{"id":10179,"date":"2018-12-30T06:00:11","date_gmt":"2018-12-30T06:00:11","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10179"},"modified":"2018-12-30T10:04:05","modified_gmt":"2018-12-30T10:04:05","slug":"as-ensinanzas-de-don-juan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10179","title":{"rendered":"As ensinanzas de don Juan"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/51+khxCgBgL._SX312_BO1204203200_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10180\" alt=\"51+khxCgBgL._SX312_BO1,204,203,200_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/51+khxCgBgL._SX312_BO1204203200_-188x300.jpg\" width=\"188\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/51+khxCgBgL._SX312_BO1204203200_-188x300.jpg 188w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/51+khxCgBgL._SX312_BO1204203200_.jpg 314w\" sizes=\"(max-width: 188px) 100vw, 188px\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Un d\u00eda na piscina, unha veci\u00f1a de Cesp\u00f3n que estivera vivindo moito anos f\u00f3ra reco\u00f1eceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. D\u00edxenlle que Filosof\u00eda. E ent\u00f3n ela riuse. Non me pareceu mal. F\u00edxome lembrar a an\u00e9cdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque cami\u00f1aba abstra\u00eddo nas s\u00faas meditaci\u00f3ns, mentres a s\u00faa criada se esmendrellaba. Ademais este non \u00e9 un motivo para anoxarse, e menos indignarse, tal como lle dir\u00eda o mestre don Juan ao seu alumno, Carlos Castaneda (1925-1998). Por certo, neste ano que agoniza, cumpriuse o 50 aniversario de <i>Las ense\u00f1anzas de don Juan<\/i>, o m\u00edtico libro de Castaneda que exerceu unha potente fascinaci\u00f3n<!--more-->sobre xeraci\u00f3ns enteiras de lectores e que se editou por vez primeira en 1968 en ingl\u00e9s pola University of California Press. En Espa\u00f1a non viu a luz ata 1974.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que a obra, na que se relatan as ensinanzas que don Juan Matus, un indio bruxo do norte de M\u00e9xico, lle imparte ao escritor aficando nos \u00c1nxeles, foi acollida cun enorme entusiasmo no \u00e1mbito da contracultura e psicodelia daquela \u00e9poca, o certo \u00e9 que cont\u00e9n un serio e rigoroso fondo filos\u00f3fico, en contra dos que pensan que \u00e9 s\u00f3 un manual para introducirse no mundo da bruxer\u00eda e de experimentaci\u00f3n coas substancias alucin\u00f3xenas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En tal sentido, haber\u00eda que facer algunhas puntualizaci\u00f3ns. Historicamente falando, os estoicos, c\u00ednicos e epic\u00fareos, entre outros, fundaron escolas para vivir a filosof\u00eda, para vivila en com\u00fan e aprender xuntos o que importa: como habitar o presente, como prepararse para ser vello, para a morte, como refinar unha percepci\u00f3n non unitaria do mundo, como escapar dun mesmo e prestar atenci\u00f3n ao &#8220;outro&#8221;. \u00c9 dicir, constitu\u00edron laboratorios de pensamento, espazos experimentais de formas de vida, lugares de experiencia. Neste senso, o t\u00edtulo <i>La filosof\u00eda como forma de vida<\/i>, do franc\u00e9s Pierre Hadot, encaixa ben neste contexto, mesmo a\u00ednda que fale de exercicios espirituais, non no sentido relixioso que n\u00f3s lembramos, sen\u00f3n entendendo a filosof\u00eda como pr\u00e1ctica, non como especulaci\u00f3n nin como a construci\u00f3n dun sistema te\u00f3rico: como transformaci\u00f3n dun mesmo mediante a discusi\u00f3n, a meditaci\u00f3n, a contemplaci\u00f3n, o retiro ou exame de conciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/2014_julio_02.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10181\" alt=\"2014_julio_02\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/2014_julio_02-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/2014_julio_02-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/2014_julio_02.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pero volvamos a don Juan. Que lle ensina este bruxo mexicano a Carlos Castaneda? O cami\u00f1o para ser un &#8220;guerreiro&#8221;, a longa experiencia de aprendizaxe para chegar a ser un &#8220;home de co\u00f1ecemento&#8221;. O duro traballo que hai que realizar para non ceder ou non caer derrotado diante dos inimigos (medo, claridade, poder e vellez) que se vai atopar durante o intermin\u00e1bel proceso de aprendizaxe. \u00c9 dicir: aprendizaxe para &#8220;levar unha vida impecable&#8221;, unha vida vivida deliberadamente. A filosof\u00eda como experiencia foxe das facultades e das acedemias para reaparecer no traballo de campo do &#8220;bruxo&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A sabedor\u00eda de don Juan reaf\u00edrmase como vitalista fronte ao discursivo. Amosa regras de conduta para levar unha vida forte e clara no medio dunha realidade que nos debilita, nos dispersa, que nos atorda. Un &#8220;guerreiro&#8221;, segundo don Juan, non \u00e9 un soldado en ningunha guerra, sen\u00f3n