{"id":13730,"date":"2021-09-14T06:00:56","date_gmt":"2021-09-14T06:00:56","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13730"},"modified":"2021-09-13T15:27:50","modified_gmt":"2021-09-13T15:27:50","slug":"deuses-con-forma-de-can","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13730","title":{"rendered":"Deuses con forma de can"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/pexels-photo-981062.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13731\" alt=\"pexels-photo-981062\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/pexels-photo-981062-300x200.jpeg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/pexels-photo-981062-300x200.jpeg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/pexels-photo-981062-1024x682.jpeg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/pexels-photo-981062-900x600.jpeg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Hai anos que un fil\u00f3sofo norteamericano chamado Peter Singer falou da necesidade de p\u00f3r no centro do debate o tema dos dereitos dos animais, comezando polos grandes simios pois son os m\u00e1is parecidos a n\u00f3s e te\u00f1en capacidade de sufrimento. A nivel filos\u00f3fico o debate p\u00f3dese resumir nesta pregunta: te\u00f1en dereitos os animais, e os seres humanos debemos reco\u00f1ecerllos<!--more-->, ou s\u00f3 os te\u00f1en se llelos concedemos n\u00f3s? Pode que ao principio parecera unha pregunta te\u00f3rica, mesmo absurda, e con poucas repercusi\u00f3ns pr\u00e1cticas, pero agora a cousa cambiou moito. Un tribunal norteamericano reco\u00f1ece os dereitos de imaxe dun macaco. A Xustiza arxentina conc\u00e9delle o h\u00e1beas corpus (dereito a non ser privado arbitrariamente de liberdade) a un orangut\u00e1n que vivira toda a vida engaiolado nun zoo. Moitas vilas e cidades prohiben os circos con animais. Non podemos mirar para outro lado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A\u00ednda as\u00ed, o que me interesa agora non \u00e9 se os animais te\u00f1en dereitos humanos (algo que dou por suposto) sen\u00f3n se os seres humanos temos dereitos animais pois animais somos, por moito que intentemos escondelo dicindo que as outras especies son animais e a nosa, humana. Xen\u00f3fanes afirmaba que se os cabalos tivesen que pintar os deuses, pintar\u00edanos con forma de cabalo. Eu digo que se os cabalos estiveran tan aburridos como para dedicarse a clasificar o reino animal, por\u00edan no cumio da pir\u00e1mide os seres cabalares, e ao resto, inclu\u00eddos os humanos, chamar\u00edannos animais. Non dubido que o mesmo far\u00eda o resto de seres vivos, desde os grandes simios ata as pequenas formigas. Sinto contrariar os ecoloxistas pero non creo que a soberbia sexa unha caracter\u00edstica exclusivamente humana. De feito, cando os cans me ladran ou as avespas me pican, s\u00edntome obrigado, como profesor de \u00c9tica, a insultalos cham\u00e1ndolles especistas. Non te\u00f1o ningunha d\u00fabida de que consideran a s\u00faa especie superior \u00e1 mi\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O caso \u00e9 que a semana pasada a muller decidiu adoptar un can (por suposto, sen consultarmo) que lle ofreceron uns amigos porque \u00edan abandonalo, e agora, en vez de ter os debates animalistas na aula, t\u00e9\u00f1oos na casa. E en vez de ser debates te\u00f3ricos e acad\u00e9micos son debates pr\u00e1cticos e de convivencia coti\u00e1. E non coa muller sen\u00f3n, por coherencia e porque me gusta estar \u00e1 \u00faltima na mi\u00f1a profesi\u00f3n, co mesm\u00edsimo can. Porei un \u00fanico exemplo como cifra do conxunto. O can, que estaba habituado coa anterior familia a botar a sesta no sof\u00e1, colleu o costume de deitarse no meu sof\u00e1 preferido. O primeiro d\u00eda, por suposto, boteino, pero o castigo non xurdiu efecto, e agora, cada vez que abro a porta da sala, ro\u00f1a de forma agresiva ao tempo que a muller palmea o sof\u00e1 grande invit\u00e1ndome a sentar ao seu lado. O meu instinto animal p\u00eddeme tirar o can do sof\u00e1 sen ning\u00fan miramento, pero axi\u00f1a penso (maldita deformaci\u00f3n profesional) que se ten dereito de imaxe e de h\u00e1beas corpus, tam\u00e9n ter\u00e1 dereito a descansar no sof\u00e1 que lle pete. Por iso \u00e9 tan importante para min saber se eu te\u00f1o dereitos animais e se, en caso de conflito, prevalecen os dereitos humanos dos animais ou os dereitos animais dos humanos. E o peor \u00e9 que a\u00ednda que prevalecesen os meus dereitos animais e me animase a denunciar o can, non ter\u00eda ningunha posibilidade de ga\u00f1ar. Calquera tribunal superior con sentido com\u00fan anular\u00eda unha sentencia ao meu favor por evidente defecto de forma. O can ter\u00eda dereito a declarar e, polo que eu sei, ning\u00fan xulgado do mundo ten un tradutor simult\u00e1neo de idioma canino a un idioma humano, nin sequera ao alem\u00e1n, que alg\u00fans expertos consideran do m\u00e1is parecido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Hai anos que un fil\u00f3sofo norteamericano chamado Peter Singer falou da necesidade de p\u00f3r no centro do debate o tema dos dereitos dos animais, comezando polos grandes simios pois son os m\u00e1is parecidos a n\u00f3s e te\u00f1en capacidade de sufrimento. A nivel filos\u00f3fico o debate p\u00f3dese resumir nesta pregunta: te\u00f1en dereitos os animais, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13730\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Deuses con forma de can<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13730"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13730"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13730\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13732,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13730\/revisions\/13732"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13730"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13730"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13730"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}