{"id":13016,"date":"2021-01-28T06:00:26","date_gmt":"2021-01-28T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13016"},"modified":"2021-01-23T10:10:44","modified_gmt":"2021-01-23T10:10:44","slug":"aproximacions-a-manoel-antonio-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13016","title":{"rendered":"Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/manuel-antonio-perez-sanchez.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-13017\" alt=\"manuel-antonio-perez-sanchez\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/manuel-antonio-perez-sanchez.jpg\" width=\"200\" height=\"268\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Como promet\u00edn, sigo compartindo con v\u00f3s as mi\u00f1as reflexi\u00f3ns sobre o libro de Xos\u00e9 Lu\u00eds Axeitos <i>Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio <\/i>(editorial Ax\u00f3uxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaraci\u00f3n. A\u00ednda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasi\u00f3ns, no sentido de que me daba a impresi\u00f3n de que criticaba alg\u00fans aspectos da mi\u00f1a biograf\u00eda sobre o poeta rianxeiro. Por moitas raz\u00f3ns, pero, basicamente, por unha. Te\u00f1o lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas cr\u00edticas s\u00f3 encaixan co meu libro. <!--more-->Como non quero que o lector pense que son un tipo que cre que o mundo xira ao redor de min, anticipo tam\u00e9n que, sexa ou non certa esa suposici\u00f3n, \u00e9 o de menos. O \u00fanico importante son os argumentos, e que o lector non perciba nesta cr\u00edtica acritude ningunha. S\u00f3 busco compartir a mi\u00f1a experiencia de bi\u00f3grafo coa do profesor Axeitos, por se podo axudalo en algo, como el me axudou a min coa coidada e met\u00f3dica publicaci\u00f3n da obra e do epistolario de Manoel Antonio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 No primeiro texto que escrib\u00edn en Caf\u00e9 Barbantia manifestaba a mi\u00f1a sorpresa de que ao profesor Axeitos non lle chamase a atenci\u00f3n que Manoel Antonio non reaccionase iradamente ante as manipulaci\u00f3ns que \u00c1nxel Casal fixo do seu manuscrito de <i>De catro a catro. <\/i>Agora voume centrar nunha desas afirmaci\u00f3ns que me uliron a cr\u00edtica ao meu libro, entre outras raz\u00f3ns, porque \u00e9 moi estra\u00f1o que Axeitos, sempre tan rigoroso, non aclare a quen llelas dirixe, e porque estou convencido (quero ser totalmente sincero) de que non facer ningunha referencia \u00e1 mi\u00f1a biograf\u00eda \u00e9 unha decisi\u00f3n premeditada e consciente. A afirmaci\u00f3n en concreto \u00e9 esta: <i>Temos expresado en numerosas ocasi\u00f3ns a especial esixencia e a intensa paix\u00f3n coa que Manoel Antonio tratou a s\u00faa obra literaria<\/i>. (&#8230;) <i>Estas preocupaci\u00f3ns, que formaban parte da s\u00faa po\u00e9tica e que se mantiveron desde tempos adolescentes ata a s\u00faa morte, est\u00e1n acreditadas tanto epistolarmente como na propia creaci\u00f3n po\u00e9tica e te\u00f1en unha decisiva importancia para entrar nas intimidades do poeta. Porque anuncian e modelan ao mesmo tempo unha asc\u00e9tica creativa e unha certa moral de traballo que necesariamente proxectan tam\u00e9n unha conducta socio-pol\u00edtica de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribu\u00eddos arbitrariamente a Manoel Antonio. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Como xa dixen no anterior texto, coincido con Axeitos coa primeira afirmaci\u00f3n desta cita. Sorpr\u00e9ndeme moito o que di sobre as intimidades do poeta, pero prefiro deixar este aspecto para outra ocasi\u00f3n. A\u00ednda as\u00ed, antes de entrar no tema que agora vou abordar (eses sentimentos corrosivos&#8230;), quixera facer unha precisi\u00f3n metodol\u00f3xica, pois considero que \u00e9 imprescindible para entender a forma de razoar de Axeitos e o que, ao meu entender, \u00e9 o marco de prexu\u00edzos no que se move. Ref\u00edrome a ese salto que d\u00e1 desde afirmaci\u00f3ns de feitos contrastados (neste caso, preocupaci\u00f3ns acreditadas epistolarmente e na creaci\u00f3n po\u00e9tica) a afirmaci\u00f3ns ideol\u00f3xicas (conduta-sociopol\u00edtica de perfeccionamento). \u00c9 o mesmo