algu\u00e9n que pelexa a cada momento en cada xesto por manterse impecable diante das forzas que queren arruinar calquera exercicio de autonom\u00eda, atenci\u00f3n, percepci\u00f3n ou sentido. O primeiro desaf\u00edo que se lle formula a un &#8220;guerreiro&#8221; \u00e9 aprender a &#8220;parar o mundo e ver&#8221;. O mundo, expl\u00edcalle don Juan a un perplexo Castaneda, s\u00f3 \u00e9 &lt;unha descrici\u00f3n que nos contamos uns aos outros desde que nacemos ata que morremos. Os que se pegan \u00e1 versi\u00f3n normal da realidade conv\u00e9rtense en xente com\u00fan. Esta versi\u00f3n t\u00f3rnase s\u00f3lida coma una roca: &#8220;as cousas son as\u00ed&#8221;&gt;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O &#8220;guerreiro&#8221; ten que cambiar a s\u00faa idea do mundo, darse a si mesmo outra percepci\u00f3n, aprender unha nova descrici\u00f3n das cousas. Castaneda resp\u00f3ndelle que ten un medo atroz a &#8220;perderse&#8221; se deixa de contarse o relato establecido. Don Juan \u00e9 un mestre tenro, pero tam\u00e9n despiedado. Castiga o aprendiz con trucos de maxia e humor, burl\u00e1ndose da torpe fidelidade de Castaneda cara ao que s\u00f3 \u00e9 unha &#8220;versi\u00f3n&#8221; da realidade: a risa como una exercicio espiritual. Non s\u00f3 o mundo \u00e9 unha descrici\u00f3n que n\u00f3s facemos: &lt;N\u00f3s tam\u00e9n o somos. Presupo\u00f1\u00e9monos, d\u00e1monos por feitos e confirm\u00e1monos uns aos outros&gt;. As nosas vidas v\u00f3lvense &#8220;demasiado certas&#8221;: &#8220;\u00e9 que eu son as\u00ed&#8221;, &#8220;\u00e9 que tal \u00e9 as\u00ed&#8221;. Deste xeito, escorremos o mundo coma un trapo, &#8220;afogamos&#8221; as nosas relaci\u00f3ns e &#8220;aburr\u00edmonos&#8221; mortalmente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/220px-Cc1962.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-10182\" alt=\"220px-Cc1962\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/220px-Cc1962.jpg\" width=\"220\" height=\"275\" \/><\/a>Nesta mesma direcci\u00f3n, seguindo a don Juan, buscamos constantemente reco\u00f1ecemento, pero neste movemento quedamos &lt;prisioneiros dos ollos dos demais&gt;.\u00a0 Pois ese -g\u00fastame- s\u00f3 se nos d\u00e1 ao prezo de colocarnos nun compartimento identitario no que quedamos fixados para sempre. Dende este punto de vista, a fama, o aprecio, \u00e9 a cadea m\u00e1is severa. A busca de aplauso, aprobaci\u00f3n, es\u00edxenos unha constante repetici\u00f3n e esta subxecci\u00f3n debil\u00edtanos. Por isto, don Juan invita a Castaneda a &#8220;borrar a s\u00faa historia persoal&#8221;. Neste punto dille: &lt;Deste modo ningu\u00e9n te amarra cos seus pensamentos&gt;. E logo recom\u00e9ndalle non supo\u00f1er ou idealizar os outros, non deixarse presupo\u00f1er nin idealizar. Non dar por feitos os que nos rodean, nin darnos por feitos. Manterse alerta a estar sempre disposto a renovar a mirada sobre os outros cando sexa necesario. O &#8220;guerreiro&#8221; \u00e9 aquel que sabe manterse &lt;libre, flu\u00eddo e imprevisible. Non se aferra \u00e1 seguridade dunha identidade&gt;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As ensinanzas de don Juan l\u00e9mbrannos que vivimos coma se a morte non estivese sempre a\u00ed. Por un lado, o noso desexo de inmortalidade trad\u00facese na idea de que a &#8220;vida boa&#8221; pasa por acumular cousas e experiencias: relaci\u00f3ns, proxectos, viaxes. Non queremos perdernos nada. Non temos tempo para pararnos. Sempre correndo sen chegar a ning\u00fan lugar. Vivimos abrazados \u00e1 trampa da liberdade como &#8220;abano de infinitas posibilidades&#8221;. Doutro, vivir coma inmortais l\u00e9vanos a sobrevalorar as situaci\u00f3ns: sempre temos tempo para rectificar, para cancelar as consecuencias dos nosos actos. Isto \u00e9: amamos a tecnolox\u00eda da covard\u00eda. Considerar cada acto coma a \u00faltima batalla sobre a terra, esa \u00e9 a tarefa que temos por diante. Como di don Juan: &lt;Sempre lle podemos pedir consello \u00e1 morte. Ela est\u00e1 ao noso lado toda a vida&gt;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Un d\u00eda na piscina, unha veci\u00f1a de Cesp\u00f3n que estivera vivindo moito anos f\u00f3ra reco\u00f1eceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. D\u00edxenlle que Filosof\u00eda. E ent\u00f3n ela riuse. Non me pareceu mal. F\u00edxome lembrar a an\u00e9cdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque cami\u00f1aba abstra\u00eddo &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10179\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As ensinanzas de don Juan<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10179"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10179"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10179\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10208,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10179\/revisions\/10208"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}