{"id":10127,"date":"2018-12-14T06:00:18","date_gmt":"2018-12-14T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10127"},"modified":"2018-12-11T11:42:45","modified_gmt":"2018-12-11T11:42:45","slug":"o-artista-da-fame-de-kafka","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10127","title":{"rendered":"O artista da fame, de Kafka"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10128\" alt=\"71k6b0KMKCL\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL-196x300.jpg\" width=\"196\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL-196x300.jpg 196w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL-671x1024.jpg 671w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL-900x1372.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/71k6b0KMKCL.jpg 928w\" sizes=\"(max-width: 196px) 100vw, 196px\" \/><\/a><em><strong>C\u00e9sar Alen.\u00a0<\/strong><\/em>Nos \u00faltimos anos descendeu moito o interese polos xaxunadores. Non \u00e9 unha frase mi\u00f1a, sen\u00f3n o comezo do conto de Franz Kafka. Un relato desasosegado, impactante, pero absolutamente reco\u00f1ecible, \u00e9 dicir, kafkiano. Xa \u00e9 un m\u00e9rito en si mesmo, acu\u00f1ar un cualificativo que defina unha obra. Quizais a obra non sexa do todo co\u00f1ecida, pero si unha remota resonancia de algo que quizais queira dicir&#8230; non sei, o que todos cremos que quere dicir; en realidade non fai falla definilo, resultar\u00eda redundante.\u00a0O certo \u00e9 que descubr\u00edn este relato xunto ao do <i>Artista do trapecio<\/i>, ao fondo dunha edici\u00f3n de Bruguera da co\u00f1ecida <i>Metamorfose<\/i>.<!--more--> Foi un achado marabilloso, prof\u00e9tico, e ao mesmo tempo o xerme dunha angustia, dunha nova percepci\u00f3n do home, unha arrepiante visi\u00f3n do transfundo da alma humana ou infrahumana.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Reco\u00f1ec\u00edn perfectamente a sensaci\u00f3n de \u201cestra\u00f1amento\u201d da que falaba Leopoldo Mar\u00eda Panero. V\u00e9n ser algo as\u00ed como impo\u00f1er no medio dun texto as\u00e9ptico, de sintaxe formal, outro escabroso, ins\u00f3lito, incluso escatol\u00f3xico, algo antit\u00e9tico. Aparentemente todo transcorre nos par\u00e1metros da normalidade, porque no s\u00e9culo dezanove era habitual no mundo circense expo\u00f1er todo tipo de criaturas estra\u00f1as, fen\u00f3menos an\u00f3malos. No circo todo cab\u00eda, a condici\u00f3n de que fose rendible. Era a \u00e9poca dos freaks, algo que reflectiu de maneira maxistral Tod Browning na pel\u00edcula hom\u00f3nima (en Espa\u00f1a titulouse <i>A<\/i><i> parada dos monstros<\/i>). Exist\u00edan espect\u00e1culos circenses especializados en seres deformes como a muller barbuda, os ananos, os xigantes, individuos con todo tipo de deformaci\u00f3ns. Entre esas figuras dantescas f\u00edxose un lugar o xaxunador, o artista da fame. Ese \u00e9 o noso protagonista, un aut\u00e9ntico profesional no seu oficio, orgulloso das s\u00faas marcas constantes, dos seus extenuantes prodixios fisiol\u00f3xicos. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/freaks-563701504-large.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10129\" alt=\"freaks-563701504-large\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/freaks-563701504-large-202x300.jpg\" width=\"202\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/freaks-563701504-large-202x300.jpg 202w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/freaks-563701504-large-692x1024.jpg 692w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/freaks-563701504-large.jpg 811w\" sizes=\"(max-width: 202px) 100vw, 202px\" \/><\/a>O noso home estaba situado nun lugar privilexiado do espect\u00e1culo onde o p\u00fablico se api\u00f1aba marabillado dos seus logros. Un vello cartel ra\u00eddo anunciaba os d\u00edas de xax\u00fan: dez d\u00edas sen comer, vinte, trinta. Pero a moda dos xaxunadores perdeu vixencia, foi eclipsada por novas atracci\u00f3ns m\u00e1is excitantes. Acabou relegado a un lugar marxinal entre as feras, nunha gaiola, no medio dunha chea de herba. O xaxunador, co transcurso do tempo e sometido a esa prolongada abstinencia, \u00eda entrando nunha indolencia animal, nun estado zool\u00f3xico. Se non se mov\u00eda resultaba complicado albiscalo no medio de toda aquela palla seca. \u00cdase transformando nun ser escu\u00e1lido, unha figura desastrada. Deixaba de falar, de moverse, tentaba gastar a menor cantidade de enerx\u00eda posible. Aforrar os restos dunhas prote\u00ednas que necesitaba de forma perentoria para non desfalecer do todo.