{"id":12807,"date":"2020-11-29T06:00:31","date_gmt":"2020-11-29T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12807"},"modified":"2020-11-28T20:03:46","modified_gmt":"2020-11-28T20:03:46","slug":"cartas-a-unha-lectora-a-un-lector-viii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12807","title":{"rendered":"Cartas a unha lectora, a un lector (VIII)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12808\" alt=\"VIII\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII-900x506.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/VIII.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>No ano 2015 Xabier Quiroga, que naceu en Escair\u00f3n (O Savi\u00f1ao), escribe para o colectivo Lemos. Le un texto que titula \u201cA mi\u00f1a biblioteca, mi\u00f1a casa\u201d. Nel, despois de pasar revista \u00e1s casas da s\u00faa infancia, onde non hab\u00eda libros, vainas numerando.<!--more--> Na segunda atopa as palabras do relato: \u201cMeu irmao e mais eu escoitamos as primeiras historias que contaban vellos moi vellos que sab\u00edan o que sabe a idade das cousas que pasan. Mentres com\u00edan do que hab\u00eda e beb\u00edan vi\u00f1o novo, falaban de lobos e de aparecidos, de amores e de vinganzas, da vida e do que esta carreta. Non hab\u00eda libros, pero si a palabra\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dende a cuarta atopa o ultramarinos no que \u201capareceu como por encanto un expositor deses de varillas met\u00e1licas que xiran desde un eixo vertical e que ti\u00f1a algo que, como a chispa acende na palla seca, acendeu o meu max\u00edn: libros. Novelas, mellor dito. (\u2026) Era eu rapaz inocente e indeciso e lembro que pasei moitas horas de varios d\u00edas como pasmado diante dese expositor ao que lle daba voltas e m\u00e1is voltas para escoller un \u00fanico libro. O primeiro. E ser\u00eda naquela desaparecida colecci\u00f3n Reno de novelas baratas e autores tan desco\u00f1ecidos, que eu imaxinaba doutra galaxia, onde descubr\u00edn o engado. Nesa colecci\u00f3n e nesa tenda que axi\u00f1a pechou merquei eu o meu primeiro libro, certo. Pero logo de lelo, de devoralo, como o pirata que quere agochar o seu tesouro, coloqueino naquel estante da casa que mi\u00f1a nai deixara baleiro. Ese foi o primeiro. Logo vir\u00edan m\u00e1is, todos os que puidemos. E desde al\u00ed, vendo as terras de Lemos, meu irmao e mais eu lemos. Lemos mirando Lemos nesa nosa primeira biblioteca. E coa biblioteca que iniciamos e que se ir\u00eda enchendo aos poucos, a casa pareceu m\u00e1is casa e o max\u00edn puido voar sen remedio.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Porque ese libro era o primeiro e ese estante a primeira biblioteca, que foron completando coma un \u00e1lbum de cromos. A\u00ed ani\u00f1a parte deles, dese \u201cn\u00f3s\u201d que son el e seu irm\u00e1n, dous xemelgos dunha estirpe da palabra. Xabier, novelista, autor das grandes novelas que semellan continuar o naturalismo de Pardo Baz\u00e1n, nesa crueldade que se asenta nos arredores da Ribeira Sacra. Carlos, poeta, a\u00ednda que traballando en todas as leiras da creaci\u00f3n: narrativa, teatro e ensaio no que nos entregou a \u00faltima obra sobre as orixes galegas de Fernando Pessoa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A biblioteca \u00e9 o cuarto propio, a casa de todo escritor e escritora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A biblioteca propia. Eses libros recollidos ao longo da vida, despois daquel primeiro que podemos lembrar (cal era e como chegou a n\u00f3s, en que momento da nosa vida), agora demor\u00e1monos na visi\u00f3n dos libros que foron chegando a ese espazo que \u00e9 a casa interior. Libros, que a mi\u00f1a xeraci\u00f3n garda con esmero. Ata o punto de que te\u00f1o un compa\u00f1eiro que vai mercando as vellas casas da aldea e os alboios, para reconvertelas en bibliotecas porque se sente incapaz de desfacerse deles. As\u00ed, constr\u00fae casas para os libros. Non son coma as casas de bonecas, pequenas, xogando co diminuto, non. Estas son casas de xente que se converten en casas de libros, porque eles as habitan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0No ano 2015 Xabier Quiroga, que naceu en Escair\u00f3n (O Savi\u00f1ao), escribe para o colectivo Lemos. Le un texto que titula \u201cA mi\u00f1a biblioteca, mi\u00f1a casa\u201d. Nel, despois de pasar revista \u00e1s casas da s\u00faa infancia, onde non hab\u00eda libros, vainas numerando.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12807"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12807"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12807\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12809,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12807\/revisions\/12809"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12807"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12807"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12807"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}