{"id":12722,"date":"2020-11-20T06:00:45","date_gmt":"2020-11-20T06:00:45","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12722"},"modified":"2020-11-16T12:50:54","modified_gmt":"2020-11-16T12:50:54","slug":"so-unha-hora-recordos-en-tren-de-ignacio-castro-sobre-isaac-diaz-pardo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12722","title":{"rendered":"S\u00f3 unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac D\u00edaz Pardo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/220px-DiazPardo_Isaac_en_Castro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-12723 alignleft\" alt=\"220px-DiazPardo_Isaac_en_Castro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/220px-DiazPardo_Isaac_en_Castro.jpg\" width=\"220\" height=\"275\" \/><\/a><em><strong>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em>Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente m\u00e1is. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. Distintos pasaxeiros que non nos co\u00f1ecemos compartimos en silencio o pequeno traxecto, non tan pequeno, entre A Coru\u00f1a e Santiago. Aburrimento, choiva, paradas, traqueteo, paisaxes rachadas. Miradas cruzadas e algunhas palabras corteses, as xustas, de cumprido. Cada un de n\u00f3s vai sumido nos seus pensamentos propios, coa t\u00edpica atenci\u00f3n flotante propia dunha viaxe.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aos poucos faise notar no vag\u00f3n un personaxe, un home maduro que empeza a destacar no grupo, diante da paisaxe que circula. A\u00ednda non moi entrado en anos, este home \u00e9 enxoito e en\u00e9rxico. Apaixonado, falador, convencido, a\u00ednda que cun punto de empat\u00eda e calor que non ofende. Axi\u00f1a est\u00e1 a falar sen parar cunha moza que manifesta un interese crecente polas s\u00faas palabras, mentres el explica con vehemencia as s\u00faas m\u00faltiples ideas sobre a vida, a morte, a pol\u00edtica, a arte, a historia de Galicia e algunhas das s\u00faas figuras p\u00fablicas. Pero a vida, sobre todo a vida \u00e9 o seu tema. Pasaron d\u00e9cadas e a\u00ednda se conserva viva esa franqueza, propia dos seres humanos que viviron intensamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Chama a atenci\u00f3n o interese animado da moza e, sobre todo, a autoridade desenvolta coa que este home de mundo se expresa, sen abandonar nunca certa iron\u00eda e un bo sentido do humor. Coma se pasase por moitos sitios e vivido moitas cousas, moi por encima da s\u00faa idade, este home adulto debulla o seu saber e as s\u00faas convicci\u00f3ns, rompendo o tedio da tarde.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non recordo nin unha soa das s\u00faas moitas afirmaci\u00f3ns, pero si o halo daquela sabedor\u00eda, expresada ademais con soltura e fervor. Pasaron moitos anos e mantense viva na memoria esa impresi\u00f3n de espontaneidade, enerx\u00eda e paix\u00f3n. Este home desco\u00f1ecido manifesta unha enorme elocuencia, a\u00ednda que d\u00edas m\u00e1is tarde alg\u00fans comprobamos que se trataba de Isaac D\u00edaz Pardo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un impresionante saber acumulado e unha libre capacidade para expresalo. Daquel home delgado agromaba a riqueza de pensamento, a vigorosa variedade de quen ten de fondo <i>unha soa<\/i> idea, <i>unha<\/i> soa experiencia. E ten que obedecela. Coma se a natureza puidese nel m\u00e1is a\u00ednda que a cultura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antes e agora a xente cala, inh\u00edbese, pasa polas situaci\u00f3ns seguindo a lei dun m\u00ednimo esforzo que non lle comprometa en nada. Non el. Este home \u00e9 doutra pasta. Non ten reparo en dicir o que pensa, sobre m\u00faltiples cousas, e dio con tal experiencia que non s\u00f3 a s\u00faa interlocutora acaba subxugada, sen\u00f3n que o compartimento enteiro segue con atenci\u00f3n a fluidez dun universo para n\u00f3s novo. O mestre fala convencido pero sen afectaci\u00f3n, coma se as s\u00faas palabras fosen de calquera e non tivesen maior importancia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Carpe\u00a0 diem<\/i>. Cos anos queda a impresi\u00f3n do compromiso en <i>acto<\/i> dun s\u00f3 home que esgota o momento, coma se fose o \u00fanico. Tam\u00e9n queda o recordo dun saber que nace da intensidade do vivido e desborda calquera disciplina. No deserto daquela tarde, ritmando o vaiv\u00e9n mental da viaxe, un eco de todo o que poderiamos chegar a saber apropiouse dunha hora. M\u00e1is tarde saber\u00eda que ese era home era <i>algu\u00e9n<\/i>, todo un personaxe do debate cultural da \u00e9poca. Pero xa digo, porque algo do afora com\u00fan falaba nel.<\/p>\n<p>Ignacio Castro Rey. M\u00e9xico, 30 de agosto de 2020<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente m\u00e1is. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. Distintos pasaxeiros que non nos co\u00f1ecemos compartimos en silencio o pequeno traxecto, non tan pequeno, entre A Coru\u00f1a e Santiago. Aburrimento, choiva, paradas, traqueteo, paisaxes rachadas. Miradas cruzadas e &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12722\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">S\u00f3 unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac D\u00edaz Pardo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12722"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12722"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12722\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12726,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12722\/revisions\/12726"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12722"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12722"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12722"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}