{"id":12673,"date":"2020-11-01T06:00:08","date_gmt":"2020-11-01T06:00:08","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12673"},"modified":"2020-10-29T12:54:44","modified_gmt":"2020-10-29T12:54:44","slug":"no-aniversario-de-jose-antonio-gonzalez-capean-alvarez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12673","title":{"rendered":"No aniversario de Jos\u00e9 Antonio Gonz\u00e1lez-Cape\u00e1n \u00c1lvarez"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12674\" alt=\"Aniversario da morte. J.A.G-CA\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/Aniversario-da-morte.-J.A.G-CA.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.<\/strong>\u00a0<\/em>Na aldea somos as\u00ed. O Cabodano ten a s\u00faa importancia ata o punto de que, de novo, tocan a camp\u00e1s, para convocar a parroquia de vivos \u2013como dic\u00eda o noso p\u00e1rroco\u2013 e as\u00ed lembrar os que xa hai un ano que non est\u00e1n. Xa que non se puido facer nada hai un ano cando morreu, par\u00e9ceme que esta pode ser unha boa ocasi\u00f3n para recordar algu\u00e9n que tivo unha vida curta e alternativa, algu\u00e9n que sa\u00edu da canle da porcelana de \u00e9xito<!--more-->para asemellarse aos oleiros tradicionais e continuar por rutas inesperadas.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Cando tentei atopar algo na rede (seguramente a confirmaci\u00f3n da morte que precisaba por escrito, porque s\u00f3 iso semella real) atopei a necrol\u00f3xica e algo que te increpaba e que non vou contradicir, porque os humanos temos varios xestos que imos mostrando segundo as necesidades. Eu v\u00e9xome impulsada a debuxar o que vin.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Corr\u00eda o ver\u00e1n do noventa cando souben de ti. Avil\u00e9s d\u00edxome que chegaras \u00e1 vila e el sent\u00edase na obriga de ter man de ti, a\u00ednda que fose de lonxe. Anos despois, morto el, n\u00f3s xuntab\u00e1monos baixo a denominaci\u00f3n de Amigos de Avil\u00e9s para lembralo en marzo. Nunha daquelas planificaci\u00f3ns apareciches increp\u00e1ndonos nunha reuni\u00f3n: se conseguiamos un tradutor do galego ao chino mandar\u00edn realizar\u00edas unha exposici\u00f3n con pezas de oler\u00eda nas que estivesen inscritos poemas seus. Eu tomeite en serio porque ti\u00f1a a teor\u00eda de que todo o alternativo ti\u00f1a un punto de uni\u00f3n<span style=\"color: #ff0000;\">;<\/span> as\u00ed que, busquei ese tradutor debaixo das pedras, apareceu en Londres, pero xusto cando acababa de marchar non se sab\u00eda para onde. E, co fracaso nas mans, fun unha tarde ao teu obradoiro, conteiche as xesti\u00f3ns e reteite a facer a exposici\u00f3n interpretando os poemas con pezas. A\u00ednda non sei como (tal vez porque pensaches que a obra de Avil\u00e9s e o meu esforzo non pod\u00edan ser in\u00fatil) pero aceptaches e fixeches un traballo magn\u00edfico que s\u00f3 a mi\u00f1a dispersi\u00f3n en mil asuntos, e unha situaci\u00f3n sempre imperfecta, fixo que non acadase o resultado que correspond\u00eda. Lembro dous d\u00edas, o da inauguraci\u00f3n (despois da conversa: \u2013quen queres que presente a exposici\u00f3n? <span style=\"color: #ff0000;\">\u2013<\/span><span style=\"color: #000000;\">Si puedo pedir, el que m\u00e1s, D\u00edaz Pardo \u2013sempre ese di\u00e1logo nos dous idiomas\u2013) <\/span>con Isaac sorprendido do teu traballo e a s\u00faa heterodoxia: \u201cMoi ben, moi ben, pero o que tes que facer \u00e9 traballar con teus pais\u201d; e o d\u00eda do peche, cando nos fixeches unha visita guiada que nos deixou impresionados; uns vi\u00f1os e algunhas confesi\u00f3ns. S\u00f3 me apesara que esa parte de min, que \u00e9 quen de sentir os p\u00e9s sobre a Historia, non puidese coa outra e non che mercase a obra, por ti, pero tam\u00e9n por ter un documento \u00fanico do que fuches ti e a obra de Avil\u00e9s. Cando no 2003 se lle dedicaron as Letras Galegas volv\u00edn acudir a ti que convenciches o teu pai para facer tres pratos, un grande e dous pequenos, cadrados, nos que se recoll\u00edan versos del e das ilustraci\u00f3ns de <i>A frauta i o garamelo, <\/i>de Gonz\u00e1lez Pascual; volveuche quedar magn\u00edfico!<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Anos m\u00e1is tarde recupereite en Compostela. Non ti\u00f1amos proxectos com\u00fans pero cont\u00e1basme que andabas escribindo arredor dunha saga e eu promet\u00edn lela e dicirche algo. Nunca ma entregaches, igual a perdiches nos cami\u00f1os da vida, pero quixera lela porque seguramente a\u00ed estaba o teu universo de letras que sa\u00edran do barro.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Eu s\u00f3 recib\u00edn de ti a marabilla das marabillas da interpretaci\u00f3n da palabra amiga, e saber que nos respectabamos e nos valorabamos. S\u00f3 o bo xesto: o do afecto gratu\u00edto.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Descansa, pois, e deixa que te coiden t\u00faa nai, Avil\u00e9s e Isaac. Tes boa xente arredor; quedo tranquila.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Na aldea somos as\u00ed. O Cabodano ten a s\u00faa importancia ata o punto de que, de novo, tocan a camp\u00e1s, para convocar a parroquia de vivos \u2013como dic\u00eda o noso p\u00e1rroco\u2013 e as\u00ed lembrar os que xa hai un ano que non est\u00e1n. Xa que non se puido facer nada hai un ano cando &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12673\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">No aniversario de Jos\u00e9 Antonio Gonz\u00e1lez-Cape\u00e1n \u00c1lvarez<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,7,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12673"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12673"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12673\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12675,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12673\/revisions\/12675"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12673"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12673"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12673"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}