{"id":10781,"date":"2019-05-19T06:00:18","date_gmt":"2019-05-19T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10781"},"modified":"2019-05-12T11:22:00","modified_gmt":"2019-05-12T11:22:00","slug":"rafael-dieste-por-luis-rei-nunez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10781","title":{"rendered":"Rafael Dieste por Lu\u00eds Rei N\u00fa\u00f1ez"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/descarga1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-10782\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/descarga1.jpg\" width=\"182\" height=\"277\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Non recordo quen dixo que unha boa biograf\u00eda deber\u00eda reproducir e dramatizar un proceso que nos \u00e9 familiar a todos, e conseguir que vexamos o ser do protagonista como un todo, en toda a s\u00faa frescura e esencia. \u00c9 a sensaci\u00f3n que te\u00f1o nada m\u00e1is rematar de ler <i>Rafael Dieste. O libre pensamento <\/i>do escritor Lu\u00eds Rei N\u00fa\u00f1ez. \u00c9 certo que non hai unha visi\u00f3n nova, nin novidades substanciais, sobre a vida ou a obra do autor de <i>Historias e invenciones de F\u00e9lix Muriel<\/i>, pero si moitos datos e documentos in\u00e9ditos que dan consistencia a ese retrato que Rei N\u00fa\u00f1ez leva elaborando desde hai case corenta anos.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Porque un dos grandes acertos do libro \u00e9, ao meu entender, tanto o lugar desde o que o autor escribe como a voz que escolle para ditar o escrito. \u00c9 a marabillosa voz dun estudante de 20 anos chamado Lu\u00eds Rei N\u00fa\u00f1ez que vai pedirlle a un vello e case esquecido Rafael Dieste que oficie como <i>auctoritas <\/i>na presentaci\u00f3n do primeiro n\u00famero dunha revista literaria, e se atopa coa mellor disposici\u00f3n do rianxeiro, unha disposici\u00f3n que d\u00e1 lugar de inmediato a unha sincera amizade e a unha vizosa mestr\u00eda, sempre sazonadas polo don \u00fanico de Dieste para o di\u00e1logo (en mon\u00f3logo) l\u00edrico-filos\u00f3fico sobre todo tipo de temas pois, como moi ben demostra esta biograf\u00eda, estamos ante quen, sen d\u00fabida, \u00e9 o esp\u00edrito m\u00e1is renacentista e ilustrado da cultura galega, nesa sorprendente e f\u00e9rtil combinaci\u00f3n tem\u00e1tica que vai da poes\u00eda \u00e1 matem\u00e1tica, da m\u00fasica (el mesmo tocaba o piano) aos monicreques. Que gran acerto de Rei N\u00fa\u00f1ez colocar esta cita do F\u00e9lix Muriel ao comezo do libro: \u201cCada hombre es el Hombre\u201d. Nesa frase, que \u00e9 como o f\u00edo musical cl\u00e1sico que acompa\u00f1a toda esta biograf\u00eda (porque o foi da vida do autor, como aqu\u00ed queda patentemente demostrado), est\u00e1 todo o labor intelectual, pol\u00edtico, \u00e9tico e est\u00e9tico de Dieste, que percorre case todo o s\u00e9culo XX (1898-1981), nomeadamente a infancia en Rianxo, a formaci\u00f3n en Santiago e Vigo, a profesi\u00f3n de xornalista, a participaci\u00f3n nas Misi\u00f3ns Pedag\u00f3xicas da Rep\u00fablica, a Guerra Civil, o II Congrego Internacional de Escritores para a defensa da Cultura, con todas as inxustizas que tipo que padecer e que sempre levou, como cifra do conxunto, que dir\u00eda el, cunha gran enteireza moral, o campo de concentraci\u00f3n franc\u00e9s, o exilio, o traballo nunha editorial arxentina, a ensinanza mexicana ou brit\u00e1nica, \u00a0e o reencontro coa Espa\u00f1a franquista e a Galicia da transici\u00f3n, sempre coa mirada, quizais demasiado entregada desde o punto de vista actual, pero sempre motivadora, de Carmen Mu\u00f1oz.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10783\" alt=\"GA26P37F1_125850\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850-300x169.jpg\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850-300x169.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850-900x507.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/GA26P37F1_125850.jpg 1278w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00c9 certo que esa voz case xuvenil d\u00e1 unha visi\u00f3n quizais un pouco idealizada de Dieste (sen ser, desde logo, haxiogr\u00e1fica), pero, neste caso, a un lector coma min, propenso \u00e1 desmitificaci\u00f3n, non lle molesta. Ao contrario, agrad\u00e9zoa. E agrad\u00e9zoa por d\u00faas raz\u00f3ns. A primeira, que Rei N\u00fa\u00f1ez non opta por unha biograf\u00eda psicoloxista, que \u00e9 a perspectiva desde a que, ao meu entender, a figura de Dieste pode amosar algunhas fisuras. A segunda, que esas fisuras en ning\u00fan caso diminuir\u00edan un \u00e1pice a frescura e a esencia persoal e literaria do autor rianxeiro. Mesmo agradezo, nun caso como o que nos ocupa, que Rei N\u00fa\u00f1ez non entre en cuesti\u00f3ns como esa que insin\u00faa Mar\u00eda Xos\u00e9 Queiz\u00e1n na s\u00faa autobiograf\u00eda (que Rafael Dieste era homosexual), ou que opte por implicarse persoal e ideoloxicamente no narrado. Sabedor de que xa nunca co\u00f1eceremos o Rafael Dieste real (sobre todo \u2013l\u00e9ase con atenci\u00f3n a s\u00faa obra-, porque hai moitos Rafael Dieste), o meu interese neste libro non era ler unha desas biograf\u00edas can\u00f3nicas que intentan matar por segunda vez o biografado, sen\u00f3n saber cal \u00e9 o Rafael Dieste dun Rei N\u00fa\u00f1ez (mesmo se o domina o s\u00edndrome de Estocolmo ao que se exp\u00f3n todo bi\u00f3grafo) que tivo o privilexio de co\u00f1ecelo, e ao que lle agradezo que me axudase a perfilar un\u00a0 Rafael Dieste, o meu, que, por suposto, ten algunhas diferenzas \u00a0co seu, pero, desde logo, e en todo caso, moit\u00edsimas m\u00e1is coincidencias. \u00a0\u00a0<b><\/b><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Non recordo quen dixo que unha boa biograf\u00eda deber\u00eda reproducir e dramatizar un proceso que nos \u00e9 familiar a todos, e conseguir que vexamos o ser do protagonista como un todo, en toda a s\u00faa frescura e esencia. \u00c9 a sensaci\u00f3n que te\u00f1o nada m\u00e1is rematar de ler Rafael Dieste. O libre pensamento &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10781\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Rafael Dieste por Lu\u00eds Rei N\u00fa\u00f1ez<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10781"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10781"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10781\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10784,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10781\/revisions\/10784"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10781"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}