{"id":14813,"date":"2022-09-10T06:00:25","date_gmt":"2022-09-10T06:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14813"},"modified":"2022-09-08T17:33:20","modified_gmt":"2022-09-08T17:33:20","slug":"o-pesadelo-de-tkk","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14813","title":{"rendered":"O pesadelo de TKK"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/incubo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14814\" alt=\"incubo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/incubo-300x243.jpg\" width=\"300\" height=\"243\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Toni\u00f1o Kasta\u00f1\u00f3n Kabazadebola e Oliva de Javiolongo casaron novos: ti\u00f1an vinte e dezaseis anos, respectivamente. KK, como lle chamaban os m\u00e1is achegados, deixara pre\u00f1ada \u00e1 moza cando esta era menor de idade. Ao saber do embarazo, el negouse a casar. Pero diante da presi\u00f3n da familia, sobre todo por parte de s\u00faa vella naici\u00f1a, finalmente accedeu a contraer matrimonio coa rapaza. <!--more-->Os dous eran veci\u00f1os da aldea de Bico do Berro, na parte alta do condado de Os Aforcados Morren Embarillados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Kaba, para os seus compa\u00f1eiros de escola, foi ao instituto de El Nobel. Mais axi\u00f1a abandonou as aulas e p\u00faxose a traballar de camareiro na Casa da Raposa, na localidade de Pinchakona, un bar situado na fronteira dos distritos de Boiscapados e Frinchafr\u00eda, e que visitaban moitos homes de todas as idades, pois contaba na barra co atractivo da filla dos donos, unha muller nova tan descarada como atraente, que sempre luc\u00eda uns tremendos escotes por onde se lle v\u00eda o carreiro entre d\u00faas aguzadas tetas que pugnaban por fuxir da apertada camisola. Nunhas festas da localidade, despois de fracasar no seu intento de sa\u00edr coa filla, deixou aos donos \u201ccolgados\u201d para marcharse cunha muller de Durdilde, moito m\u00e1is vella ca el.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tan pronto como tivo cartos nos petos, TKK alugou con outros mozos da mesma profesi\u00f3n un piso en Taranbainamar, unha vila da costa na que, segundo lle ti\u00f1an dito, hab\u00eda moito ambiente nocturno. Foi nunha noite, andando de copas mesturadas con outros incentivos e excitantes, cando co\u00f1eceu e trabou amizada con Trincacentolas, unha ave noct\u00e1mbula da marxe sur da r\u00eda que, entre outras actividades ilegais, dedic\u00e1base ao contrabando de tabaco rubio. Pasados uns meses, os socios decidiron alugar dous bares na localidade para \u201cmover\u201d m\u00e1is ca tabaco.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">TKK nunca fixo vida de casado. Iso deixouno ben claro desde o mesmo d\u00eda da voda con Oliva. Nesa memorable xornada, despois do convite, colleu a muller e levouna \u00e1 casa da aldea. Despois subiuse ao coche e reuniuse cos seus amigotes. Todos xuntos marcharon para un puticlub chamado \u201cPicard\u00edas\u201d, situado nunha estrada secundaria entre Dedodor e Menstruve. Nese antro, beberon, esnifaron coca e fornicaron. O rec\u00e9n casado corr\u00eda cos gastos pois levaba no\u00a0 peto, enrolados cunha goma, ao estilo dos pucheiros, un feixe de cartos, os que lle regalaron os asistentes ao banquete nupcial. O noivo non regresou \u00e1 casa para deitarse coa s\u00faa esposa. El durmiu con Amalia de Almansa, unha brava muller castel\u00e1 de moi bo ver que rexentaba o negocio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Logo desa noite e madrugada de esmorga, era