{"id":11455,"date":"2019-12-06T06:00:52","date_gmt":"2019-12-06T06:00:52","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11455"},"modified":"2019-11-25T11:20:28","modified_gmt":"2019-11-25T11:20:28","slug":"a-celebracion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11455","title":{"rendered":"A celebraci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11456\" alt=\"BN23C9F2_01641\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641-900x506.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN23C9F2_01641.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><strong><em>Francisco Ant. Vidal Blanco.<\/em>\u00a0<\/strong>Estas explosi\u00f3ns de felicidade que nos marabillan, que tanto se manifestan cando vemos ga\u00f1ar \u00f3 noso equipo, levando a unha catarse colectiva a toda unha morea de ducias de miles de espectadores, dunha cidade enteira fronte \u00e1 televisi\u00f3n<!--more-->, dun pa\u00eds en folga xeral para vivir unha final; ese berro un\u00e1nime de mans erguidas atronando o mundo, ese instante glorioso de ver unha pelota pateada cruzando unha li\u00f1a marcada no chan \u00e9 m\u00e1is emocionante co anuncio dun tipo guedelludo de bata branca e gafas amosando o elixir da vida. Porque todos somos moi realistas, sabemos que a felicidade \u00e9 un instante e que por iso, esas pingui\u00f1as que de cando en vez aparecen para exorcizar por un intre o mal fado e darnos a oportunidade de celebrar algo hai que gozalas a tope, ve\u00f1an de onde ve\u00f1an; e compartilas mentres sexa posible con quen nos rodea, con veci\u00f1os, amigos ou amantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A felicidade \u00e9 contaxiosa, por iso preferimos ir de festa antes ca de velorio. E tam\u00e9n por iso, os deportistas que nos entrete\u00f1en e nos emocionan coas s\u00faas piruetas celebran os seus logros con abrazos e mostras de cari\u00f1o extensibles a todos os seareiros. Pero que pasa pola cabeza dos xogadores nese momento sublime?, que pasa pola cabeza dos verdadeiros art\u00edfices do logro?. E pola dos vencidos ou goleados? T\u00e9\u00f1olle preguntado a alg\u00fan amigo futbolista polo asunto e poucas cousas me din, ata que estoutro d\u00eda, falando cun futboleiro de toda a vida, activo no pasado e sedente no presente, pasoume un recorte da prensa murciana de hai m\u00e1is de trinta anos, cando el xogaba nun equipo rexional.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xog\u00e1banse o ascenso. Era un partido de moita concentraci\u00f3n previa. Para non arruinar a felicidade dos seareiros, os xogadores foron separados das s\u00faas familias, mozas e amigos durante os d\u00edas previos para que non se distraesen, para asegurar a fidelidade \u00e1s s\u00faas cores e o compromiso de deixar a vida no campo batallando polo seu club. N\u00fa\u00f1ez, por deixar ata tivo que deixar os libros para preparar aquel verdadeiro exame final de liga. Outras veces estaba a moza para animalo durante ese baix\u00f3n previo \u00e1 decisiva batalla deportiva, pero naquela ocasi\u00f3n hab\u00eda que apartarse de todo aquilo que puidese minguar a condici\u00f3n f\u00edsica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante o partido, mentres o p\u00fablico animaba, el estaba \u00f3 que estaba, a bloquear a todo aquel que vi\u00f1ese pola s\u00faa \u00e1rea. Os xogadores non se distra\u00edan con nada. Os berros do adestrador indicando, advertindo, ordenando e sobre todo mantendo a tensi\u00f3n, fac\u00edalles apurar a caixa do peito m\u00e1is ca unha carreira por toda a banda. E todo ir\u00eda ben se non fose que unha patada con mellor ou peor xeito nun intre e desde un lugar inesperado, meteu a pelota na s\u00faa porter\u00eda e todos os rivais saltaron cunha explosi\u00f3n de felicidade moment\u00e1nea. Api\u00f1ados, abrazados e vitoriosos. O defensa N\u00fa\u00f1ez ficou mirando \u00e1s gradas como buscando o perd\u00f3n e a desculpa, e ent\u00f3n un raio de luz am\u00f3salle o que realmente o fai feliz en momento tan triste e desmoralizador: un sorriso de solidariedade. E corre cara as gradas para bicar \u00e1 moza que o sa\u00fada, que non lle importa se ga\u00f1a ou perde, sen\u00f3n que estea a\u00ed e poida velo tras unha ausencia de catro d\u00edas. Cada quen ten os seus motivos para celebrar. A N\u00fa\u00f1ez custoulle unha inxusta tarxeta amarela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Estas explosi\u00f3ns de felicidade que nos marabillan, que tanto se manifestan cando vemos ga\u00f1ar \u00f3 noso equipo, levando a unha catarse colectiva a toda unha morea de ducias de miles de espectadores, dunha cidade enteira fronte \u00e1 televisi\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11455"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11455"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11455\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11457,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11455\/revisions\/11457"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11455"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11455"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11455"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}