{"id":12410,"date":"2020-10-30T06:00:02","date_gmt":"2020-10-30T06:00:02","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12410"},"modified":"2020-10-25T11:09:19","modified_gmt":"2020-10-25T11:09:19","slug":"papaventos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12410","title":{"rendered":"Papaventos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/cometa2.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-12411\" alt=\"cometa2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/cometa2.jpeg\" width=\"275\" height=\"183\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.<\/strong><\/em> Poucas cousas hai tan fermosas como ver voar un papaventos. A s\u00faa beleza, con dese\u00f1os que lles fan parecer fermosas aves ex\u00f3ticas subindo polo ceo, perm\u00edtenos levar a imaxinaci\u00f3n por impensables derrotas, ata onde a corda con que a atamos nolo permite.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xulio contounos como, hai moitos anos, a s\u00faa filla, daquela unha nena, pediulle que dunha viaxe a Grecia lle trouxese, como se dun capricho se tratase, un papaventos. Xa vos podedes imaxinar a s\u00faa aventura por todos os mercados e tendas de xoguetes preguntando, improvisando no seu ingl\u00e9s macarr\u00f3nico para pedilo pola s\u00faa definici\u00f3n: un xoguete feito de papel para xogar co vento. Non hab\u00eda maneira, ata que algu\u00e9n se decatou do que estaba pedindo e desde esa non se esqueceu da palabra grega para o papaventos: Chartaeto\u00fa Ou algo parecido. Xulio conf\u00e9sanos que desde aquela tenlle unha querencia especial a este tipo de xoguetes co que pasou moitos horas entretido coa filla, e a\u00ednda agora, todos os anos, ha de sacala alg\u00fan d\u00eda para pilotala emocionado como un cativo, a\u00ednda que a moza o recrimine: \u201cPap\u00e1 pareces un meni\u00f1o\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hoxe, vendo a uns nenos xogar con elas na praia lembrei un texto de Le Cl\u00e9zio onde se narra a batalla de papaventos que se organizaba nun areal de Turqu\u00eda, onde os competidores at\u00e1banlle \u00e1 cola coitelas de afeitar, co fin de esnaquizar as dos contrincantes, convertidas as\u00ed en mort\u00edferas e ciumentas armas contra a beleza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/cometa1.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-12412\" alt=\"cometa1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/cometa1.jpeg\" width=\"300\" height=\"168\" \/><\/a>Acordounos a an\u00e9cdota estes d\u00edas pasados mentres mir\u00e1bamos o cometa Neowise (que en nada se parece a un papaventos), apuntando cara o horizonte xusto por debaixo da constelaci\u00f3n do Carro, unha oportunidade \u00fanica de velo porque, bastounos saber que non volver\u00e1 a aparecer por aqu\u00ed ata dentro de seis mil e pico de anos, para que sac\u00e1semos \u00f3 balc\u00f3n prism\u00e1ticos, telescopios, c\u00e1maras e todo canto artefacto nos servise para deixalo arquivado na seseira inform\u00e1tica, co fin de facerlle participar de tal marabilla \u00f3s nosos netos e \u00f3s netos dos nosos netos. E sen embargo, iso que vimos no ceo non se vai distinguir moito do que vexamos a pr\u00f3xima vez que nos visite outro. \u00c9 o encanto do ins\u00f3lito.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No noso idioma dist\u00ednguese moi ben \u00f3 papaventos do cometa, e na forma tam\u00e9n. Mais unhas e outras, a de papel e a de xeo interestelar son fermosas para ver e interesantes para xogar cun neno ou para facer exercicios de F\u00edsica, se a paciencia nos d\u00e1 para tal. O que nunca me explicarei \u00e9 como se lle puido ocorrer a Franklin atarlle unha chave a un papaventos, unha noite de tormenta, para capturar un raio, sen medir o risco que corr\u00eda cos cen mill\u00f3ns de voltios que lle pod\u00edan caer encima. Non quero imaxinarme se o chega a alcanzar un anaqui\u00f1o de semellante carga el\u00e9ctrica, quedar\u00eda incinerado sen gastar cadaleito. Sen embargo nunca lle pasou nada. Ser\u00e1 a sorte do ousado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como queira que sexa, os cometas e os papaventos, naturais e artificiais, sempre provocaron en n\u00f3s certa atracci\u00f3n, ata converterse, sobre todo o natural, en s\u00edmbolo do nacemento da vida, coroando a \u00e1rbore de Nadal ou o pesebre de Bel\u00e9n, a\u00ednda cando nin se so\u00f1aba coa teor\u00eda esa de que un cometa foi quen trouxo a auga \u00e1 terra e con ela toda a evoluci\u00f3n, desde os seres unicelulares ata o m\u00e1is xigante dos mastodontes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco. Poucas cousas hai tan fermosas como ver voar un papaventos. A s\u00faa beleza, con dese\u00f1os que lles fan parecer fermosas aves ex\u00f3ticas subindo polo ceo, perm\u00edtenos levar a imaxinaci\u00f3n por impensables derrotas, ata onde a corda con que a atamos nolo permite.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12410"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12410"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12410\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12413,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12410\/revisions\/12413"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12410"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12410"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12410"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}