{"id":2164,"date":"2014-09-28T07:00:40","date_gmt":"2014-09-28T07:00:40","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2164"},"modified":"2014-09-27T10:44:27","modified_gmt":"2014-09-27T10:44:27","slug":"a-maleta-de-agrafoxo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2164","title":{"rendered":"A maleta de AgraFoxo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/maleta.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-2167\" alt=\"maleta\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/maleta.jpg\" width=\"183\" height=\"275\" \/><\/a>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0<\/strong><\/em>M\u00e1is dunha vez te\u00f1o dito que as persoas de m\u00e1is prestixio dunha sociedade deber\u00edan ser os profesores, aos que eu engadir\u00eda a figura do historiador. \u00c1s veces, as vilas existen e mante\u00f1en a s\u00faa identidade precisamente grazas a estas d\u00faas figuras. \u00c9 certo que ese prestixio non se acada por oposici\u00f3n, sen\u00f3n co traballo diario e unha actitude constante de aprendizaxe e superaci\u00f3n. Curiosamente, en Xerardo conviven ambas as d\u00faas formaci\u00f3ns e coido que calquera noi\u00e9s deber\u00eda celebrar o feito de ter un veci\u00f1o coma el na s\u00faa vila. O traballo e o esforzo que este home leva feito pola historia de Noia e da bisbarra \u00e9 algo tit\u00e1nico e impagable. <!--more-->Non \u00e9 esaxerado dicir que Noia non ser\u00eda a que \u00e9 se non fose por el. As miles de p\u00e1xinas publicadas por Xerardo notariaron a memoria dun xeito m\u00e1is que obxectivo. Os seus libros son coma unha nova muralla de pedra para defender a vila do esquecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante moitos anos, mentres na Universidade se traballaba sobre temas inocuos, Xerardo foi un dos que investigou, con paix\u00f3n, o per\u00edodo da Guerra Civil e restaurou a memoria para lle dar voz a moita xente desa da que non se adoita ocupar a Historia das letras mai\u00fasculas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/revolta-nacionalista.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-2168\" alt=\"revolta nacionalista\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/revolta-nacionalista-202x300.jpg\" width=\"202\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/revolta-nacionalista-202x300.jpg 202w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/revolta-nacionalista.jpg 250w\" sizes=\"(max-width: 202px) 100vw, 202px\" \/><\/a>Escribir m\u00e1is de vinte libros de investigaci\u00f3n s\u00f3 se pode facer con moit\u00edsima disciplina e unha vontade maratoniana, como a que el pos\u00fae. <i>A guerra civil en Lousame e Noia, Memorias do franquismo (A \u00e9poca do wolfram en Lousame. A corporaci\u00f3n de Noia en Meir\u00e1s), Cr\u00f3nicas dunha democracia, A revolta nacionalista <\/i>ou<i> Noia no cambio de s\u00e9culo <\/i>son libros que deber\u00edan estar en todos os estantes de calquera noi\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fixo tam\u00e9n unha excelente biograf\u00eda da poeta Mar\u00eda Mari\u00f1o moito antes de que lle fose dedicado o d\u00eda das letras galegas. E, dende hai alg\u00fans anos, engadiu unha nova faceta \u00e1 s\u00faa vida que \u00e9 a de escritor de ficci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nos primeiros libros de narrativa:\u00a0 <i>O tri\u00e1ngulo de Oscar Wilde, Unha viaxe no Ford T <\/i>(Premio Garc\u00eda Barros de novela<i>)<\/i> ou <i>O violinista da Mal\u00e1 Strana,<\/i> Xerardo combinou \u00e1 perfecci\u00f3n d\u00faas das s\u00faas grandes paix\u00f3ns: a viaxe e a literatura. E o resultado foi excepcional, sobre todo porque estes libros crearon unha sorte de estilo pouco visto na narrativa galega. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-2169\" alt=\"cantino\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino-197x300.jpg\" width=\"197\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino-197x300.jpg 197w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino-675x1024.jpg 675w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino-900x1365.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/cantino.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a>M\u00e1is adiante, Xerardo deulle \u00e1 historia un formato case de ficci\u00f3n en <i>Quen matou o Cantino?<\/i>, publicado en Xerais na s\u00faa colecci\u00f3n de ensaio, pero que se le case coma unha novela polo perfecto encaixe co que se presentan os documentos. Esa xa era unha constante nos libros de historia de Xerardo, que a\u00ednda que est\u00e1n escritos con vontade de historiador, a orde convoca unha tensi\u00f3n e unha narratividade que, non por iso, lles resta rigor e obxectividade. Creo que este libro <i>Quen matou o Cantino?