{"id":13129,"date":"2021-02-16T06:00:31","date_gmt":"2021-02-16T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13129"},"modified":"2021-02-09T11:24:52","modified_gmt":"2021-02-09T11:24:52","slug":"non-hai-duas-sen-tres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13129","title":{"rendered":"Non hai d\u00faas sen tres"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_13130\" aria-describedby=\"caption-attachment-13130\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/20210207_154223_copy_800x772.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-13130\" alt=\"Ilustraci\u00f3n: Lucia Puebla Blanco\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/20210207_154223_copy_800x772-300x289.jpg\" width=\"300\" height=\"289\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/20210207_154223_copy_800x772-300x289.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/20210207_154223_copy_800x772.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-13130\" class=\"wp-caption-text\">Ilustraci\u00f3n: Lucia Puebla Blanco<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Era a terceira vez que empezaba un curso de nataci\u00f3n. Non era quen de manterme a flote nin un par de segundos. Dende nena, ti ben o sabes, sinto pavor ao mergullarme na auga dende aquela ca\u00edda. A primeira vez anotoume pap\u00e1. A\u00ednda estaba no instituto. Claro que daquela atopaba cousas m\u00e1is interesantes que facer e andaba por a\u00ed de festa en vez de ir \u00e1 piscina. L\u00e9mbraste? As\u00ed e todo, no ver\u00e1n sent\u00eda moita envexa ao verte a ti, e aos primos, nadando e facendo pinchacarneiros no salto do r\u00edo. <!--more-->A segunda vez fora o ano pasado. Toc\u00e1rame unha profe ben xeitosa. Ela decat\u00e1rase de contado do meu medo \u00e1s profundidades e preparaba exercicios sinxelos tentando transmitir seguridade. Pero o traballo na tenda non ti\u00f1a fin e de s\u00fapeto a enfermidade do noso pai complicouse. Asemade as cousas con Brais xa non \u00edan ben. Logo veu o irrepar\u00e1bel: a perda de pap\u00e1. Ti ben sabes que estabamos moi unidos e o mal que o pasei. Curiosamente fora el, tam\u00e9n, quen me animara a ir ao curso. Pero non hai d\u00faas sen tres. As\u00ed que somerxida de cheo neste inverno intermin\u00e1bel tentei levar adiante o vello prop\u00f3sito. E, non creas, tampouco estaba moi segura de que agora fose o mellor momento. A luz do sol esv\u00e1ese axi\u00f1a e o que me apetece cada d\u00eda \u00e9 meterme embaixo dunha manta, ao volver do traballo, e non sa\u00edr ata o d\u00eda seguinte. Pero as paredes do apartamento pesan moito. As\u00ed que aqu\u00ed estou. Respirando ese olor a cloro que se pega aos poros da pel durante horas. Coas mans engurradas e esa humidade morna que te molla toda antes de po\u00f1er o p\u00e9 na auga. E d\u00edgoche de verdade que non lle vexo graza ningunha a conter a respiraci\u00f3n, como fac\u00edas ti cando quer\u00edas asustarme para obrigarme a entrar no r\u00edo. Como aquela vez que esvarei, caendo na beira que non fac\u00eda p\u00e9, e todos pensaron que estabamos competindo para ver quen aguantaba m\u00e1is embaixo da auga. Logo nos vestiarios toda a rapazada e as s\u00faas nais, as adolescentes, as se\u00f1oras maiores da \u00faltima quenda. Tam\u00e9n os que van por libre nas sa\u00eddas das duchas, maiormente mozos, que da gusto velos nadar a unha velocidade de vertixe e que agardo non reparen en min nin un segundo flotando enriba deses cabali\u00f1os de goma. Os primeiros d\u00edas miraba unha e outra vez o reloxo da parede. Corenta e cinco minutos que semellaban catrocentas cinco horas. Sent\u00edame tan rid\u00edcula. X\u00faroche que rezaba por non atoparme a ningu\u00e9n co\u00f1ecido. Pero agora estou contenta. O profe \u00e9 atento. Fala pouco pero o necesario para transmitir confianza. \u00c9 un tipo novo, polo menos m\u00e1is ca min, de mirada am\u00e1bel ao que lle sentan ben as camisetas de algod\u00f3n. Non te imaxinas o torpe que me sent\u00eda as primeiras veces. Cust\u00e1bame concentrarme. No pensamento pap\u00e1, a ruptura con Brais, as facturas intermin\u00e1beis na tenda. Repet\u00edame unha e outra vez: ma\u00f1\u00e1 non volvo. Pero ao mesmo tempo percib\u00eda cada d\u00eda un pequeno avance. Ata que unha tarde me vin no medio da piscina mirando o teito mentres os brazos consegu\u00edan\u00a0 manter o equilibrio e o meu corpo flu\u00eda paseni\u00f1o. Coma hoxe, que consegu\u00edn facer o percorrido completo. Hab\u00eda moito alborozo polo campionato dos m\u00e1is pequenos. Mirei as gradas e estaban cheas de nais e pais que miraban aos seus cativos e cativas como se fosen os mellores nadadores do mundo. E non o vas crer, seino, pero vin a pap\u00e1 al\u00ed sentado. De verdade que estaba. Mir\u00e1ndome. Tranquilo. Satisfeito de que ao fin conseguira manterme a flote.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco.\u00a0Era a terceira vez que empezaba un curso de nataci\u00f3n. Non era quen de manterme a flote nin un par de segundos. Dende nena, ti ben o sabes, sinto pavor ao mergullarme na auga dende aquela ca\u00edda. A primeira vez anotoume pap\u00e1. A\u00ednda estaba no instituto. Claro que daquela atopaba cousas m\u00e1is interesantes &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13129\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Non hai d\u00faas sen tres<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[38,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13129"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13129"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13129\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13136,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13129\/revisions\/13136"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13129"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13129"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13129"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}