{"id":10254,"date":"2019-01-13T06:00:26","date_gmt":"2019-01-13T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10254"},"modified":"2019-01-11T11:47:50","modified_gmt":"2019-01-11T11:47:50","slug":"fermosos-vencidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10254","title":{"rendered":"Fermosos vencidos"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/978841714324.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10255\" alt=\"978841714324\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/978841714324-193x300.jpg\" width=\"193\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/978841714324-193x300.jpg 193w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/978841714324.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 193px) 100vw, 193px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Na Idade Media cham\u00e1banlles desafortunadas \u00e1s persoas que non consegu\u00edan relevancia social; hoxe, por influencia neoliberal, cham\u00e1moslles perdedores. Enrique Oca\u00f1a prefire chamalos <i>fermosos vencidos<\/i>. Ref\u00edrese a si mesmo. Fillo dunha nai <i>bailaora<\/i> xitana e dun pai da alta burgues\u00eda empresarial valenciana, tivo unha infancia e unha adolescencia felices, foi un estudante exemplar toda a vida (na universidade chegou a obter o premio extraordinario de doutoramento), pero aos 45 anos estaba diagnosticado como un politoxic\u00f3mano bipolar que nunca cumpriu as expectativas que creou ao seu redor. <!--more-->C\u00f3ntao en <i>Confesiones de un fil\u00f3sofo desaparecido en combate, <\/i>un libro extraordinario pola sinceridade coa que relata unha vida que acabou circunscrita a un programa de administraci\u00f3n de metadona e aos baixos fondos de varias cidades do mundo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Nese libro at\u00f3pome cunhas p\u00e1xinas que me fan rememorar a mi\u00f1a propia sorpresa co libro de Kant <i>Os so\u00f1os dun visionario explicados polos so\u00f1os da metaf\u00edsica. <\/i>Nese libro, di Oca\u00f1a, a raz\u00f3n kantiana \u201cinterioriza os mecanismos de vixilancia da biopol\u00edtica moderna e apl\u00edcaas para exclu\u00edr da Academia, como simples diletantes intoxicadores, a fantasiadores e outros so\u00f1adores dos sentidos (&#8230;) Todo exceso, toda transgresi\u00f3n dos l\u00edmites impostos polo Tribunal da Raz\u00f3n conduce \u00e1 insania (&#8230;) Desde esta perspectiva policial, os ensaios de experimentaci\u00f3n con drogas non posuir\u00edan valor epistemol\u00f3xico, sen\u00f3n patol\u00f3xico, e por tanto, representar\u00edan unha ameaza para a integridade cognitiva dos profesionais da filosof\u00eda\u201d. Oca\u00f1a cre que as palabras de Kant evidencian que a conciencia moderna xa non est\u00e1 aberta a epifan\u00edas ou iluminaci\u00f3ns e, como consecuencia, o Poder c\u00e9rranos a mente con c\u00e1rceres invisibles que nos protexen \u00e1 forza contra toda experiencia que transcenda a rutina ps\u00edquica. As\u00ed, reivindica a fil\u00f3sofos como Nietzsche (sempre pr\u00f3ximo ao desvar\u00edo, di) ou Jean Am\u00e9ry, que pensaron f\u00f3ra da burbulla protectora das aulas. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/0.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-10256\" alt=\"0\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/0.jpg\" width=\"200\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/0.jpg 200w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/0-150x150.jpg 150w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/0-144x144.jpg 144w\" sizes=\"(max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a>Cando leo un libro as\u00ed, un libro que reivindica as viaxes psicod\u00e9licas como formas de acadar visi\u00f3ns alternativas \u00e1s visi\u00f3ns dominantes do mundo, identif\u00edcome co autor pois sempre crin necesario cuestionar o discurso dominante. Pero en canto pecho o libro, v\u00e9\u00f1enme \u00e1 cabeza meus sobri\u00f1os e meus alumnos, e d\u00edgome que non me gustar\u00eda que levasen a vida de Enrique Oca\u00f1a. Sobre todo, porque despois de ler o seu libro sigo sen comprender cal \u00e9 a visi\u00f3n alternativa ao mundo que as drogas ofrecen. Non capto (m\u00e1is al\u00e1 do inmenso pracer ou da inmensa dor) en que consiste ese co\u00f1ecemento que esas viaxes psicod\u00e9licas aportan. De feito, Oca\u00f1a exp\u00f3n no \u00faltimo cap\u00edtulo un ep\u00edlogo-manifesto en defensa do que, ao seu xu\u00edzo, debe ser a filosof\u00eda. Tras aceptar que o legado filos\u00f3fico hist\u00f3rico s\u00f3 se pode conservar nas instituci\u00f3ns acad\u00e9micas, sost\u00e9n que a ese legado hai que inxectarlle sangue dot\u00e1ndoo de experiencias f\u00f3ra das aulas, sen buscarlle \u00e1 filosof\u00eda utilidade ningunha, v\u00e9ndoa como un fin en si mesma, nun permanente di\u00e1logo coa literatura, a arte, a m\u00fasica e as tradici\u00f3ns culturais non occidentais. E, por suposto, e por riba de todo, enfront\u00e1ndose ao Poder, sexa o que sexa. \u201cA filosof\u00eda debe ser unha forma de vida e como tal hai que practicala, a\u00ednda que non ofreza certezas e seguridades\u201d. Eu, que nunca fumei un cigarro ou un porro, hai tempo que cheguei \u00e1 mesma conclusi\u00f3n. E por iso dou clase de filosof\u00eda, non para formar fermosos vencidos que malvivan nos baixos fondos, sen\u00f3n fermosos vencedores, mesmo fermosos vencedores que, a\u00ednda que te\u00f1an a desgraza (o que eu considero desgraza) de acabar dominados polo discurso dominante, sexan quen de chamarlles desafortunados, e non perdedores, a persoas que escriben libros tan reveladores como Enrique Oca\u00f1a. <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Na Idade Media cham\u00e1banlles desafortunadas \u00e1s persoas que non consegu\u00edan relevancia social; hoxe, por influencia neoliberal, cham\u00e1moslles perdedores. Enrique Oca\u00f1a prefire chamalos fermosos vencidos. Ref\u00edrese a si mesmo. Fillo dunha nai bailaora xitana e dun pai da alta burgues\u00eda empresarial valenciana, tivo unha infancia e unha adolescencia felices, foi un estudante exemplar toda &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10254\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Fermosos vencidos<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10254"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10254"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10254\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10257,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10254\/revisions\/10257"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10254"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10254"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10254"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}