{"id":13117,"date":"2021-02-13T06:00:58","date_gmt":"2021-02-13T06:00:58","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13117"},"modified":"2021-02-13T08:27:08","modified_gmt":"2021-02-13T08:27:08","slug":"a-soidade-do-violador-de-fondo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13117","title":{"rendered":"A soidade do violador de fondo"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13118\" alt=\"0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7-191x300.jpeg\" width=\"191\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7-191x300.jpeg 191w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7-655x1024.jpeg 655w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/0ffdfe87e73dd0e5abaebdba30141588f12bdba7.jpeg 1664w\" sizes=\"(max-width: 191px) 100vw, 191px\" \/><\/a>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em><\/span><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: medium;\">&#8220;A vida rugosa, \u00e1spera e case sempre mesqui\u00f1a, e de tempo en tempo un raio de luz&#8221;.\u00a0<\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Co\u00f1ec\u00edn a Ariana Harwicz (Bos Aires, 1977) por unha entrevista recente contra a correcci\u00f3n pol\u00edtica e a arte infame que xera. Con esa breve bagaxe entrei no \u00faltimo que atopei dela, <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> (Anagrama, 2019). Cunha actitude inicial un tanto esc\u00e9ptica, dada a desconfianza que a alg\u00fans nos produce o \u00e9xito, decontado nos atopamos cunha linguaxe moi rica e concisa para narrar, precisamente, a extrema miseria do noso mundo.<!--more--> Alg\u00fans dir\u00edan que pode haber desde o comezo concesi\u00f3ns ao que se chamou <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>pornomiseria<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, pero o foco de Harwicz non se fixa nos outros, nos de sempre, sen\u00f3n no <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>noso<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> mal. Axi\u00f1a conmove a secura da s\u00faa escritura, dunha crueldade sobria, minuciosa, encartada paso a paso aos escenarios da vida m\u00e1is escura. Talvez isto non se pode finxir. De maneira que a traballosa construci\u00f3n de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> nin sequera parece unha \u201cconstruci\u00f3n\u201d, de apertada que est\u00e1 aos intersticios dun sufrimento innomeable.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: large;\">\u00c9 talvez secundario se o labir\u00edntico mon\u00f3logo do seu protagonista sen nome, acusado de violar e matar unha nena, o fai finalmente inocente ou culpable. O que parece crucial nesta historia, e \u00e9 o que m\u00e1is doe, \u00e9 a furia hip\u00f3crita dunha sociedade que estimula por todas as partes a perversi\u00f3n para despois alegrarse co seu castigo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Ao principio poder\u00eda pensarse que Harwicz usa a carnaza de moda, cun \u201c sobado\u201d que xa aparece na cuarta li\u00f1a e un rexistro de s\u00f3rdidos abusos que se mant\u00e9n. Aparentemente, ning\u00fan tema de moda na nosa apocalipse \u00e9 alleo \u00e1s s\u00faas pouco m\u00e1is de cen p\u00e1xinas: a pedofilia, os vellos verdes, os pais aberrantes, o aparente horror s\u00f3rdido que son os adultos, particularmente o home. E os pobres fillos, &lt;ventr\u00edlocuos de pap\u00e1 e mam\u00e1&gt;. At\u00e9 aparece, axi\u00f1a, o sufrimento xudeu e o t\u00edmido intento de boicot ao actual estado de Israel. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> non deixa ningunha das pistas que pode facer un libro moi vendible. Pero isto Harwicz faino moi ben, con toda a crueza do mundo, con autenticidade e sen vergo\u00f1a, como seica s\u00f3 unha muller se pode atrever: &lt;As nenas saborean que lles metan man e m\u00e1is cando se trata dun mozo que lles gusta\u2026 moitas fanse as inocentes pero no fondo son mulleres e p\u00f3delles gustar tanto un mozote coma un se\u00f1or, o salvaxe non distingue&gt; ( p. 95). Que home se atrever\u00eda a escribir algo as\u00ed, a\u00ednda po\u00f1\u00e9ndoo en boca doutro? Se o autor fose masculino, probablemente sair\u00eda despedido da visibilidade e o \u00e9xito cara aos sumidoiros da m\u00e1is irreversible condena.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Non Harwicz, que mant\u00e9n impasible o ritmo seco e duro da linguaxe, elegantemente s\u00f3rdido. Decontado <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> am\u00f3sanos a clandestinidade das vidas actuais, a tristeza dunha biograf\u00eda calquera, coma a orixe do que chamamos \u201cvicios\u201d. Sen que por iso a autora xustifique nada. Lim\u00edtase a tomar nota dun soliloquio arrepiante. Moi pronto, <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>espertar e ser vello<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">: &lt;Morrer aos noventa, morrer despois dunha vida ordenada, sacar o lixo, meter o lixo, pagar impostos e dar de comer ao gato&gt;. Harwicz parece describir a posibilidade de que o celebrado benestar sexa a nosa forma de xenocidio, a\u00ednda que a c\u00e1mara lenta e no medio de risas enlatadas e un baile de poses. A verdade, non vemos isto todos os d\u00edas.