{"id":12478,"date":"2020-09-12T06:00:03","date_gmt":"2020-09-12T06:00:03","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12478"},"modified":"2020-09-09T08:33:08","modified_gmt":"2020-09-09T08:33:08","slug":"pereza-revolucionaria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12478","title":{"rendered":"Pereza revolucionaria"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12481\" alt=\"61nXMjd5GBL\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL-193x300.jpg\" width=\"193\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL-193x300.jpg 193w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL-660x1024.jpg 660w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL-900x1395.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/61nXMjd5GBL.jpg 945w\" sizes=\"(max-width: 193px) 100vw, 193px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Non recordo quen dixo que os grandes revolucionarios da historia, cando menos os que acadaron o poder (\u00e9 conveniente puntualizalo), foron persoas moi conservadoras: en canto gobernaron, xa non quixeron m\u00e1is cambios. Pasou cos cristi\u00e1ns. Pediron ser legalizados en nome da liberdade no Imperio Romano e, pouco despois, unha vez que se converteron con Teodosio na relixi\u00f3n oficial, comezaron unha sistem\u00e1tica e violenta persecuci\u00f3n das outras confesi\u00f3ns que levou, co tempo, a esa monstruosidade da Inquisici\u00f3n. Pasou co protestantismo. <!--more-->Lutero levantouse contra a Igrexa de Roma en nome da liberdade de conciencia para interpretar a Biblia e, pouco despois, cando Calvino se fixo co poder en Xenebra, impuxo de forma ditatorial e enormemente represiva a s\u00faa doutrina como a \u00fanica v\u00e1lida. Pasou con Napole\u00f3n na revoluci\u00f3n francesa, con Stalin na revoluci\u00f3n sovi\u00e9tica&#8230;. Para que seguir. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">V\u00e9n esta reflexi\u00f3n a conto da relectura que fixen estes d\u00edas do libro <i>Castellio contra Calvino <\/i>de Stefan Zweig. Un libro que todos deberamos ler e asimilar porque as persoas como Teodosio, Calvino, Napole\u00f3n ou Stalin seguen existindo, como volvemos comprobar con exponencial frecuencia, tanto nas altas esferas da pol\u00edtica como nas r\u00faas de calquera pa\u00eds. Como \u00e9 posible que ese tipo de pol\u00edticos engaiole mill\u00f3ns de cidad\u00e1ns na s\u00faa megaloman\u00eda? Como \u00e9 posible que estudemos Historia para non repetir os erros do pasado e que os sigamos repetindo dese sinistro xeito? Cando loitaba contra o catolicismo, Calvino escribiu no seu libro m\u00e1is importante: \u201c\u00c9 un delito matar herexes. Mandalos eliminar a ferro e lume significa negar todo principio de humanidade\u201d. Despois, cando acadou o poder, non fixo outra cousa, como pode testemu\u00f1ar Miguel Servet, queimado a lume lento nunha praza p\u00fablica por querer debater sobre o misterio da trindade. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/descarga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-12482\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/descarga.jpg\" width=\"257\" height=\"196\" \/><\/a>Non sabedes a pereza que me d\u00e1 escribir textos coma este. Intelectuais de enorme prestixio e influencia dixeron o mesmo ao longo da historia, e xa vedes os resultados que obtiveron. A maior\u00eda das persoas non atende \u00e1 raz\u00f3n (esixe unha actitude activa ante a vida), sen\u00f3n ao seu instinto de supervivencia. Pensade, por exemplo, que f\u00f3semos cidad\u00e1ns na Xenebra de Calvino. Apoiariamos o seu rival humanista Castellio? Con toda seguridade, fariamos o seguinte <i>razoamento.<\/i> Se triunfa Castellio, como \u00e9 un revolucionario dem\u00f3crata convencido e boa persoa, intentar\u00e1 pasar p\u00e1xina o m\u00e1is r\u00e1pido posible pensando no benestar da cidade, e limitarase a facer unha fogueira tipo campamento de ver\u00e1n para unha r\u00e1pida reconciliaci\u00f3n. Pero, se vence Calvino, como \u00e9 un revolucionario interesado e de esp\u00edrito resentido e vingativo, m\u00e1is preocupado do seu ego que do ben com\u00fan, far\u00e1 unha fogueira tipo inferno para reducir a cinzas os \u00f3sos e as ideas dos seus inimigos. Dic\u00eddeme a verdade. A quen apoiariades?<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Non recordo quen dixo que os grandes revolucionarios da historia, cando menos os que acadaron o poder (\u00e9 conveniente puntualizalo), foron persoas moi conservadoras: en canto gobernaron, xa non quixeron m\u00e1is cambios. Pasou cos cristi\u00e1ns. Pediron ser legalizados en nome da liberdade no Imperio Romano e, pouco despois, unha vez que se converteron &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12478\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pereza revolucionaria<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12478"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12478"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12478\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12483,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12478\/revisions\/12483"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}