{"id":14766,"date":"2022-06-27T06:00:09","date_gmt":"2022-06-27T06:00:09","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14766"},"modified":"2022-06-23T15:47:42","modified_gmt":"2022-06-23T15:47:42","slug":"non-nos-intimida-acarinar-o-elefante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14766","title":{"rendered":"Non nos intimida acari\u00f1ar o elefante"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/descarga-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14767\" alt=\"descarga (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/descarga-1.jpg\" width=\"175\" height=\"265\" \/><\/a><em><strong>Mari\u00f1a P\u00e9rez Rei.\u00a0<\/strong><\/em>Adoita presentarse o traballo po\u00e9tico coma unha angueira individual, non exenta de misticismo e de halos buc\u00f3licos. Como moito, unha suma antol\u00f3xica e taxada de varios creadores exentos. Poucas veces se fala do elo que une autores e autoras, do traballo horizontal que nos alimenta, da conexi\u00f3n, da confluencia, das pontes que nos conectan.\u00a0Sen menosprezar o esforzo individual, deberiamos reco\u00f1ecer cando menos que a literatura ten moito m\u00e1is peso colectivo do que se lle outorga, e que a autor\u00eda \u00e9 unha creaci\u00f3n relativamente moderna que medra ao amparo do selfie e do copyright. <!--more-->De seu, a escrita colectiva poida que se asemelle m\u00e1is ben ao xogo do tetris ou a un crebacabezas, buscando ocos, mellorando a habitabilidade e os fluxos, ocupando espazos que delatan eivas, carencias, hip\u00e9rboles e outros vicios ocultos da construci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesa li\u00f1a de intervenci\u00f3n colectiva participamos na experiencia do libro <b>Intimidaci\u00f3n<\/b>, asinado como Colectivo Maiakovski, e que nos xuntou a dez autoras e autores. A orixe deste macrotexto nace da po\u00e9tica, asertiva e indagadora ao mesmo tempo, de Xerardo Quinti\u00e1, que se v\u00e9n unir \u00e1 serenidade incisiva da palabra de Baldo Ramos. Vaise estendendo coa achega de voces variadas, desde a ollada social de Daniel Salgado \u00e1 fina perspectiva feminina de compa\u00f1eiras poetas que enriquecen a linguaxe como Elvira Riveiro, Tamara Andr\u00e9s ou Lara Dopazo; desde a mestura de texto e imaxes poderosas de Cristina Ferreiro, \u00e1 atenta sensibilidade suxestiva de Carlos Negro ou ao cuspe de furia necesario de Lois P\u00e9rez. Gandux\u00e1ndoo todo, voando moi por enriba, coma un c\u00f3ndor, a poes\u00eda emprestada de Maiakovski.<\/p>\n<figure id=\"attachment_14769\" aria-describedby=\"caption-attachment-14769\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/descarga-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-14769\" alt=\"Foto: La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/descarga-2.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-14769\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Versos \u00e9picos, versos humor\u00edsticos, versos que magoan co seu realismo, co seu ton ora ir\u00f3nico, ora l\u00fadico; esmi\u00fazanse falsos idearios, iconas, linguaxes preelectorais e falsarias ao car\u00f3n de imaxes de beleza intimidatoria que queren significar canto nos amedrenta a ramificaci\u00f3n da linguaxe da Besta. Voces transgresoras que cuestionamos o statu quo, que manifestamos abertamente a presenza dun magma intimidatorio que nos abafa. No texto, a ameaza bif\u00farcase en planos que se cruzan mimeticamente: o \u00e1mbito pol\u00edtico, a cultura intervida, a utilizaci\u00f3n orwelliana da linguaxe nos medios, as fake news, a violencia de x\u00e9nero, a expresi\u00f3n da identidade, a soidade forzosa, a enfermidade que dobrega a nosa autosuficiencia, etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O medo \u00e1 Besta \u00e9 senlleiro e transversal. Mais non se constr\u00fae un poema com\u00fan con parcelas acoutadas de arr\u00f3s e valados, sen\u00f3n que debemos dotalo desde o primeiro momento dunha permeabilidade suficiente que dea paso \u00e1 intervenci\u00f3n allea. Esixe un aquel de humildade o feito de entregares a t\u00faa creaci\u00f3n para que, se cadra, outra voz a deconstr\u00faa, a mellore, a enferruxe ou a mutile. Un texto circular que\u00a0 finalmente erga, con todas as achegas, un enunciado coherente, unha respiraci\u00f3n acompasada, \u00fanica, un corpo de animal que trota e descansa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dixo algunha vez o Conde de Lautr\u00e9amont que a poes\u00eda debe ser feita por todos, non por un(ha) s\u00f3. Na autocr\u00edtica, meses despois da edici\u00f3n, subxacen as dificultades de cohesi\u00f3n, as esixencias de gardar un ton, o desaf\u00edo de acadar un resultado global, heterox\u00e9neo, e asemade unido; procurar en todo ese mosaico un predio habitable polas nosas emoci\u00f3ns, un <i>coliving<\/i> consciente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por enriba de todo, o pracer de escoitarse, de compartir. O xogo, o caligrama, as palabras agochadas, o intertexto, o poema antin\u00f3mico. A autor\u00eda dilu\u00edda nunha anonimia infinita, s\u00f3 acoutada temporalmente por dez nomes e catro movementos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Seica tam\u00e9n deixou dixo Lautr\u00e9amont: \u201cO elefante d\u00e9ixase acari\u00f1ar, o piollo non\u201d Linguaxe do atrevemento. Nada nos arreda. Obviamente, ning\u00fan fin utilitario, coma calquera artefacto literario que se prece.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mari\u00f1a P\u00e9rez Rei.\u00a0Adoita presentarse o traballo po\u00e9tico coma unha angueira individual, non exenta de misticismo e de halos buc\u00f3licos. Como moito, unha suma antol\u00f3xica e taxada de varios creadores exentos. Poucas veces se fala do elo que une autores e autoras, do traballo horizontal que nos alimenta, da conexi\u00f3n, da confluencia, das pontes que nos &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14766\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Non nos intimida acari\u00f1ar o elefante<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14766"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14766"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14766\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14771,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14766\/revisions\/14771"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14766"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14766"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14766"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}