mediod\u00eda cando TKK volveu xunto a Oliva. Atopouna ba\u00f1ada nun mar de b\u00e1goas e os ollos inchados coma pelotas de tenis. El non a consolou. Ao contrario: rifoulle e ordenoulle que lle preparase roupa limpa para mudarse. E cando estivo listo, marchou de novo sen nin sequera despedirse dela. Non regresou at\u00e9 o d\u00eda seguinte. Para cando chegou, Oliva xa ti\u00f1a os ollos secos. Recibiuno con certa frialdade, coma se nada tivese ocorrido. Seis meses m\u00e1is tarde, na compa\u00f1a da s\u00faa nai e da comadroa da aldea do lado, Meixonquente, pariu o seu primeiro fillo, un neno que non foi froito dunha noite de paix\u00f3n e amor, sen\u00f3n do comezo do seu inferno, o que levaba en silencio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O neno naceu cunha deformidade conx\u00e9nita nas extremidades, tal como se confirmou segundo foi cumprindo anos. Ela amaba con todas as s\u00faas forzas aquel rapaci\u00f1o ao que bautizaron, sen que o seu pai asistira \u00e1 cerimonia, co nome de Carolo Kasta\u00f1\u00f3n de Javiolongo, pero a quen os outros cativos da aldea chamaban Caroli\u00f1o. Cando este se fixo un pouco maior, descubr\u00edronlle que, ademais das deficiencias f\u00edsicas, era autista. Tanto a nai coma os av\u00f3s acordaron internar a Carolo nun centro especializado nestas doenzas. Foi as\u00ed como o chaval pasou toda a adolescencia no Cronolongo de Belvisto, preto do curso do Sarali\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entre tanto, TKK rompeu a relaci\u00f3n comercial con Trincacentolas, a quen pillaron nunha redada da que el fuxiu polos pelos. Mentres a Garda Civil arrestaba o seu compinche e outros dous compa\u00f1eiros da Illa, aos que lles acababan de vender un bo lote de haxix e un par de quilos de \u201cfari\u00f1a\u201d, el aproveitou que os axentes estaban moi concentrados en rexistrar os coches dos que \u00edan diante do seu, para arrimarse pouco a pouco a unha gabia chea de silvas trala que hab\u00eda unha longa e ampla vi\u00f1a en parra. Baixou do coche cun saco cheo de cartos, os obtidos na operaci\u00f3n que acababan de realizar, e arrastrouse coma unha serpe por debaixo da gomariza e entre a alta herba, sen perder nin un billete de mil pesetas do saco. Foi as\u00ed coma conseguiu afastarse o suficiente do escenario da redada coma para que non se decatasen da s\u00faa presenza. Mais el, deitado debaixo da vi\u00f1a, si observou como a Garda Civil met\u00eda aos seus\u00a0 compinches nos furg\u00f3ns e os levaban esposados para o cuartel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">El non s\u00f3 safou, sen\u00f3n que por enriba quedouse con todos os cartos da frustrada transacci\u00f3n ilegal. Contaban os que andaban nas \u201coperaci\u00f3ns\u201d de tabaco e droga na Vila que nunca visitou aos seus camaradas narcotraficantes cando estaban na cadea, en Lameiro de Monterraso, nin tampouco repartiu os cartos con eles. As mesmas voces falaban de que cando os arrestados cumpriron as s\u00faas condenas, foron os que o delataron cando estaba intentando \u201cmover\u201d varios quilos de coca nas terras das r\u00edas de m\u00e1is al\u00f3 da Serra das Eguas. E foi por esta detenci\u00f3n cando pasou m\u00e1is dun ano no caldeiro, do que sa\u00edu antes de completar a pena \u00e1 que foi condenado, por causa dun grave problema de sa\u00fade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois de sa\u00edr do penal, por vez primeira na s\u00faa vida de casado chegou cedo \u00e1 casa da s\u00faa muller. Mais xa era noite cando entrou nela e fixo m\u00e1is ru\u00eddo