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Cando se daba por terminada a sesi\u00f3n e para que ningu\u00e9n dubidase da credibilidade do espect\u00e1culo, levant\u00e1base a duras penas, arrastrando os p\u00e9s coa axuda de algu\u00e9n do p\u00fablico, ata unha mesa na que lle esperaba unha lixeira comida hospitalaria, \u00e1s veces coa presenza dun galeno que certificase a veracidade dos feitos. S\u00f3 alcanzaba a inxerir o imprescindible para reanimar aquel corpo magoado. Aos poucos recuperaba as constantes vitais, o movemento, a calor, o alento. O dono do circo preocup\u00e1base por el. Consider\u00e1bao un bo investimento, a\u00ednda que tem\u00eda pola s\u00faa sa\u00fade. Pero nunha inevitable procura de rendibilidade, o r\u00e9cord ti\u00f1a que ser superado constantemente, doutra maneira non xeraba interese. Iso engadido ao amor propio do noso heroe, pois para el era unha cuesti\u00f3n de honra, de aut\u00e9ntica profesionalidade ou iso cr\u00edan todos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10130\" alt=\"1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ-300x228.jpeg\" width=\"300\" height=\"228\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ-300x228.jpeg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ-1024x780.jpeg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ-900x686.jpeg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/1_NBOAiVdNvMlR6xVdTVdkuQ.jpeg 1423w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O xaxunador era un home atormentado, quizais v\u00edtima desa inanici\u00f3n forzada ao l\u00edmite, unha abulia consentida, buscada. Apenas falaba, sost\u00ed\u00f1ase nunha falsa ilusi\u00f3n, nun so\u00f1o atormentado, nunha esperanza baleira. Non ti\u00f1a m\u00e1is meta que superarse a si mesmo. M\u00e1is rumbo que o de extinguirse, secar, autofagocitarse. Desexaba exceder o l\u00edmite, porque as\u00ed son os personaxes de Kafka, afastados da convenci\u00f3n, poboadores de escenarios agoraf\u00f3bicos, sempre en cub\u00edculos exiguos, espazos esgotados.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Aqu\u00ed o escritor checo col\u00f3canos ante os l\u00edmites do ser humano, nunha carreira desesperada cara a un lugar indefinible. O autor d\u00e1nos a s\u00faa visi\u00f3n do designio da sociedade. Do humano ao inhumano. Describe, con mestr\u00eda e unha imaxinaci\u00f3n portentosa, a macabra transformaci\u00f3n de persoas an\u00f3dinas como Gregor Samsa en criaturas amorfas, inauditas. Seres innomeables, entes que se afastan do divino, que deixan atr\u00e1s os seus sinais de identidade, os vestixios antropom\u00f3rficos abandonados nunha simple habitaci\u00f3n, nunha gaiola ou nun trapecio.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Kafka colma o imaxinario m\u00e1is atroz, m\u00e1is esot\u00e9rico. Expresa sentimentos aterradores, almas recalcitrantes que abandonan o para\u00edso. Se o lector pode seguir ese ritmo endia\u00f1ado, levaralle a lugares insospeitados, indescritibles. Non deixa indiferente, conmove, agride, regurxita un poderoso impulso cavernoso, oculto nunha mente atormentada, que reflicte un evidente inconformismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C\u00e9sar Alen.\u00a0Nos \u00faltimos anos descendeu moito o interese polos xaxunadores. Non \u00e9 unha frase mi\u00f1a, sen\u00f3n o comezo do conto de Franz Kafka. Un relato desasosegado, impactante, pero absolutamente reco\u00f1ecible, \u00e9 dicir, kafkiano. Xa \u00e9 un m\u00e9rito en si mesmo, acu\u00f1ar un cualificativo que defina unha obra. Quizais a obra non sexa do todo co\u00f1ecida, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10127\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O artista da fame, de Kafka<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[82,6,7,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10127"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10127"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10127\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10131,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10127\/revisions\/10131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10127"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10127"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10127"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}