do lume dun cachopo de carballo que ard\u00eda paseni\u00f1o e quentaba moito\u201d. E esa dimensi\u00f3n, sen d\u00fabida, est\u00e1 no ton, nas pausas, no estilo limpo e a prosa clara e precisa, mesmo na dosificaci\u00f3n do suspense, que se dan no relato. Pero hai m\u00e1is. E hai m\u00e1is porque, se xa lle te\u00f1o dito a Jos\u00e9 Mar\u00eda que ten un parecido f\u00edsico moi grande con Rafael Dieste (chegou a representalo nunha aclamada obra de teatro en Rianxo), con este libro par\u00e9cese a\u00ednda m\u00e1is a el, cando menos a ese Dieste que viaxaba por Espa\u00f1a coas Misi\u00f3ns Pedag\u00f3xicas, outra grata asociaci\u00f3n que fixen, sobre todo na segunda parte, dedicada a Alexis, a medida que l\u00eda este fermoso e ameno libro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Jos\u00e9 Mar\u00eda foi mestre no franquismo, pero polo seu talante humano, pola s\u00faa ecuanimidade \u00e9tica e por algunha conversa que te\u00f1o tido con el sobre educaci\u00f3n, creo poder afirmar que intentou ser coma un daqueles extraordinarios mestres republicanos que segu\u00edan, en tempos de esperanza ilustrada, as directrices da Instituci\u00f3n Libre de Ense\u00f1anza.\u00a0 Lendo este libro recordei cunha enorme emoci\u00f3n as palabras de Manuel Bartolom\u00e9 Coss\u00edo no ano da esperanza de 1931: \u201c&#8221;Somos una escuela ambulante que quiere ir de pueblo en pueblo. Pero una escuela donde no hay libros de matr\u00edcula, donde no hay que aprender con l\u00e1grimas, donde no se pondr\u00e1 a nadie de rodillas como en otro tiempo. Porque el gobierno de la Rep\u00fablica que nos env\u00eda, nos ha dicho que vengamos, ante todo, a las aldeas, a las m\u00e1s pobres, a las m\u00e1s escondidas y abandonadas, y que vengamos a ense\u00f1aros algo, algo que no sab\u00e9is por estar siempre tan solos y tan lejos de donde otros lo aprenden, y porque nadie hasta ahora ha venido a ense\u00f1\u00e1roslo; pero que vengamos tambi\u00e9n, y lo primero, a divertiros&#8221;.<span style=\"text-decoration: underline;\"><sup>[]<\/sup><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10074\" alt=\"bty\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-2-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-2-225x300.jpg 225w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-2-768x1024.jpg 768w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/LIORTA-VIQUINGA-2-900x1200.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez Tub\u00edo consegue con este libro ese obxectivo que marca Coss\u00edo. Pero o m\u00e1is curioso, o m\u00e1is entra\u00f1able e o m\u00e1is decisivo, o que m\u00e1is me emocionou como lector, non foi que un mestre ilustrado quixera compartir o seu saber con nenos pobres e ignorantes, esquecidos da historia, como un deses monicreques que mov\u00eda Rafael Dieste, sen\u00f3n que quen escribe esa historia non \u00e9 o anci\u00e1n Jos\u00e9 Mar\u00eda, sen\u00f3n o neno Jos\u00e9 Mar\u00eda coas t\u00e9cnicas que aprendeu ao longo da s\u00faa vida. E ese neno non relata para os nenos pobres dos anos 30 en que naceu. Relata para os nenos \u201cricos\u201d (en comparaci\u00f3n coa s\u00faa \u00e9poca) que viven no s\u00e9culo XXI. Jos\u00e9 Mar\u00eda ten a esperanza de que nas s\u00faas vidas haxa sabedor\u00eda m\u00e1is al\u00e1 do tel\u00e9fono m\u00f3bil e internet. Que vaian a cabalo ou andando, como Aldara, de Leiro ata Carnota, sabendo que o tempo e a distancia var\u00edan do ver\u00e1n ao inverno en funci\u00f3n da enchente dos r\u00edos. Que co\u00f1ezan termos como aloumi\u00f1o, mallante, cascarolas, calafates, mi\u00f1ocas, camboiro, garabullos, e aprecien a poes\u00eda e a dignidade que acochan nas s\u00faas entra\u00f1as. Que saiban que os de Leiro xa se relacionaban con pobos moi afastados antes de que internet existise. Que co\u00f1ezan que ao seu redor hai infinidade de paxaros (calandras, pimp\u00edns, labercas, paporroibos, pardais, verderolos, bubelas, picaporcos, xir\u00edns, letreiras, petos, ananos carrizos&#8230;) e \u00e1rbores e froitos e hortalizas (freixos, carballos, loureiros, fat\u00f3ns, pexegos, maz\u00e1s encarnadas, amarelas, tabardillas, de tres en cunca, carrouchas, herba abelleira, cheirentos, fiunchos, estraloques ou dedaleiras&#8230;), e xogos (o espicho, a periquila ou estornela, o peixe na rede, o ne ou peletre, a cachurra, o facheiro, os pelouros, a corda, as moradas&#8230;) que son mundos m\u00e1is interesantes e humanos que calquera videoxogo. Jos\u00e9 Mar\u00eda quere que eses nenos saiban que viven, sen d\u00fabida, nun mundo tecnol\u00f3xicamente m\u00e1is desenvolvido e confortable, pero non nun mundo necesariamente m\u00e1is feliz. E algo m\u00e1is importante a\u00ednda: que se fosen vivir ao Leiro no que el naceu, ter\u00edan moito que aprender.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Na mellor estirpe da tradici\u00f3n oral, Jos\u00e9 Mar\u00eda reg\u00e1lanos con este libro, m\u00e1is que unha historia que desfrutar, uns valores que compartir. Eses valores que todos mentamos cando definimos a algu\u00e9n, xa sexa galega como Aldara, viquingo como Ferj\u00ebnsen, galego e viquingo como Alexis, xa sexa da Idade Media, da \u00e9poca da II Rep\u00fablica, do franquismo ou da democracia, como unha boa persoa. Porque iso \u00e9 o que ningu\u00e9n dubidar\u00e1 tras ler este libro. Foi escrito por unha boa persoa e por un bo mestre.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Adoita dicirse que se un galego da Idade Media aterrase de s\u00fapeto na Galicia rural de 1930 non ter\u00eda nada que aprender. \u00c9 o pensamento que me abordou innumerables veces lendo o libro Liorta Viquinga do rianxeiro de Leiro, por nacemento, e do Ara\u00f1o, por matrimonio, Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez Tub\u00edo, un mestre xubilado &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10072\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Liorta viquinga<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10072"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10072"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10075,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10072\/revisions\/10075"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}