{"id":11507,"date":"2020-04-23T06:00:51","date_gmt":"2020-04-23T06:00:51","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11507"},"modified":"2020-03-11T09:14:41","modified_gmt":"2020-03-11T09:14:41","slug":"130-anos-dun-edificio-simbolico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11507","title":{"rendered":"130 anos dun edificio simb\u00f3lico"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-11508 alignright\" alt=\"BN29C2F2_22318\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318-900x506.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/11\/BN29C2F2_22318.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Pedro Garc\u00eda Vidal. <\/strong><\/em>Mediado o s\u00e9culo XIX, Noia, ao igual que outras moitas cidades e vilas, enxergaba un novo tempo nunha profunda metamorfose. O cambio significaba o nacemento dunha nova vila f\u00f3ra do abafante cinto murado que ata ese momento concentrara toda a actividade pol\u00edtica e socioecon\u00f3mica. <!--more-->A apertura de novos espazos no exterior do vello recinto amurallado medieval, transforma estes lugares da vila en apropiados escenarios onde exhibir os novos s\u00edmbolos do poder burgu\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un papel principal dentro desas realizaci\u00f3ns simb\u00f3licas vai corresponder \u00e1 Casa do Concello. \u00c9 este un dos edificios m\u00e1is representativos da vila, emblema da mesma ata os nosos d\u00edas. En Noia, o edificio que vi\u00f1a funcionando como Concello axi\u00f1a vai considerarse insuficiente para a nova categor\u00eda administrativa da vila. Prec\u00edsase agora unha edificaci\u00f3n m\u00e1is ampla e moderna, acorde cos novos tempos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ante a falta de espazo no antigo recinto amurallado e na ausencia dunha edificaci\u00f3n axeitada, comeza a pensarse para o futuro Concello nun emprazamento extra muros nun edificio de nova planta. Xorde as\u00ed a proposta do seu emprazamento na parte norte da vila, englobada dentro da ampla operaci\u00f3n de reforma do espazo agrario e de bosque co\u00f1ecido como Campo de San Francisco. A instalaci\u00f3n neste lugar supuxo o desprazamento cara a este sector da vila do seu centro funcional administrativo, cunhas importantes repercusi\u00f3ns urban\u00edsticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Escolas Graduadas<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A nova edificaci\u00f3n rematarase, tal como figura na base do front\u00f3n que coroa a parte central do edificio, no ano 1889. Curiosamente, a s\u00faa dedicaci\u00f3n primeira foi como Escolas Graduadas. Posteriormente, a partir do ano 1952, esa ocasional vocaci\u00f3n educativa inicial f\u00edxose definitiva ao albergar dende ent\u00f3n o Instituto de Ensino Medio e profesional Virxe do Mar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O edificio proxectado para Concello representaba un novo xeito de entender a arquitectura e o mundo, e anunciaba claramente os novos tempos de rotunda preeminencia social da burgues\u00eda. A trav\u00e9s do edificio do Concello, a vila expresaba a imaxe que ten de si mesma e que quere dar aos seus habitantes e visitantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A edificaci\u00f3n destaca polos seus coidados materiais (perpia\u00f1o nos z\u00f3colos, recercos, esquinas, impostas e cornixas), polo seu emprazamento dominante mesmo fronte \u00e1 nova estrada Santiago-Noia, e polo seu claro esquema compositivo e decorativo, moi en li\u00f1a coa corrente ecl\u00e9ctica tan presente na arquitectura da segunda metade do s\u00e9culo XIX. Caracter\u00edzase pola s\u00faa potente volumetr\u00eda horizontal en d\u00faas alturas marcadas por d\u00faas finas li\u00f1as paralelas de cantar\u00eda, as li\u00f1as de imposta, que articulan e marcan a separaci\u00f3n entre plantas, especialmente a fachada polo aspecto espido e depuraci\u00f3n lineal dos seus muros en cachotar\u00eda revocada en branco, nos que a cantar\u00eda vista se emprega co fin de remarcar un volume central lixeiramente adiantado e acabado nun triangular front\u00f3n, na base do cal figura a data de remate do edificio, e dous laterais sim\u00e9tricos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A nacente Alameda e Xard\u00edns de Felipe de Castro constitu\u00edan o escenario perfecto para o espl\u00e9ndido edificio de estilo clasicista ou acad\u00e9mico, de gran rigor formal e sinxeleza, unido \u00e1 monumentalidade que respond\u00eda perfectamente \u00e1s caracter\u00edsticas que o estado buscaba nos edificios de nova construci\u00f3n: edificios que enaltecen e fan retoricamente propaganda dunha sociedade culta. Unha construci\u00f3n destinada a sorprender o visitante e a converterse no s\u00edmbolo dun novo tempo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal. Mediado o s\u00e9culo XIX, Noia, ao igual que outras moitas cidades e vilas, enxergaba un novo tempo nunha profunda metamorfose. O cambio significaba o nacemento dunha nova vila f\u00f3ra do abafante cinto murado que ata ese momento concentrara toda a actividade pol\u00edtica e socioecon\u00f3mica.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11507"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11507"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11507\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11885,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11507\/revisions\/11885"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11507"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11507"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11507"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}