{"id":10303,"date":"2019-01-28T06:00:17","date_gmt":"2019-01-28T06:00:17","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10303"},"modified":"2019-01-24T09:08:22","modified_gmt":"2019-01-24T09:08:22","slug":"un-fracaso-chamado-roma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10303","title":{"rendered":"Un fracaso chamado Roma"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/003_m.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10304\" alt=\"003_m\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/003_m-202x300.jpg\" width=\"202\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/003_m-202x300.jpg 202w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/003_m.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 202px) 100vw, 202px\" \/><\/a><em><strong>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em>Pres\u00e9ntase como unha &#8220;carta de amor \u00e1s mulleres que o criaron&#8221;. De xeito evidente, a toda sombra, a pel\u00edcula de Alfonso Cuar\u00f3n \u00e9 demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar s\u00f3 creo que me largar\u00eda, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adivi\u00f1ar se sent\u00eda o mesmo <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">ca min<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">&#8230; ou un servidor ti\u00f1a unha mala tarde, que lle pasa a calquera.<!--more--><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">As deposici<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00f3ns<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> inaugurais do can Borras, manchando sen cesar a entrada da mansi\u00f3n dunha familia adi\u00f1eirada da colonia Roma, merdas imposibles de recoller a tempo para que o pai de familia non as pise, representan talvez (na intenci\u00f3n de Cuar\u00f3n) o seu heroico descenso \u00e1 sucidade desta terra. Pero as cacas parecen en realidade de plastilina marr\u00f3n, e posiblemente encarnan a realidade de cart\u00f3n pedra onde o noso director vive. Os tiros ao branco da opulenta familia estadounidense de Sof\u00eda est\u00e1n escandalosamente mal simulados; o incendio nocturno do bosque moi mal feito&#8230; Estou a imaxinarme a Federica Mogherini, alta representante europea de asuntos exteriores e seguridade, personaxe que tam\u00e9n leva d\u00e9cadas sen baixar \u00e1 r\u00faa (a mesma que mira con ollos tenros a Pedro S\u00e1nchez e toda a cohorte de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>pijos<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> que dominan, valga a redundancia, a esquerda hexem\u00f3nica), subxugada por este malgaste de solidariedade cun sufrimento humano que s\u00f3 viron en diferido, pero con pantalla panor\u00e1mica e en 3D.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Por que os anos 70 ambientan este traballo? Porque as\u00ed Cuar\u00f3n facil\u00edtase o exercicio nost\u00e1lxico e piadoso cara a un pa\u00eds imaxinario. O cartel que anuncia Roma (esa &#8220;\u00e1rbore de brazos&#8221;, di Krauze) promete unha sutil po\u00e9tica de corte neorrealista, cunha masa atormentada de diversas idades api\u00f1ada baixo a luz tard\u00eda dun mar encrespado. Pero a linguaxe case muda de Roma apenas ten algo que dicir; \u00e9 propio do peor realismo m\u00e1xico, cuns motivos sacados do impresionismo informativo e engad\u00edndolle unhas pingas de sentimental<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">idade<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> en branco e negro. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10305\" alt=\"5c475a56d1474\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474-300x172.jpeg\" width=\"300\" height=\"172\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474-300x172.jpeg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474-1024x587.jpeg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474-900x516.jpeg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/5c475a56d1474.jpeg 1214w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A fotograf\u00eda \u00e9 pulcra e definida, pero apenas ten un tema relevante que enfocar. Cuar\u00f3n non ten case nada que contar, \u00e1 parte da s\u00faa visi\u00f3n entenrecida, as\u00ed que se dedica a un travelling tur\u00edstico aderezado con salpicaduras de tenrura precoci\u00f1ada, humillaci\u00f3ns de dese\u00f1o e violencia nas r\u00faas de corte sesenteiro. Non hai acontecemento real alg\u00fan na pel\u00edcula, pero sente ao p\u00fablico extasiado cun malgaste de sentimentos que, casualmente, coincide co que todo o mundo espera de M\u00e9xico: charcos nas r\u00faas, desigualdade social sanguenta, abusos gobernamentais, machos brutais, pobreza e ignorancia, silenciosas femias ind\u00edxenas, capitalismo cosmopolita, vida familiar pracenteira&#8230; En fin, o que calquera turista gringo desexa para poder volver, subindo os prezos (e facendo a M\u00e9xico cada d\u00eda m\u00e1is invivible) desde calquera hotel de luxo dos que Cuar\u00f3n debe frecuentar.