{"id":10204,"date":"2019-01-01T06:00:57","date_gmt":"2019-01-01T06:00:57","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10204"},"modified":"2018-12-31T18:29:43","modified_gmt":"2018-12-31T18:29:43","slug":"diaz-balino-dous-irmans-artistas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10204","title":{"rendered":"D\u00edaz Bali\u00f1o, dous irm\u00e1ns artistas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/camilo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-10205\" alt=\"camilo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/camilo.jpg\" width=\"194\" height=\"259\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Neste \u00faltimo mes asistimos a un par de exposici\u00f3ns nas que descubrimos\u00a0 os irm\u00e1ns D\u00edaz Bali\u00f1o: Camilo e Lolita.\u00a0Camilo compart\u00eda espazo co seu fillo, Isaac D\u00edaz Pardo, nos sal\u00f3ns de Fonseca na mostra <i>Con Galiza sempre no horizonte. Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o e Isaac D\u00edaz Pardo en Compostela, <\/i>comisariada por Xos\u00e9 Ram\u00f3n Fandi\u00f1o e Gloria L\u00f3pez. Al\u00ed, c\u00f3ntase que Camilo se despraza a Compostela para encargarse do taller de escenograf\u00eda e dese\u00f1o da empresa de espect\u00e1culos Fraga, foi delineante do concello, dese\u00f1ou as capas dos libros para a colecci\u00f3n Lar<!--more--> (publicados na editorial do seu amigo e compa\u00f1eiro das Irmandades da Fala e Partido Galeguista, \u00c1nxel Casal), os carteis das festas e os que publicitaban o \u201csi\u201d ao Estatuto; foi pintor como se demostra nos cadros de gran formato nos que se representan simbolicamente cidades de Galicia, que hoxe gardan <i>Cantigas e Agarimos<\/i>, ou debuxante de gran val\u00eda como pode verse a trav\u00e9s dos retratos de compa\u00f1eiros da cadea realizados poucos d\u00edas antes de ser asasinado nos comezos do golpe militar de 1936.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Lolita D\u00edaz Bali\u00f1o pres\u00e9ntasenos na exposici\u00f3n que pode verse no Auditorio de Galicia, xustamente na sala que recibe o nome do seu sobri\u00f1o, Isaac D\u00edaz Pardo. Na mostra: <i>Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975<\/i>, comisariada por Rosario Sarmiento, comparte espazo con outras artistas galegas. Dela dise expresamente que inicia os seus estudos art\u00edsticos xunto ao seu irm\u00e1n; en 1929 recibe unha bolsa da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para ampliar estudos en Madrid e, en 1934, conv\u00e9rtese nunha das fundadoras da Asociaci\u00f3n de Artistas da Coru\u00f1a. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino, e tam\u00e9n imparte clases particulares no seu estudio onde se formaron outras mulleres artistas como Mar\u00eda Antonia Dans, Gloria de Llano ou Elena Fern\u00e1ndez Gago.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/lolita.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-10206\" alt=\"lolita\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/lolita.jpg\" width=\"268\" height=\"188\" \/><\/a> Foi nomeada membro de n\u00famero da Real Academia de Belas Artes en 1938 sendo con Carmen Corredoyra as primeiras mulleres que forman parte desta instituci\u00f3n. Participa na Exposici\u00f3n Nacional de Barcelona en 1942 e na Internacional de Belas Artes en 1960. Rec\u00f3llese, tam\u00e9n, que foi \u201cunha excelente debuxante, de trazo firme e elegante\u201d, e reco\u00f1ecida acuarelista. Ten colaborado con publicaci\u00f3ns como <i>C\u00e9ltiga, Galicia Gr\u00e1fica <\/i>ou <i>La Voz<\/i><i> de Galicia<\/i>. Foron moi reco\u00f1ecidas, entre as s\u00faas obras, o <i>Tr\u00edptico de Galicia<\/i> ou as <i>Hadas del caracol<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dous irm\u00e1ns artistas, el coa vida cortada en plena mocidade, ela coas \u00e1s recortadas, pois tal como se cita ao contextualizar a exposici\u00f3n \u201cO franquismo supuxo para as mulleres a anulaci\u00f3n das conquistas que a favor da igualdade de sexos se alcanzaran durante a II Rep\u00fablica (&#8230;) Neste escenario onde a muller, sobre todo nas primeiras d\u00e9cadas de posguerra, queda practicamente relegada da esfera p\u00fablica, poucas posibilidades exist\u00edan de poder desenvolver unha carreira como creadora pl\u00e1stica. Os prexu\u00edzos sociais ou as dificultades para acceder a unha formaci\u00f3n acad\u00e9mica fan moi dif\u00edcil practicar unha profesi\u00f3n s\u00f3 entendida se respond\u00eda \u00e1s demandas da arte m\u00e1is conservadora ou, por suposto, \u00e1 esfera da docencia onde moitas mulleres creadoras centraron o seu talento\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dous irm\u00e1ns artistas que nos mostran unha Galicia de referencia, aquela que puido dar froitos de moito m\u00e1is valor&#8230; se non pasara o que pasou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Neste \u00faltimo mes asistimos a un par de exposici\u00f3ns nas que descubrimos\u00a0 os irm\u00e1ns D\u00edaz Bali\u00f1o: Camilo e Lolita.\u00a0Camilo compart\u00eda espazo co seu fillo, Isaac D\u00edaz Pardo, nos sal\u00f3ns de Fonseca na mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o e Isaac D\u00edaz Pardo en Compostela, comisariada por Xos\u00e9 Ram\u00f3n Fandi\u00f1o e Gloria &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10204\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">D\u00edaz Bali\u00f1o, dous irm\u00e1ns artistas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,7,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10204"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10204"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10204\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10207,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10204\/revisions\/10207"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10204"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10204"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10204"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}