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Pronto o &lt;ardor sen duraci\u00f3n&gt; do acusado e os veci\u00f1os que tiran pedras. Por momentos, a novela lembra algunhas obras sobre a fereza da manda humana, al\u00ed onde se desata contra quen sexa desagradable e ademais pareza ca\u00eddo do lado do mal. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>El extranjero<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> de Camus ou <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Desgracia<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> de Coetzee, poder\u00edan ser exemplos. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00e9 m\u00e1is amarga que <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>La caza <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">de Th. Vinterberg, pois aqu\u00ed non hai ningu\u00e9n inocente; nin sequera o acusado, menos a\u00ednda os acusadores. O centro de gravidade est\u00e1 noutra parte. Se hai centro, ter\u00eda que ver cunha desolaci\u00f3n que se estende, asolag\u00e1ndoo todo. Xustificando o horror duns con o dos outros? Non, non exactamente.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Ariana-Harwicz-1920.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13119\" alt=\"Ariana-Harwicz-1920\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Ariana-Harwicz-1920-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Ariana-Harwicz-1920-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Ariana-Harwicz-1920.jpg 420w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>&lt;Vostedes non poden tolerar que morrese unha nena sen que haxa un asasino, sen que ese asasino te\u00f1a odio racial, sen ter a quen vingar&gt;. \u00c9 certo que diante do pesimismo de Harwicz acerca desta \u00e9poca, e da condici\u00f3n humana, pode quedar unha reserva de d\u00fabida. S\u00f3 hai v\u00edtimas e verdugos entre n\u00f3s? Peor a\u00ednda, v\u00edtimas que son \u00e1 vez verdugos, verdugos que son \u00e1 vez v\u00edtimas? \u00c9 este o legado de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">? Se as s\u00faas novelas nacen deste escuro tronco de d\u00fabida, parece que Ariana Harwicz non tivo unha experiencia moi radiante da nosa normalidade. A premiada <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>M\u00e1tate, amor<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, dito sexa de paso, tampouco parece ser o t\u00edtulo dunha novela f\u00e1cil e rom\u00e1ntica. O grave \u00e9 que, en boa medida, un non pode m\u00e1is que asentir neste pesimismo, talvez como punto de arranque doutra moralidade. Non saboreamos por esta raz\u00f3n a Dostoievski e a Ch\u00e9jov? A Walser, a Lispector, a S\u00e1bato. S\u00f3 unha visi\u00f3n de apocalipse pode salvarnos da nosa falsa e paralizante cobertura total.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Pobres nais, mesmo con &lt;o que lles fixeron aos seu fillos&gt;. Que salvar\u00eda Harwicz deste mundo noso, onde ela, eu e vostedes somos tam\u00e9n responsables? Porque a s\u00faa novela, insisto, non parece soamente un excelente exercicio literario. Como <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> non se preocupa dos signos de puntuaci\u00f3n cl\u00e1sicos, non se sabe moi ben quen fala en cada caso. Case sempre parece ser o claroscuro do protagonista, cuxo nome nin aparece. E non importa, o discurso \u00e9 suficientemente contundente: &lt;Eu son o principal responsable&gt;. Pero os seus fillos, os de vostedes, a\u00ednda con cueiros e na escola, &lt;xa son criminais&gt;. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Todos<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, preguntariamos de novo, tam\u00e9n a autora e eu somos criminais? \u00c9 posible, non hai que descartar nada. Fago estas preguntas porque nin se pode imaxinar, tal e como escribe esta muller, que nesta novela se trate s\u00f3 de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>ficci\u00f3n<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, nin sequera unha ficci\u00f3n moi ben feita.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Un non ten precisamente en alta estima esta sociedade tan encantada de terse co\u00f1ecido, m\u00e1is a\u00ednda que outras. De Bos Aires e Barcelona a Par\u00eds, de Chicago a Londres e Tel-Aviv, moitos odian a nosa soberbia autista, esta violencia democraticamente <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>felpada<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. Alg\u00fans tampouco adoramos, sen m\u00e1is, a condici\u00f3n humana, entendida mesmo da maneira m\u00e1is afastada posible do que chamamos, con farta frivolidade, \u201ccapitalismo\u201d. <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Capitalismo<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, coma se iso non fose algo de cada un de n\u00f3s. D\u00edxose que a caza encarnizada do suposto criminal, esta febre actual por saber, perseguir e xulgar, brinda a esta humanidade indescritible un <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>suced\u00e1neo de inocencia<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. &lt;C\u00e1rganme o alcume de pederasta, de islamof\u00f3bico, de evasor fiscal. Eles mesmos son os que veneran aos que provocan derrubes para ver as execuci\u00f3ns, son os que van \u00e1s corridas de touros e agarran \u00e1s <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>jovencitas<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> polo cona&gt;.