{"id":11341,"date":"2020-10-24T06:00:03","date_gmt":"2020-10-24T06:00:03","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11341"},"modified":"2020-10-17T06:41:43","modified_gmt":"2020-10-17T06:41:43","slug":"arqueoloxia-en-santa-baia-do-arano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11341","title":{"rendered":"Arqueolox\u00eda en Santa Baia do Ara\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-11342 alignright\" alt=\"BO25C5F1_191528\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528-300x169.jpg\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528-300x169.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528-900x507.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/BO25C5F1_191528.jpg 1278w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Juli\u00e1n Bustelo Abu\u00edn|V\u00edctor Barbeito Pose.\u00a0<\/strong><\/em>A parroquia foi unha estrutura de organizaci\u00f3n territorial b\u00e1sica, xurdida no Medievo, que cristaliza no s\u00e9culo XI, e vixente na actualidade. Foi un microcosmos no que ti\u00f1an gran parte das actividades coti\u00e1s, e non coti\u00e1s, dos seus fregueses, en cuxos l\u00edmites moitos deles posiblemente pasaron toda a vida. <!--more-->Pero se hai un elemento que \u00e9 caracter\u00edstico da parroquia, ese \u00e9 a s\u00faa igrexa, o seu templo, no que se unen baixo a mesma advocaci\u00f3n o conxunto de aldeas para levar a cabo, amais da xuntanza dominical, aqueles ritos vitais m\u00e1is importantes como \u00e9 darlle a benvida ao novo membro da comunidade cristi\u00e1 mediante o bautismo, ou darlle o \u00faltimo adeus ao finado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c1 fronte da igrexa sempre hai un reitor que goza dunha serie de prebendas, entre as cales nos interesa facer fincap\u00e9 nun terreo situado arredor das igrexas rurais e que se denomina destral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dende moi cedo, estes terreos foron regulados xuridicamente; xa no Concilio II de Braga (ano 572) se fai alusi\u00f3n a que ning\u00fan bispo consagre igrexa ou bas\u00edlica se antes non recibe o dote que asegure os seus gastos de funcionamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No Concilio XII de Toledo (ano 681) f\u00edxase un radio de 30 pasos arredor do templo, e, cara ao ano 800, este espazo increm\u00e9ntase e f\u00edxase en 72 pasos. Nos primeiros 12 pasos situ\u00e1base o templo e o cemiterio; e o resto, destin\u00e1base ao sustento do crego, no que pod\u00eda haber, ademais das terras con clara vocaci\u00f3n agr\u00edcola e hort\u00edcola, outras dependencias como casas, alpendres e lagares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A propia regra can\u00f3nica determina que os terreos que forman parte dese patrimonio vinculado directamente ao edificio relixioso presenten unha forma xeom\u00e9trica singular, dado que se emprega un radio de lonxitude determinada (30, 72, 84 pasos ou destros) en cuxo centro (ou extremo) se atopar\u00eda o templo, dando lugar a un espazo de tendencia circular.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un destes espazos t\u00e9molo localizado na parroquia do Ara\u00f1o, delimitado ao sur polas aldeas de Carballal e o Bat\u00e1n, e a escasos metros do Erbal do Codesal, lugar no que atopou Manuel Migu\u00e9ns en 1907 a l\u00e1pida romana do Ara\u00f1o, que logo de arduas negociaci\u00f3ns pasou a mans da Sociedade Arqueol\u00f3xica de Pontevedra en 1909 e que, a s\u00faa vez, formou parte da extraordinaria Exposici\u00f3n Regional Gallega de 1909 celebrada en Santiago, coa secci\u00f3n de arqueolox\u00eda situada no colexio San Clemente, onde estivo exposta a l\u00e1pida romana do Ara\u00f1o. Hoxe forma parte dos fondos do Museo Arqueol\u00f3xico de Pontevedra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Trasladada doutro lugar<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Alg\u00fans dos m\u00e1is vellos do lugar comentan de forma distendida que o actual emprazamento da igrexa de Santa Baia do Ara\u00f1o non \u00e9 o orixinario sen\u00f3n que foi trasladada ata o lugar actual pedra a pedra. Ben pode ser que quede do imaxinario colectivo algunha das reformas actuais da igrexa, como a acontecida arredor de 1790, momento no que a igrexa se estaba re-edificando ou que, certamente, se estea aludindo a ese desprazamento do locus do templo, cousa non tan rara e da que existen outros exemplos, e non moi lonxe, como o caso de Igrexa Vella de Santa Comba de Louro no concello pontevedr\u00e9s de Valga, que ten orixe nunha necr\u00f3pole romana e foi igrexa parroquial ata que no s\u00e9culo XVIII se desmantela e se traslada 400 metros ao norte da orixinal; a do Ara\u00f1o est\u00e1 a 900 metros do destral.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Juli\u00e1n Bustelo Abu\u00edn|V\u00edctor Barbeito Pose.\u00a0A parroquia foi unha estrutura de organizaci\u00f3n territorial b\u00e1sica, xurdida no Medievo, que cristaliza no s\u00e9culo XI, e vixente na actualidade. Foi un microcosmos no que ti\u00f1an gran parte das actividades coti\u00e1s, e non coti\u00e1s, dos seus fregueses, en cuxos l\u00edmites moitos deles posiblemente pasaron toda a vida.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,91,70],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11341"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11341"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11341\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12429,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11341\/revisions\/12429"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11341"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11341"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11341"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}