que fac\u00edan os te\u00f3logos medievais. Da existencia natural do mundo deduc\u00edan necesariamente (necesariamente tam\u00e9n di Axeitos) a existencia dun Creador sobrenatural bondadoso e perfecto. \u00a0Como acabamos de ver, Axeitos deduce do <i>natural <\/i>perfeccionamento literario de Manoel Antonio, o perfeccionamento <i>sobrenatural<\/i> da s\u00faa conduta \u00e9tica e pol\u00edtica. Ou acaso quere dicir Axeitos que debemos deducir necesariamente de todo escritor perfeccionista e apaixonado coa s\u00faa obra unha conduta socio-pol\u00edtica de perfeccionamento incompatible con sentimentos corrosivos? Como ben comprender\u00e1 o lector, ser\u00eda absurdo. Pero a\u00ednda m\u00e1is. Como xa deixei claro no anterior texto, Axeitos ignora todos os datos ou feitos que refutan as s\u00faas hip\u00f3teses. Un grave erro metodol\u00f3xico no que cae con frecuencia, e que, dado o rigor co que adoita traballar, s\u00f3 pode ser inconsciente, e por iso me animo a revelarllo: para que, se o ten a ben, o valore, e poida as\u00ed evitar esa \u00a0impresi\u00f3n que nos d\u00e1 aos lectores de que primeiro chegou por fe \u00e1 conclusi\u00f3n de que Manoel Antonio ti\u00f1a que ser divino e, xa que logo, perfecto \u2014chega a dicir que <i>Pero Manuel Antonio non ment\u00eda nunca<\/i> (&#8230;)\u2014, e, de seguido, ded\u00edcase a investigar, non para saber como era realmente Manoel Antonio, sen\u00f3n para consolidar o seu prexu\u00edzo inicial. Porei un exemplo. Lendo o epistolario de Manoel Antonio descubro que lle chama covarde e verdugo da xustiza a Dieste por estar na guerra de \u00c1frica loitando co ex\u00e9rcito espa\u00f1ol nunha guerra colonial, e deduzo que Manoel Antonio ten unha conduta socio-pol\u00edtica de perfeccionamento (pacifista, anticolonialista, antep\u00f3n a Xustiza \u00e1 amizade), pero sigo investigando e descubro que na mesma \u00e9poca en que escribe esa carta, el, para conseguir a exenci\u00f3n, estalles a facer regalos aos mandos dese ex\u00e9rcito, mesmo pon cartos para darlles un banquete, e compra o uniforme pois acaba matricul\u00e1ndose na Escola militar de Santiago. Que debo facer? Ocultar este \u00faltimo dato para que non estrague a mi\u00f1a hip\u00f3tese ou buscar unha hip\u00f3tese alternativa que me permita explicar dous feitos tan contraditorios? Non creo que o lector, nin o propio Axeitos, te\u00f1an d\u00fabidas de que debe facer un bi\u00f3grafo serio e honrado consigo mesmo e, sobre todo, cos lectores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 En fin. \u00c9 encomiable a devoci\u00f3n que Axeitos ten por Manoel Antonio. Mesmo me provoca esa tenrura que sinto cada vez que vexo unha nai entregada as vinte catro horas do d\u00eda a un fillo. E, debo reco\u00f1ecelo, cando o leo, experimento unha sa envexa. Eu tam\u00e9n son devoto de Manoel Antonio, pero te\u00f1o a desgraza, parafraseando a Arist\u00f3teles, de ser m\u00e1is devoto da verdade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 (Que me desculpe o lector. Os sentimentos corrosivos atribu\u00eddos arbitrariamente a Manoel Antonio temos que deixalos para outro d\u00eda).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Como promet\u00edn, sigo compartindo con v\u00f3s as mi\u00f1as reflexi\u00f3ns sobre o libro de Xos\u00e9 Lu\u00eds Axeitos Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio (editorial Ax\u00f3uxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaraci\u00f3n. A\u00ednda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasi\u00f3ns, no sentido de que me &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13016\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio (II)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13016"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13016"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13016\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13018,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13016\/revisions\/13018"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13016"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13016"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13016"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}