ca un cachorro de San Bernardo nunha coci\u00f1a. Estaba borracho. Oliva xa durm\u00eda. Meteuse na cama ao seu car\u00f3n e sen mediar palabra fornicouna e deixouna novamente pre\u00f1ada. Nove meses despois daquela noite de infausto recordo, Oliva de Javiolongo deu a luz un par de xemelgos. Cando os bautizaron pux\u00e9ronlles de nomes Sui\u00e1n e Xi\u00f3n, respectivamente. O primeiro, co paso dos anos, deveu nun mozo diab\u00f3lico, un demo con cara de anxo. Tir\u00e1balle ao seu proxenitor, do que era o preferido. A TKK, as puti\u00f1as que visitaba acot\u00edo nas barras americanas cando souberon a noticia de que tivera dous neni\u00f1os, bautiz\u00e1rono coma \u201co noso sementali\u00f1o\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">TKK adoraba tanto a Sui\u00e1n coma menosprezaba a Xi\u00f3n. Este, o m\u00e1is querido da nai, era sensible e delicado e gustaba de ler a Oliva f\u00e1bulas e contos polas noites antes de quedar a durmir. A muller quer\u00eda e admiraba\u00a0 a este seu fillo, porque era tenro e cari\u00f1oso, todo o oposto que seu irm\u00e1n, ao que ela ti\u00f1a visto masturbarse no seu cuarto ou mesmo na horta mentres miraba revistas pornogr\u00e1ficas, as cales adquir\u00eda a trav\u00e9s do seu pai.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mentres, Kasta\u00f1\u00f3n segu\u00eda coa s\u00faa vida rutineira, ateigada de excesos e salvaxadas. Viv\u00eda practicamente na Vila. Paseaba no coche as s\u00faas novas conquistas e poucas veces sub\u00eda \u00e1 aldea de Bico do Berro para interesarse pola s\u00faa familia. Cando se fixo m\u00e1is vello, afeccionouse a andar con \u201cvelutinas\u201d a\u00ednda m\u00e1is novas, como el dic\u00eda cando se refer\u00eda \u00e1s chavalas que paseaba no seu autom\u00f3bil. Mais nunha ocasi\u00f3n viuse nunha situaci\u00f3n tan comprometida que sentiu medo por vez primeira na s\u00faa intensa e axitada vida. O episodio ocorreu\u00a0 nunha noite de ver\u00e1n. Vi\u00f1a de pasar a tarde na habitaci\u00f3n dun hotel da Toxa cunha rapaza moi nova. Despois de tomar unha copa en Vilagarc\u00eda, antes de entrar en Catoira, aparcou debaixo dunha ponte e tirou o asento para atr\u00e1s. A moza empezoulle a facer unha mamada. O tr\u00e1fico de coches era intenso nos dous sentidos da estrada. E axi\u00f1a comezaron a soar os cl\u00e1xons.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estaban ambos tan concentrados na s\u00faa acci\u00f3n que non se decataron da presenza da Garda Civil. Cando escoitaron os golpes na venta\u00ed\u00f1a e viron os axentes, el recolleu axi\u00f1a os calz\u00f3ns de petrina aberta, coma as dos vellos pistoleiros, e ela arranxou a faldra e tapou a cara coas mans. Mult\u00e1ronos por estar mal aparcados e logo lev\u00e1ronos ao cuartel para denuncialos por esc\u00e1ndalo p\u00fablico diante do Gobernador Civil, que posteriormente puxo o caso nas mans da Fiscal\u00eda, co agravante de que no acto participaba unha menor de idade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Temendo que o levasen a xu\u00edzo e que o condenasen a pasar unha tempada na cadea, ese d\u00eda TKK visitou a familia. Diante da s\u00faa dona e dos seus fillos relatou o que lle acontecera. Desculpouse alegando que todo ocorrera baixo os efectos dunha potente droga que lle deberon botar nunha bebida. E lembroulle a s\u00faa dona que el, en cuesti\u00f3ns de sexo, como ben sab\u00eda, era bastante pudoroso e prudente. Oliva de Javiolongo sentiu unha estra\u00f1a especie de pena e compaix\u00f3n polo seu descarreirado marido e pensou que ti\u00f1a o deber de escribirlle unha carta ao Gobernador para interceder por el e para que tivese \u00a0en conta que TKK &lt;non sab\u00eda o que fac\u00eda porque o ti\u00f1an drogado, se\u00f1or\u00eda!