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: large;\">Para rematar o cadro, outra casualidade, a produci\u00f3n \u00e9 case enteiramente estadounidense, co soporte desa ONG sen \u00e1nimo de lucro chamada Netflix. Eles son quenllas, pero intelixentes, as\u00ed que est\u00e1n a favor dos dereitos da muller, dos dereitos ind\u00edxenas e dun trato humanitario aos nosos escravos. De maneira que a carta de amor \u00e1s mulleres providentes que o criaron, suponse que en algod\u00f3ns, transf\u00f3rmase nunha carta de amor ao M\u00e9xico que debe deixar de ser mexicano e parecerse a ese Primeiro Mundo que xa non ter\u00e1 charcos nas r\u00faas nin nenos esquecidos. Que lonxe todo este lixo edulcorada do cru realismo, extremadamente po\u00e9tico, dos esquecidos! Filmada por Bu\u00f1uel moi preto, nos bordos da Romanita.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10306\" alt=\"imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775-300x188.jpg\" width=\"300\" height=\"188\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775-300x188.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775.jpg 770w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Cuar\u00f3n est\u00e1 traspasado polo prohibicionismo norte\u00f1o de cabo a cabo. O bo \u00e9 que tal puritanismo non prohibe en particular nada, ou cambia perpetuamente de prohibici\u00f3ns. O fundamental nel \u00e9 a completa incapacidade de habitar a terra. E este obxectivo o noso director l\u00f3grao con fartura, a pesar das estampas de ceos inmensos e jets ao lonxe. Talento non lle falta; orzamento, tampouco. A\u00ednda que se dir\u00eda que os avi\u00f3ns que sucan o alto ceo adornado de cirros son o s\u00edntoma de que a mirada de Roma \u00e9 a\u00e9rea, ingr\u00e1vida, a\u00ednda que se pase os d\u00edas recreando escenas burguesas. Os minutos iniciais, cun chan de baldosas lavadas onde se reflicte o paso dun avi\u00f3n afastado, xa indican (despois entender\u00e9molo) todo o aparato da entrega. A miseria moral e econ\u00f3mica campa en M\u00e9xico, pero novos redentores deb\u00faxanse no horizonte: unha infancia piadosa, unha burgues\u00eda (sobre todo feminina) que tam\u00e9n sofre, uns escravos aut\u00f3ctonos que conservan un chisco de dignidade e conciencia de clase&#8230; A proba desta beatitud<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">e<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> actual \u00e9 que a Roma chov\u00e9ronlle toda clase de premios, sobre todo dunha elite europea que, como o mesmo director, fai lustros que non pisa a r\u00faa e, se viaxou a Latinoam\u00e9rica, f\u00edxoo en clase Business.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Todos os t\u00f3picos ader\u00e9zanse ben para que a lentitude, onde tampouco ocorre nada lento, sexa adorable para o p\u00fablico progresista. As criadas fieis e enganadas por homes groseiros (Cleo e Adela), <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">as rosmadelas <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">en mixteco, os amos poderosos pero tenros (conservad<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">o<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">rismo con coraz\u00f3n?), as mulleres soas outra vez e unidas (ama e criada) nesa soidade de chingadas, os nenos salvaxes e crecentes, a brutalidade policial&#8230; Ademais, como a acci\u00f3n sit\u00faase nos anos 70, a mensaxe subliminar \u00e9: tranquilo, se\u00f1or turista, a naci\u00f3n evolucionou desde esta cruel desigualdade de outrora.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00c9 certo que o espido do cabr\u00f3n Ferm\u00edn non v\u00e9n a conto. Pero tampouco v\u00e9n a conto case nada. Sen ir m\u00e1is lonxe, eses rumores nun idioma &#8220;ind\u00edxena&#8221; que s\u00f3 ten a funci\u00f3n de po\u00f1er unha nota de cor nun c<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">onti\u00f1o<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> para hipsters. Normalmente autista, o p\u00fablico madrile\u00f1o tarda en levantarse dos asentos da sala, transido de revelaci\u00f3ns po\u00e9ticas acerca da humana pobreza da que vimos. Pero 8 euros por sesi\u00f3n, 160 pesos en M\u00e9xico, \u00e9 claramente demasiado para liberar a criadas como Cleo. Que ademais non necesitan liberarse, pois son salvadas polas s\u00faas amas: a dor e o amor todo <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">o poden<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. As\u00ed que a mensaxe queda para a mesma elite que produciu esta historia.