{"id":11929,"date":"2020-03-08T06:00:38","date_gmt":"2020-03-08T06:00:38","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11929"},"modified":"2020-02-27T20:57:03","modified_gmt":"2020-02-27T20:57:03","slug":"a-casa-xunto-ao-volcan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11929","title":{"rendered":"A casa xunto ao volc\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/9788491514169.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11627\" alt=\"9788491514169\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/9788491514169-195x300.jpg\" width=\"195\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/9788491514169-195x300.jpg 195w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/9788491514169.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/><\/a>Mercedes Rodr\u00edguez Fraga.\u00a0<\/strong><\/em>Dic\u00eda noutra ocasi\u00f3n neste mesmo <i>blog<\/i> que a primeira novela de X. Ricardo Losada, <i>B\u00f3tame deste mar f\u00f3ra<\/i>, era unha mostra do car\u00e1cter \u00abhumano, demasiado humano\u00bb do autor, ao tempo que parafraseaba o t\u00edtulo dunha obra de F. Nietzsche.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non se equivocaba X. Ricardo na presentaci\u00f3n da s\u00faa \u00faltima novela en Rianxo cando dic\u00eda que Nietzsche espertaba paix\u00f3ns no seu alumnado de Filosof\u00eda. Por ese motivo, decidiu escribir sobre como a protagonista, unha alumna do IES F\u00e9lix Muriel, constru\u00eda a s\u00faa casa xunto ao volc\u00e1n.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Supo\u00f1o que moitas das alumnas de X. Ricardo podemos vernos reflectidas en maior ou menor medida en Xeila, unha rapaza que non soamente se reta a si mesma para descubrir o que quere sen\u00f3n que igualmente fai reflexionar a quen a rodea sobre a aceptaci\u00f3n de certas normas sociais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ano 2001, cursando COU no IES Agra de Ra\u00edces de Cee. Os profesores de Lat\u00edn e Grego organizan en abril unha viaxe a M\u00e9rida para os alumnos e alumnas da \u00e1rea de Letras, co fin de asistir a varias representaci\u00f3ns no teatro romano. \u00abImposible. Non podo ir\u00bb?, d\u00edxenlle ao profesor de Lat\u00edn. \u00abTe\u00f1o exame de Filosof\u00eda esa semana. Ademais, Kant. E Selectividade \u00e1s portas\u00bb. Ao d\u00eda seguinte, dime X. Ricardo: \u00abO exame f\u00e1govolo a ti e \u00e1s que vaiades a M\u00e9rida \u00e1 volta da viaxe\u00bb. Eu insist\u00edn en que non, que non pod\u00eda deixar de asistir a tantas clases tampouco. El, cun sorriso, dixo algo que nunca esquecer\u00eda: \u00abAprender\u00e1s m\u00e1is nesa viaxe que nos catro d\u00edas de clase que perdas. N\u00f3tote cansa, desfruta e rel\u00e1xate. O exame de Kant sairache igual de ben que os demais. T\u00f3mao como un reto\u00bb. Entre iso, a insistencia dos profesores de Lat\u00edn e Grego e a mi\u00f1a nai prepar\u00e1ndome a maleta antes de que eu decidise nada\u2026 al\u00e1 fun. Confeso que todos ti\u00f1an raz\u00f3n. Esa viaxe foi o empurre que precisaba para acabar un curso duro, esgotador e estresante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00c1 volta, aquel 9.25 no exame de Kant s\u00f3ubome mellor que ning\u00fan outro. A mi\u00f1a mente non pod\u00eda entender como na recta final do curso, e tendo un exame tan importante, \u00eda desatender as mi\u00f1as obrigas. Dalg\u00fan xeito, X. Ricardo fix\u00e9rame ver a importancia de sa\u00edr das mi\u00f1as propias imposici\u00f3ns. Eu xa sab\u00eda do que era capaz a base do traballo sen descanso pero, ser\u00eda capaz de acadar os meus obxectivos sen seguir as mi\u00f1as directrices? Era un risco que hab\u00eda que correr. Lembro a viaxe no autob\u00fas pensando en que non estaba a facer o correcto pero tam\u00e9n pensaba na confianza que ti\u00f1a X. Ricardo en que uns d\u00edas sen estudar non influir\u00edan negativamente nos meus resultados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Debeu ser aquela experiencia, ou tal vez \u00aba paix\u00f3n por Nietzsche\u00bb a que fixo que confiase m\u00e1is en min mesma pois ao d\u00eda seguinte do exame do fil\u00f3sofo alem\u00e1n, X. Ricardo p\u00faxome diante a proba cun dez entre admiraci\u00f3ns. \u00abBord\u00e1chelo\u00bb -dixo. Foi o \u00faltimo exame con X. Ricardo. Remataba a etapa de profesor-alumna e comezaba outra -xa non pod\u00eda seguir trat\u00e1ndoo de \u00abvostede\u00bb- igualmente enriquecedora. En cada conversa, en cada libro deste fant\u00e1stico profesor e mellor persoa, vinme obrigada a pensar, a retarme a min mesma.