&gt;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foi Xi\u00f3n o encargado de redactar a carta que lle ditou s\u00faa nai. E, \u00a0por\u00e9n, inconscientemente, \u00a0a muller foise desviando do seu prop\u00f3sito inicial, e de tal xeito o fixo que o texto, en vez de exculpatorio, derivou nunha contundente acusaci\u00f3n contra TKK. De feito, logo dun par\u00e1grafo introdutorio respectuoso e formal, os dous folios que o seu amado fillo Xi\u00f3n escribiu conti\u00f1an\u00a0 unha exhaustiva listaxe das falcatruadas que lle ti\u00f1a feito o seu home antes e despois de casar: traficar con tabaco e drogas, mesmo con pistolas de fogueo ou de verdade, a\u00ednda que a estas ao disparalas se lles torc\u00edan os can\u00f3ns, e mesmo con cartos no mercado negro de Vigo. Tam\u00e9n de adquirir bebida en Portugal por un m\u00f3dico prezo que multiplicaba por tres na s\u00faa baiuca-tugurio. E non s\u00f3 iso, sen\u00f3n que ademais o sinalaba no tr\u00e1fico de putas. E neste sentido, subli\u00f1aba que sempre que a fornicou foi pola forza e que mesmo a ti\u00f1a amarrado ao cabezal da cama para encuala. O moi cabr\u00f3n!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ser\u00edan as d\u00faas da madrugada cando Oliva ficou durmida abrazada ao seu fillo Xi\u00f3n. Mentres tanto, Sui\u00e1n xac\u00eda no seu cuarto cunha revista pornogr\u00e1fica sobre a cara. E ao mesmo tempo TKK espertaba dunha cabezada que botaba sobre a mesa do reservado da s\u00faa taberna. Unhas perlas de suor brillaban sobre a s\u00faa calvicie. Suspirou e murmurou en voz alta: &lt;Menos mal que se trataba dun tremendo pesadelo, porque se fose verdade que a mi\u00f1a muller escribira esa carta ao Gobernador Civil contendo todas aquelas barbaridades, ent\u00f3n si que \u00eda acabar na trena por unha longa tempada&gt;. E de s\u00fapeto, sa\u00edu fuxindo do seu tobo coma unha alima\u00f1a. Asaltouno unha inesperada intuici\u00f3n. Colleu o coche e enfilou cara \u00e1 estrada para \u00e1 casa de Oliva. Quer\u00eda comprobar que todo fora un maldito e terrible so\u00f1o. E cando entrou na coci\u00f1a, viu como na lareira estaba o seu fillo, o seu herdeiro e preferido, queimando uns folios nunha pequena fogueira. E exclamou: &lt;Ben feito, fillo, ben feito. Desta safei&#8230;!&gt;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Toni\u00f1o Kasta\u00f1\u00f3n Kabazadebola e Oliva de Javiolongo casaron novos: ti\u00f1an vinte e dezaseis anos, respectivamente. KK, como lle chamaban os m\u00e1is achegados, deixara pre\u00f1ada \u00e1 moza cando esta era menor de idade. Ao saber do embarazo, el negouse a casar. Pero diante da presi\u00f3n da familia, sobre todo por parte de s\u00faa vella naici\u00f1a, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14813\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O pesadelo de TKK<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14813"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14813"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14813\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14815,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14813\/revisions\/14815"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14813"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14813"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14813"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}