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: large;\">Non falta poes\u00eda, incluso almibarada, pero sobran t\u00f3picos sociol\u00f3xicos e estereotipos. O grave \u00e9 que un trastorno bipolar ou maniqueo (paralelo ao pulcro branco\/negro da &#8220;linguaxe visual&#8221;) percorre todo este traballo de culto nun autor que xa probara os meles do triunfo en terreos m\u00e1is f\u00e1ciles e comerciais. Non teriamos nada contra o \u00e9xito masivo, pero \u00e1s veces enche o enfoque de luces e incapacita para descender a certas sutilezas que aqu\u00ed se pretenden.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10307\" alt=\"roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600-300x150.jpg\" width=\"300\" height=\"150\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600-300x150.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600-1024x512.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600-900x450.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O peor de todo son, baixo corda, as mensaxes politicamente correctas para arrincar aplausos e premios \u00e1 alta caste que os reparte. Repasemos, sen excesiva crueldade, alg\u00fans: nin unha soa muller mala, todas son v\u00edtimas: soas, chingadas, golpeadas ou abandonadas; apenas un home bo, excepto o chofer e alg\u00fan que outro escravo mudo; nenos feroces, pero con coraz\u00f3n sufridor e inocente; pobreza silenciosa e <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">submis<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">a, pois espera unha redenci\u00f3n que vir\u00e1 de arriba; explotadores con coraz\u00f3n, que tam\u00e9n poder\u00edan ter redenci\u00f3n desde eles mesmos, xa que saben chorar. Etc\u00e9tera. Quen d\u00e1 m\u00e1is para que Europa enteira, e parte desa Am\u00e9rica que nunca baixa ao metro, aplauda a rabiar? Unha vez m\u00e1is, a elite que goberna o mundo, ou deixa gobernar aos seus sicarios, volver\u00e1 <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00e1<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> casa un pouco m\u00e1is sosegada. Non somos perfectos, diranse, pero polo menos miramos de fronte o horror do noso pasado.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Para terminar, xa en confianza. Confeso que social e politicamente non son m\u00e1is que un dubidoso socialdem\u00f3crata. Ou algo a\u00ednda peor. Pero resc\u00e1tame para certa sensibilidade popular, que se permite ironizar ante un exercicio est\u00e9tico m\u00e1is falso que mudo, unha rabia subdes<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">envolvida<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> cara \u00e1 nova caste de mandar<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00edns<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. Eles son os de sempre, pero co\u00f1ecen aliviadoiros posmodernos (Haneke, Cuar\u00f3n e demais) que agora lles permiten aspirar a xestionar unha miseria que xamais vivir\u00e1n en directo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Por favor, non me fagan caso. Vaian ver Roma para volver ao fogar m\u00e1is tranquilos. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">No fin de contas,<\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> a boa conciencia, a seguridade e a sa\u00fade mental son importantes neste mundo ameazado polos b\u00e1rbaros.<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0Pres\u00e9ntase como unha &#8220;carta de amor \u00e1s mulleres que o criaron&#8221;. De xeito evidente, a toda sombra, a pel\u00edcula de Alfonso Cuar\u00f3n \u00e9 demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar s\u00f3 creo que me largar\u00eda, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10303\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un fracaso chamado Roma<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[6,7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10303"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10303"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10303\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10308,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10303\/revisions\/10308"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10303"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10303"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10303"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}