{"id":11726,"date":"2020-03-03T06:00:17","date_gmt":"2020-03-03T06:00:17","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11726"},"modified":"2020-02-11T10:35:32","modified_gmt":"2020-02-11T10:35:32","slug":"rimbombante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11726","title":{"rendered":"Rimbombante"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11728\" alt=\"Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico-500x281.jpg 500w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logico.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Marina Losada Vicente.\u00a0<\/strong><\/em>Era o seu ritual, e lev\u00e1balle idea, igual que lle levaba idea almorzar cando a muller xa recollera a mesa, varrera o chan, lavara a louza da cea e a do seu propio almorzo. Cando xa pasara un pano polo mesado e polas baldosas. A Nucha o que a levaba era o demo, pero non dic\u00eda nada.<!--more--> Parec\u00eda que o que o seu home \u00eda facer tivese unha dimensi\u00f3n m\u00edstica. Serv\u00edase o caf\u00e9 que ela lle deixaba feito. Unha vez terminaba, coll\u00eda cunca, prato e culler e \u00eda ao vertedoiro. Po\u00f1\u00eda luvas como quen vai operar a coraz\u00f3n aberto. Vest\u00eda o mandil\u00f3n de manga larga que usaba para facer manualidades con restos de pintura e serraduras. Abr\u00eda a auga e esperaba a que sa\u00edse quente, quente, quente. Que fumegase. Coa billa aberta, coll\u00eda esponxa e vert\u00eda lavalouzas a m\u00e1is non dar. Antes de sacarlle o xabr\u00f3n, billa aberta, parec\u00eda pedir permiso a un deus que habitaba nel, coa toma de conciencia dun feito transcendente. Miraba o resultado do ba\u00f1o de cada peza ao lonxe, preto da vent\u00e1, observando \u00e1 perfecci\u00f3n do acadado. Ningu\u00e9n lle daba unha palmadi\u00f1a nas costas, pero parec\u00eda que a recibise. Fora mestre corenta anos e quizais estivera precisando o aprobado que non levou. Tam\u00e9n fora m\u00fasico, agora dirixindo unha sinfon\u00eda de Beethoven, a \u00faltima.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coll\u00eda un trapo no caix\u00f3n, non o que ela xa ti\u00f1a \u00e1 man ao lado do vertedoiro. Secaba cunca e prato, que depositaba no alzadeiro. Quen o mirase coa culler na man, dir\u00eda que estaba sac\u00e1ndolle brillo a unha peza de prata comida polo tempo. Unha frega, outra frega, outra frega. Terminaba deix\u00e1ndoa no escorredoiro, en lugar do caix\u00f3n por estar seca, dado que era onde a collera. Sacaba as luvas con total parsimonia. Deix\u00e1baas a escorrer nunha peza de madeira que el mesmo dese\u00f1ara. O tempo era moito aos ollos da muller, que finx\u00eda non ver. Neses mesmos minutos, Nucha e mais a s\u00faa artrose eran quen de fregar toda a louza das doce: pratos sopeiros, chans, de sobremesa, vasos, cuncas do caf\u00e9, fonte de servir, garfos, coitelos&#8230; \u00fatiles todos que entre os dous luxaran no oficio de comer, cavilaba a muller.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ante a novidade, Nucha pensou que era unha burla, unha cr\u00edtica a como o fac\u00eda a s\u00faa muller. Determinou en pedirlle que non o fixese m\u00e1is, que xa daba conta ela co resto da louza do mediod\u00eda. Ao final, decidiu que era unha caricatura que el se fac\u00eda de si mesmo. Unha parodia. Precisaba darlle dignidade, cun aire rimbombante, a algo que para don Miguel non a tivera nunca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Marina Losada Vicente.\u00a0Era o seu ritual, e lev\u00e1balle idea, igual que lle levaba idea almorzar cando a muller xa recollera a mesa, varrera o chan, lavara a louza da cea e a do seu propio almorzo. Cando xa pasara un pano polo mesado e polas baldosas. A Nucha o que a levaba era o demo, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11726\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Rimbombante<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[73,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11726"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11726"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11726\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11729,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11726\/revisions\/11729"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11726"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11726"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11726"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}