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">De acordo. No cat\u00e1logo dos nosos horrores oficiais non pod\u00edan faltar as corridas de touros. Agora ben, pregunto con d\u00fabidas sobre min mesmo, non \u00e9 todo demasiado perfecto, demasiado <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>correctamente incorrecto<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, talvez para lograr impactar? \u00c9 posible que sexamos inxustos nesta reserva, pois nin sequera co\u00f1ecemos as primeiras novelas da autora. O caso \u00e9 que <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">segue impresionando: &lt;Sempre a carro\u00f1a poscrime fai o resto. O que levanta a cervexa e brinda a copa en sangue\u2026 as\u00ed que nin esperen que me largue a chorar&gt;. Mexar, durmir, exacular. C\u00e9line e Genet son admirados, di Harwicz, sobre todo porque est\u00e1n <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>mortos<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. Pero Haneke tam\u00e9n \u00e9 admirado, a\u00ednda que alg\u00fans o odiemos por <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>traficar<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> e facerse rico co horror dos outros. E non est\u00e1 morto.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Hai ou non en toda esta novela un excesivo un resaibo pola ro\u00f1a, polo &lt;sucio secretito&gt; tan franc\u00e9s? Non sei, outra marxe de d\u00fabida. Pode haber algo dunha hipersensibilidade xud\u00eda que, desde unha venerable transcendencia moi real, ve este mundo bastante pr\u00f3ximo \u00e1 Apocalipse. Pode ser ese o caso de Canetti, de Primo Levi, de Tiqqun\u2026 Lembran? En todo caso, rep\u00edtome, non parece f\u00e1cil que se trate <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> dun traballo literario moi ben feito, sen\u00f3n dun espanto real diante do devir do mundo. Non o dos outros, sen\u00f3n o noso. Ademais, a s\u00faa linguaxe \u00e9 tan precisa, tan parca e cinguida ao t\u00e9trico dalgunhas escenas coti\u00e1s, que non parece facilmente inventado. Igual que en Onetti e en Rulfo, non se ve o artificio. Parece sen m\u00e1is unha historia real, coa verosimilitude dunha vida ferida <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>manando<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, tomando a palabra.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Outra pregunta, feita sen co\u00f1ecer outras novelas de Harwicz. Poder\u00eda facer ela algo sen desolaci\u00f3n? Que ter\u00eda que narrar se a vida non fora tan triste, tan rota?: &lt;Choro, choro, durmo cos zapatos na man como cando ti\u00f1a que bailar dando brincos no sal\u00f3n para que pap\u00e1 e mam\u00e1 deixasen de pelexar&gt;. Joyce fai a inmensa catedral que \u00e9 o <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Ulises<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, e Lispector constr\u00fae <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Aprendizaxe<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, sen que haxa unha soa pinga de horror. Quero dicir, ningunha distinta ao horror inimputable que \u00e9 vivir.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00c9 posible que Harwicz estea neste plano. Traxic\u00f3mica, infestada cun humor m\u00e1is que negro, <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> \u00e9 tam\u00e9n unha elex\u00eda sobre a crueldade, normalmente escondida, do mundo. Lembran <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>13\u201999 euros<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, de F. Beigbeder? Algo as\u00ed, anotando o fondo infinitamente \u201c totalitario\u201d da vida, mergullado baixo a norma de calquera sociedade. &lt;Os latinos monos danzantes con tetas e cus. Eu, eu, eu. E todo o mundo \u00e9 igual nun sistema que exalta a diferenza&gt;. Pero antes: &lt;Gustouche m\u00e1is porque era negra, asa\u00f1\u00e1cheste porque era negra, o europeo educado e selecto ao que lle brota de s\u00fapeto toda a violencia aria&gt;. Atrever\u00edase a dicir <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>europea<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, no canto de europeo? Probablemente, pero Harwicz non o fixo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif; font-size: large;\">&lt;Non podo nin sentir piedade\u2026 O mundo volto decorado lunar&gt;. \u00c9 aut\u00e9ntica esta rabia danzante? Xa sei que \u00e9 unha pregunta impertinente, extra-literaria. Pero \u00e9 que esta obra \u00e9 tan primaria que potencia ese tipo de preguntas vulgares: &lt;Anox\u00e1cheste, lapid\u00e1chela co pu\u00f1o. Nese almorzo empecei a tatexar&gt;. De acordo, absolutamente, no repaso do noso falso manique\u00edsmo: &lt;Hai que animarse a pensar menos no violador coma un monstro e m\u00e1is no acusador coma un experto ventr\u00edlocuo&gt;. A persoa Harwicz estar\u00e1 de acordo, seguro? Ou s\u00f3 \u00e9 literatura? Desculpen a reiteraci\u00f3n da d\u00fabida moralista.