{"id":12637,"date":"2022-09-16T06:00:36","date_gmt":"2022-09-16T06:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12637"},"modified":"2023-06-19T10:55:13","modified_gmt":"2023-06-19T10:55:13","slug":"tempos-idos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12637","title":{"rendered":"Tempos idos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Emilio Castro. <\/strong><\/em>Chove. Coma case sempre neste infindo\u00a0 inverno no que nos tocou vivir. Cento e pico de d\u00edas ao ano chove na mi\u00f1a aldea, polo menos. Ou sexa que se algu\u00e9n vi\u00f1ese de visita dous d\u00edas, un polo menos chover\u00eda. Os paxaros na mi\u00f1a aldea emiten un rechouch\u00edo fuxid\u00edo e fan un balbordo do demo<!--more--> porque saben que te\u00f1en poucos d\u00edas para ver o sol, para faceren os ni\u00f1os ou mesmo para buscaren parella. As flores son ef\u00e9meras e lembro como as abelurias estouraban nas nosas mans a\u00ednda h\u00famidas coma bufos cheirentos. Este era o territorio da mi\u00f1a infancia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A humidade f\u00edltrase pola escasa roupa que levo posta, e iso trad\u00facese nun ciclo anual de catarro, moco, febre e asma. O \u00fanico lugar quente da casa \u00e9 a lareira, pero est\u00e1 acesa s\u00f3 polas noites. Nos p\u00e9s levo uns zocos ou uns zapat\u00f3ns e m\u00e9tolles sempre uns calcet\u00edns grosos de la, tecidos \u00e1 man por mi\u00f1a nai. Non sei se ser\u00eda iso ou a falla dalgunha vitamina, o caso \u00e9 que fun moi proclive a ter nas mi\u00f1as pernas uns grans enormes cheos de pus que medraban e se po\u00f1\u00edan duros coma os cotelos das mans. Mi\u00f1a nai fac\u00eda unha mestura de herbas e unturas que lle receitaba Pepe do Cristo. Ao cabo duns d\u00edas aquel cotell\u00f3n romp\u00eda e ceibaba un l\u00edquido viscoso e fedorento que seica produc\u00eda o meu corpi\u00f1o. Non era eu s\u00f3. Hab\u00eda m\u00e1is casos na parroquia e mesmo na casa, mi\u00f1a irm\u00e1 Pacita era tam\u00e9n coleccionista de \u201c<i>negras\u201d, <\/i>\u00a0que as\u00ed era como lles chamabamos, supo\u00f1o que pola cor que \u00edan tomando.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ti\u00f1amos d\u00faas\u00a0 vaqui\u00f1as. Mi\u00f1a nai\u00a0 fac\u00edalles uns manxares exquisitos, d\u00e1balles verzas, herba e palla seca se chov\u00eda, e mesmo falaba con elas. Tardei anos en entender por que se lles fac\u00edan aquelas \u201c<i>encaldadas<\/i>\u201d \u00e1s vacas, aqueles caldeiros mouros repletos de verdura con auga quente e fari\u00f1a. Cos anos deime de conta de que as vacas, nas nosas casas e nas casas da xente daquela Galicia rural dos anos cincuenta do s\u00e9culo pasado, eran tan importantes e mesmo tan necesarias coma as persoas. Iso explicaba non s\u00f3 aquelas encaldadas, tam\u00e9n as colchas que se lles botaban por riba dos cadr\u00eds ao gando cando chov\u00eda ou as copas de augardente con que se bautizaban os cuxos acabados de nacer, e mesmo a propia situaci\u00f3n daquelas cortes tan pr\u00f3ximas \u00e1 coci\u00f1a, lugar principal de todas as casas. As vacas formaban parte de dereito das familias, escoitaban as nosas conversas e non participaban nelas por prudencia, pois entender, parec\u00eda que o entend\u00edan todo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Emilio Castro. Chove. Coma case sempre neste infindo\u00a0 inverno no que nos tocou vivir. Cento e pico de d\u00edas ao ano chove na mi\u00f1a aldea, polo menos. Ou sexa que se algu\u00e9n vi\u00f1ese de visita dous d\u00edas, un polo menos chover\u00eda. Os paxaros na mi\u00f1a aldea emiten un rechouch\u00edo fuxid\u00edo e fan un balbordo do &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12637\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tempos idos<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[108,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12637"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12637"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12637\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14862,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12637\/revisions\/14862"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12637"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}