{"id":12558,"date":"2020-10-29T06:00:40","date_gmt":"2020-10-29T06:00:40","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12558"},"modified":"2020-10-08T16:44:53","modified_gmt":"2020-10-08T16:44:53","slug":"cartas-a-unha-lectora-a-un-lector-v","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12558","title":{"rendered":"Cartas a unha lectora, a un lector (V)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/carlo-frabetti-cervantes-chico-690x450.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12559\" alt=\"carlo-frabetti-cervantes-chico-690x450\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/carlo-frabetti-cervantes-chico-690x450-300x195.jpg\" width=\"300\" height=\"195\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/carlo-frabetti-cervantes-chico-690x450-300x195.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/carlo-frabetti-cervantes-chico-690x450.jpg 690w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Fora Carlo Frabetti quen comezou escribindo esas mensaxes para marcap\u00e1xinas con forma de libro. Fix\u00e9rao en 2008 e titulou o texto \u201cO liberespazo\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dic\u00eda (nun recorta e pega que tenta recoller as s\u00faas palabras m\u00e1is imprescindibles, e a s\u00faa idea xeral):<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u201cOs que te\u00f1en o privilexio de se converter en lectores son os afortunados beneficiarios de d\u00faas experiencias inici\u00e1ticas sucesivas. A primeira \u00e9 a descuberta de que os libros son irrepetibles caixas de sorpresas, cofres do tesouro que ao abrilos derraman no noso interior resplandecentes xemas que s\u00f3 eles conte\u00f1en, pa\u00edses das marabillas con climas e xeograf\u00edas propios. O segundo descubrimento \u00e9 que \u201co libro non \u00e9 un <i>hortus conclusus<\/i>. Os pa\u00edses das marabillas non son illas. Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil cami\u00f1os, comun\u00edcanse como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma \u00e1rbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra, o liberespazo. E, ao converternos en <i>libernautas,<\/i> accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre. Que \u00e1 s\u00faa vez nos leva, ou nos invita, aos demais \u00e1mbitos da liberdade. Porque s\u00f3 a cultura nos fai libres, como dic\u00eda Mart\u00ed. E s\u00f3 a lectura nos fai cultos\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Carlo Frabetti, \u00e9 cient\u00edfico; matem\u00e1tico, membro da Academia de Ciencias de Nova York, pero coa entrada a USA prohibida por declararse abertamente de esquerdas. Conta con m\u00e1is de medio cento de t\u00edtulos sobre diversos temas, entre os que atopamos matem\u00e1tica recreativa e adivi\u00f1as l\u00f3xicos, pero tam\u00e9n varias novelas que xiran arredor da resoluci\u00f3n de enigmas. \u00c9, ademais, autor de literatura infantil e xuvenil, e ten recibido varios premios coma o \u00faltimo Barco de Vapor (2020) coa obra <i>\u00bfQui\u00e9n quieres ser?<\/i> El \u00e9 o humanismo e a cultura en estado puro, un deses seres, que agora se reivindican, porque xonguen as ciencias e as letras. E ao mundo das letras, ten tra\u00eddo ese concepto do <i>liberespazo<\/i>. Un universo de libros onde se forman galaxias como V\u00eda L\u00e1ctea e sistemas coma o Solar, onde os libros nos levan dun a outro\u2026 e forman,\u00a0 por exemplo, as constelaci\u00f3ns literarias coas que Guadalupe Jover foi artellando un modelo para montar e desmontar, para que o profesorado contin\u00fae creando enlaces e asociaci\u00f3ns entre libros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cando Xerais me encargou realizar fichas de lectura dos seus libros de Literatura Infantil e Xuvenil, nun esforzo por articular actividades para cada unha das fases de lectura (o antes, o durante e o despois) dun determinado libro, na fase final recoll\u00edase ese \u201cDeste a outros libros\u201d. Porque cada libro \u00e9 a porta de entrada a outros; pode ser pola tem\u00e1tica, polo x\u00e9nero, polo\/a autor\/a, pola ilustraci\u00f3n, polos valores que defende, polos personaxes e referencias. As series e as sagas son a mellor demostraci\u00f3n desa fidelizaci\u00f3n do lectorado, nelas\u00a0 a relaci\u00f3n faise evidente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Fora Carlo Frabetti quen comezou escribindo esas mensaxes para marcap\u00e1xinas con forma de libro. Fix\u00e9rao en 2008 e titulou o texto \u201cO liberespazo\u201d. Dic\u00eda (nun recorta e pega que tenta recoller as s\u00faas palabras m\u00e1is imprescindibles, e a s\u00faa idea xeral):<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12558"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12558"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12558\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12560,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12558\/revisions\/12560"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12558"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12558"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12558"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}