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/descarga1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-13120\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/descarga1.jpg\" width=\"183\" height=\"275\" \/><\/a>Momentos da <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Laranxa mec\u00e1nica<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, cando cablean ao protagonista para estudar as s\u00faas reacci\u00f3ns. Momentos tam\u00e9n de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Eichmann en Xerusal\u00e9n<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">, cando se amosa a median\u00eda \u00edntima, o sufrimento lento, o drama familiar do suposto monstro. O peor de cada asasino, de cada monstro (tam\u00e9n Stalin e Hitler, dic\u00eda Sokurov) \u00e9 que ao final se trata dun ser humano calquera, sexa culpable ou non. E isto \u00e9 en verdade o peor, case inimaxinable: ningu\u00e9n, tampouco o m\u00e1is abxecto, \u00e9 un monstro vido doutro mundo. Foi criado entre n\u00f3s.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> \u00e9 unha colecci\u00f3n de infortunios, un Vadem\u00e9cum da gravidade do mal que, baixo esta banalidade programada, afectounos ata o tu\u00e9tano. &lt;Comer san, evitar o cancro e votar \u00e1 esquerda. O meu cu \u00e9 m\u00e1is ecol\u00f3xico que estas \u00e1rbores cravadas por vostedes&gt;. Como ven, apenas hai descanso nin desperdicio. Todo iso no medio de abundantes sarcasmos sobre a nosa <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>limpeza<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> democr\u00e1tica, personalizada. E moito desa impotencia kafkiana que sobrev\u00e9n cando, de s\u00fapeto, algu\u00e9n cae do lado do mal. Un mal que axexa en todas partes, baixo a infinita banalidade do noso ben.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">&lt;Eles son tan culpables coma min&gt;. Ningu\u00e9n \u00e9 inocente neste mundo cruel, envorcado \u00e1s veces nunha malicia minuciosa, neutra e puramente t\u00e9cnica. A autora de <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">fai ben, para que esta novela fl\u00faa, en absterse de xulgar moralmente. M\u00e1is ou menos como tenta o psicanalista na s\u00faa sesi\u00f3n. Recordo agora a novela dun compatriota seu, G. Dessal, que tam\u00e9n levantou algunha bocha: <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Clandestinidade<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Outra cousa final, falando de psican\u00e1lise. En nada importante pasa o tempo. Non s\u00f3 no inconsciente, tampouco os <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>hitos<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> da conciencia (as humillaci\u00f3ns, as delicias do pracer clandestino) te\u00f1en tempo. Esta novela \u00e9, en tal sentido, unha homenaxe ao tempo que non pasa, a cr\u00f3nica dun d\u00eda ou dun s\u00f3 minuto. Todo ocorreu onte, con todo o ardor e a nitidez do insomnio. Unha cousa importante en <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"> \u00e9 que a urda, a trama narrativa non a pon o tempo lineal da sintaxe, da coherencia verbal ou tem\u00e1tica, continuamente rota pola intensidade do mon\u00f3logo. A\u00ednda que, \u00e1 vez, salvada pola gram\u00e1tica intensa da desolaci\u00f3n. Coa linguaxe descontinua dunha vida danada, \u00e9 a intensidade po\u00e9tica a que pon, ata no horror, certa dozura na narraci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00c9 posible que o delito non sexa nada fronte ao horror de vivir: &lt;Non sei que dicir, xa dixen que estou feito un ax\u00f3uxere\u201d. Pesimismo e humor, entre azul escuro e case negro, tr\u00e9nzanse en <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Degenerado<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. E certa tenrura, tam\u00e9n un pouco terminal: &lt;Coma dous anci\u00e1ns indo a deitarse, pasi\u00f1o a pasi\u00f1o xa cada un sabe quen apaga a luz&gt;.<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0&#8220;A vida rugosa, \u00e1spera e case sempre mesqui\u00f1a, e de tempo en tempo un raio de luz&#8221;.\u00a0Co\u00f1ec\u00edn a Ariana Harwicz (Bos Aires, 1977) por unha entrevista recente contra a correcci\u00f3n pol\u00edtica e a arte infame que xera. Con esa breve bagaxe entrei no \u00faltimo que atopei dela, Degenerado (Anagrama, 2019). Cunha actitude inicial &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13117\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A soidade do violador de fondo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,77,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13117"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13117"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13117\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13146,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13117\/revisions\/13146"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13117"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13117"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13117"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}