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<figure id=\"attachment_11930\" aria-describedby=\"caption-attachment-11930\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/Xos\u00e9_Ricardo_Losada_Vicente_AELG-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-11930\" alt=\"Foto: AELG\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/Xos\u00e9_Ricardo_Losada_Vicente_AELG-2-200x300.jpg\" width=\"200\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/Xos\u00e9_Ricardo_Losada_Vicente_AELG-2-200x300.jpg 200w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/Xos\u00e9_Ricardo_Losada_Vicente_AELG-2-685x1024.jpg 685w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/Xos\u00e9_Ricardo_Losada_Vicente_AELG-2-900x1344.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-11930\" class=\"wp-caption-text\">Foto: AELG<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Debo dicir que desde que abandonei o instituto, sempre me acompa\u00f1ou esa aprendizaxe. Pelexar polo que quero converteuse nunha constante na mi\u00f1a vida, a base de traballo, de ca\u00eddas e, por suposto, de esperanzas. Despois de dous anos de reflexionar con X. Ricardo, decateime de cal era o lugar para constru\u00edr esa casa. Que mellor volc\u00e1n onde un mesmo naceu, onde aprendiches todo o que sabes, onde se che quere -ou non-\u00a0polo que realmente es e non polo que aparentas ser. Dos meus pais aprend\u00edn que pod\u00eda chegar a onde quixese pero sen esquecer nunca de onde ve\u00f1o. Podo dar fe -en primeira persoa-\u00a0de que todas aquelas circunstancias en contra nas que un se poida atopar non son obst\u00e1culo suficiente para erixir a casa que se desexa. Porque ao final, son eses atrancos no cami\u00f1o os que che obrigan a decidir que \u00e9 o realmente importante e o que non. Isto fai que lembre outra aprendizaxe con X. Ricardo: \u00abDebes vivir a vida que ti elixas, non a que elixan por ti. Non te preguntes por que son diferente? M\u00e1is ben, son diferente, e que?\u00bb<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Cami\u00f1o polos corredores do instituto e penso naquelas conversas. \u00c1s veces, o recordo \u00e9 tan real que parece que X. Ricardo vai asomar detr\u00e1s dunha porta. Agora, son os meus alumnos e alumnas quen me buscan nos recreos para comentarme un problema, unha preocupaci\u00f3n\u2026 en fin, as inquietudes tan propias da adolescencia. E, pensando na mellor resposta, cada vez son m\u00e1is consciente da importancia dos docentes na vida dos alumnos. Agora comprendo a alegr\u00eda e a ansia coas que X. Ricardo entraba na clase porque cada d\u00eda sup\u00f3n un novo reto, novas preguntas que responder, novas reflexi\u00f3ns \u00e1s que enfrontarte. Cada d\u00eda debe ser distinto ao anterior; cada d\u00eda debe ser un paso m\u00e1is cara ao volc\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mercedes Rodr\u00edguez Fraga.\u00a0Dic\u00eda noutra ocasi\u00f3n neste mesmo blog que a primeira novela de X. Ricardo Losada, B\u00f3tame deste mar f\u00f3ra, era unha mostra do car\u00e1cter \u00abhumano, demasiado humano\u00bb do autor, ao tempo que parafraseaba o t\u00edtulo dunha obra de F. Nietzsche. \u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non se equivocaba X. Ricardo na presentaci\u00f3n da s\u00faa \u00faltima novela en Rianxo &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11929\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A casa xunto ao volc\u00e1n<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,76,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11929"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11929"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11929\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11931,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11929\/revisions\/11931"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11929"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11929"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11929"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}