{"id":10801,"date":"2019-05-26T06:00:56","date_gmt":"2019-05-26T06:00:56","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10801"},"modified":"2019-05-19T14:02:03","modified_gmt":"2019-05-19T14:02:03","slug":"unha-regata-de-tolos-ii-o-destino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10801","title":{"rendered":"Unha regata de tolos (II). O destino"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/golden.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-10802\" alt=\"golden\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/golden.jpg\" width=\"197\" height=\"256\" \/><\/a>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>O mundo do mar non est\u00e1 libre de superstici\u00f3ns; lembremos a cl\u00e1sica de non elevar \u00e1ncoras en venres (no noso \u00e1mbito o d\u00eda de mal agoiro \u00e9 o martes, \u201cnon te cases nin te embarques\u201d), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non \u00e9 aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios est\u00e1n os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para emprenderen a aventura os ousados mari\u00f1os da Golden Globe buscaron empresas que os subvencionaran, a maior\u00eda con editoriais, estas co obxecto de publicaren a \u00e9pica mari\u00f1a arredor do mundo do seu patrocinado. Ademais de Bernard Moitessier, Robin Knox-Johnston e Donald Crowhurst, estaban John Ridway,\u00a0un capit\u00e1n do Ex\u00e9rcito que en 1966 cruzou o Atl\u00e1ntico a remo canda o sarxento Chay Blyth. Despois v\u00e9n Bill King<b>,\u00a0<\/b>de 57 anos, o maior de todos, comandante de submarinos igual que Nigel Tetley\u00a0quen acabar\u00eda suicid\u00e1ndose anos m\u00e1is tarde. Lo\u00efk Fougeron e o italiano Alex Corozzo completaban a n\u00f3mina de participantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Carozzo, ao pouco do percorrido vomita sangue e axi\u00f1a ten que ser remolcado at\u00e9 Oporto onde ingresou de urxencia por unha hemorraxia dixestiva. John Ridgway, un home que non lle chistaba nada o mar, foi o primeiro en tomar a sa\u00edda. Para el s\u00f3 supu\u00f1a unha proba de resistencia, un reto na medida en que outros foron quen de se atreveren\u00a0 nunha traves\u00eda a remo. Ridgway abandonou a proba despois de mes e medio por culpa dunha avar\u00eda en Recife. \u201cO futuro\u201d, apunta no seu diario, \u201cpres\u00e9ntaseme baleiro\u201d. Abatido, nun momento de gran soidade e desesperaci\u00f3n escribe: \u201cincluso ocorr\u00e9useme a idea de pasar un ano descansando ao sol e despois volver a casa dicindo que dei a volta ao mundo\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/3379img4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10803\" alt=\"3379img4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/3379img4-226x300.jpg\" width=\"226\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/3379img4-226x300.jpg 226w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/05\/3379img4.jpg 302w\" sizes=\"(max-width: 226px) 100vw, 226px\" \/><\/a>Chaif Blyth, o benxam\u00edn do grupo, con 27 anos, por ser o menor talvez o m\u00e1is ousado do grupo, o d\u00eda da partida o sorprendente era que a\u00ednda non sab\u00eda navegar a vela: \u201cEra a mi\u00f1a viaxe de descubrimento, e o que m\u00e1is desexaba era descubrirme a min mesmo\u201d. Abandonou aceptando que o seu barco non era o axeitado para tan arriscado periplo e ademais, por \u00faltimo, segundo propia confesi\u00f3n, \u201ccarec\u00eda de sentido estar onde estaba\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nigel Tetley, ao ler na prensa a posta en marcha dunha nova \u201cvolta ao mundo sen escalas\u201d, de s\u00fapeto, como quen asume unha promesa non pronunciada, decide participar. Patrocinado por unha casa discogr\u00e1fica, no <i>Victress<\/i> escoita m\u00fasica cl\u00e1sica (Sibelius, H\u00e4endel, Saint-Sa\u00ebns) que lle d\u00e1 \u201cpaz de esp\u00edrito\u201d. Mais, contra o que poder\u00edamos pensar, non as\u00ed o mar en calma: \u201cO mar en calma e sen vento \u00e9 un dos peores pesadelos para un mari\u00f1eiro. Case peor que ning\u00fan temporal, que polo menos proporciona unha boa dose de actividade f\u00edsica e mental\u201d (<i>Unha regata de tolos<\/i>, Peter Nichols, 2009, p. 200). Coincidindo co Nadal, Tetley tomou unha copi\u00f1a de xerez e escoitou unha cinta de panxoli\u00f1as. A mesa da cabina decorouna \u201ccon d\u00faas ou tres laranxas. Algunhas uvas e doces\u201d (<i>Ibd<\/i>.. p. 217). Para este home resultou que, estando xa libre do duro oc\u00e9ano e de loitar coas xigantescas ondas, lonxe do mar e moi preto da casa, nun lugar onde ningu\u00e9n sentir\u00eda medo de andar por el, pr\u00f3ximo a Dover, o depresivo Tetley apareceu colgado dunha \u00e1rbore.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0O mundo do mar non est\u00e1 libre de superstici\u00f3ns; lembremos a cl\u00e1sica de non elevar \u00e1ncoras en venres (no noso \u00e1mbito o d\u00eda de mal agoiro \u00e9 o martes, \u201cnon te cases nin te embarques\u201d), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non \u00e9 aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10801\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Unha regata de tolos (II). O destino<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10801"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10801"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10801\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10805,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10801\/revisions\/10805"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10801"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10801"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10801"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}