{"id":12703,"date":"2020-11-21T06:00:30","date_gmt":"2020-11-21T06:00:30","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12703"},"modified":"2020-11-08T12:19:42","modified_gmt":"2020-11-08T12:19:42","slug":"cartas-a-unha-lectora-a-un-lector-vii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12703","title":{"rendered":"Cartas a unha lectora, a un lector (VII)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/olganovoVII.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12704\" alt=\"olganovoVII\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/olganovoVII-284x300.jpg\" width=\"284\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/olganovoVII-284x300.jpg 284w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/olganovoVII.jpg 422w\" sizes=\"(max-width: 284px) 100vw, 284px\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Continuando co eixe de textos sobre a lectura, abandono os marcap\u00e1xinas do D\u00eda do Libro para bibliotecas escolares e voume \u00e1 p\u00e1xina do colectivo Lemos Le (formado por ensinantes, bibliotecas escolares e p\u00fablicas, librar\u00edas e escritores\/as) para seguir recollendo alg\u00fan outro texto deste tipo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Olga Novo (a autora do \u00faltimo Premio Nacional de Poes\u00eda) \u00e9 da Pobra do Broll\u00f3n e foi a primeira convidada a escribir algo sobre a lectura. <!--more-->Eu recollerei anacos dese texto, a ser posible, s\u00f3 recortando e pegando:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u201cO meu universo da infancia non ti\u00f1a libros. O meu universo da infancia ti\u00f1a vacas. O meu cuarto estaba xusto enriba da corte e escoitaba nas fr\u00edas noites do inverno, tapada ata os olli\u00f1os, o son das cadeas \u00e1s que estaban presas as vacas e o\u00eda os seus bufidos, a s\u00faa respiraci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O caso \u00e9 que aquel meu cuarto, xa na mocidade, empezou a albergar alg\u00fans libros, exemplares de poes\u00eda, libros de historia, manuais de feminismo, biograf\u00edas, novelas de Tolstoi e Flaubert, humildes edici\u00f3ns baratas dos cl\u00e1sicos, libros mercados cos aforri\u00f1os e libros regalados con xenerosidade, xoia do ouro do pracer m\u00e1is prezado; e a inmensa biblioteca entraba no meu cuarto polos so\u00f1os. Eu acari\u00f1aba aqueles libros coma se fosen xentes queridas e debruzada na madrugada sobre as s\u00faas p\u00e1xinas viaxei polo mundo sen sa\u00edr da pequena aldea, do pequeno cuarto, da pequena cama desde onde o\u00eda respirar as vacas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E as\u00ed foi como aqueles libros do meu cuarto recibiron o profundo perfume das vacas que viv\u00edan xusto debaixo e o tecido de papel impregnouse para sempre daquel olor.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Escribiu, o texto, \u00a0en 2014 e resultou ser unha autopo\u00e9tica porque nel explica a esencia da s\u00faa obra: a alta cultura universal impregnada polo mundo propio, labrego e pobre, case medieval. O mundo das vacas, o noso animal tot\u00e9mico, o que mellor nos define con esa mansedume do profundar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A que, para min, \u00e9 a mellor voz da nosa poes\u00eda actual, sintetiza da maneira m\u00e1is sinxela o que vai dar lugar \u00e1 s\u00faa obra de creaci\u00f3n, as fontes das que bebe e as colleitas que a alimentan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">C\u00f3ntanos como dende o propio, sen perder nada do que se \u00e9, sen avergo\u00f1arse de nada do que nos constr\u00fae, se pode chegar \u00e1 literatura universal e po\u00f1er unha voz no concerto do mundo. Se duramos, veremos a s\u00faa poes\u00eda nas grandes antolox\u00edas universais e sentiremos orgullo de que non nos negou sen\u00f3n que, polo contrario, fixo unha xoia con nome propio coas corres da nosa lingua e da nosa cultura. Ser unha, cun p\u00e9 en cada mundo, ser sen deixar de ser, ser sen impostura. Chegar \u00e1s universidades de Europa sen abandonar a nena labrega que dorme nun cuarto sobre a corte das vacas, e volver a esa casa traendo o arrecendo das exquisitas flores das Academias que non desd\u00edn das que nacen nos nosos xard\u00edns, ou mellor, nas nosas hortas, nas que sempre unimos o \u00fatil, o de comer a beleza que recollemos para levarllas aos mortos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A autenticidade \u00e9 o que percibimos cando lemos os seus poemas, pero tam\u00e9n nas s\u00faas colaboraci\u00f3n para <i>Luzes<\/i> na secci\u00f3n \u201cO bosque dos cromosomas\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Continuando co eixe de textos sobre a lectura, abandono os marcap\u00e1xinas do D\u00eda do Libro para bibliotecas escolares e voume \u00e1 p\u00e1xina do colectivo Lemos Le (formado por ensinantes, bibliotecas escolares e p\u00fablicas, librar\u00edas e escritores\/as) para seguir recollendo alg\u00fan outro texto deste tipo. Olga Novo (a autora do \u00faltimo Premio Nacional de Poes\u00eda) &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12703\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Cartas a unha lectora, a un lector (VII)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,69,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12703"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12703"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12703\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12705,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12703\/revisions\/12705"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12703"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12703"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12703"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}