<\/i> adiantaba dalgunha maneira a capacidade de Xerardo para escribir un novela tan boa como <i>A maleta de Victoria Kent<\/i>. Se cadra, sen el o saber, aquel foi un ensaio antes de constru\u00edr a s\u00faa mellor novela at\u00e9 o de agora. Esa \u00e9 a mi\u00f1a humilde opini\u00f3n, avalada tam\u00e9n pola cr\u00edtica que a est\u00e1 a gabar de xeito un\u00e1nime.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>A maleta de Victoria Kent<\/i> \u00e9 a historia de Liberto, un sindicalista que, ao pouco de se producir o golpe de Estado, vai cos mineiros a Santiago e \u00e1 Coru\u00f1a para pararlles os p\u00e9s aos rebeldes e defender a Rep\u00fablica. Como a derrota vai ser evidente e Liberto \u201cse significou\u201d, o pobre ter\u00e1 que escoller entre embarcar cara ao estranxeiro ou agocharse na serra. Opta pola segunda opci\u00f3n e a partir de aqu\u00ed Xerardo ofr\u00e9cenos un fresco preciso do que puido ter sido a sublevaci\u00f3n franquista nunha vila como a de Noia. Aventura, resistencia, persecuci\u00f3n, represi\u00f3n, intrigas, tortura, amor&#8230; De todo hai nesta novela na que a vida individual confl\u00fae no colectivo.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2170\" aria-describedby=\"caption-attachment-2170\" style=\"width: 240px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xerard.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-2170 \" alt=\"xerard\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xerard-300x247.jpg\" width=\"240\" height=\"198\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xerard-300x247.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xerard.jpg 315w\" sizes=\"(max-width: 240px) 100vw, 240px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2170\" class=\"wp-caption-text\">Foto: Suso Xogaina<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Arist\u00f3teles, na s\u00faa Arte Po\u00e9tica, establec\u00eda para o historiador o deber de contar feitos verdadeiros mentres que para o poeta, neste caso o novelista, s\u00f3 cab\u00eda a encomenda do feito veros\u00edmil. Pois ben, estou convencido de que quen lea <i>A maleta de Victoria Kent<\/i> poder\u00e1 ter unha mellor compresi\u00f3n da historia deses d\u00edas que se lese un libro cient\u00edfico, de historia. Desta volta a literatura, da man do personaxe de Liberto, foi quen de chegar a capas m\u00e1is fondas da realidade que coas testemu\u00f1as ou cos documentos da historia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outra das caracter\u00edsticas que me chamou a atenci\u00f3n no libro \u00e9 a distancia coa que est\u00e1n tratados os personaxes. Cando se escribe unha novela deste tipo \u00e9 doado caer na tentaci\u00f3n dun exceso de idealizaci\u00f3n ao identificarse o autor afectivamente cos personaxes. De a\u00ed que te\u00f1an xurdido moitas novelas cun exceso de <i>tenrurizaci\u00f3n<\/i>, como dixo Mainer para as novelas publicadas nos anos oitenta e noventa dentro do Estado Espa\u00f1ol, convert\u00e9ndoas en textos manipulados. Na novela de Xerardo non acontece isto porque no perfil psicol\u00f3xico dos personaxes non hai ning\u00fan tipo de manique\u00edsmo. Nos dous bandos da novela hai bos e malos, non hai unha \u00fanica direcci\u00f3n. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/violinista.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-2171\" alt=\"violinista\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/violinista-196x300.jpg\" width=\"196\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/violinista-196x300.jpg 196w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/violinista.jpg 472w\" sizes=\"(max-width: 196px) 100vw, 196px\" \/><\/a>As persoas te\u00f1en luces e sombras, as s\u00faas contradici\u00f3ns e matices diversos. Vela\u00ed o caso de Liberto, de Xoana, de Matilde Gasset ou do xu\u00edz Balboa. Por unha banda, coido que foi a condici\u00f3n de historiador a que axudou nesta distancia, nesta obxec-tividade, do mesmo xeito que na lograda ambientaci\u00f3n e na maneira tan sutil de inserir a ficci\u00f3n na realidade e facernos crer que os feitos puideron ter sido como el os conta. E por outra, estou certo de que foi o escritor (talvez o lector) o que freou a tentaci\u00f3n do historiador de nos ofrecer demasiada informaci\u00f3n da \u00e9poca. Iso \u00e9 algo que o lector agradece. Todo est\u00e1 na s\u00faa xusta medida e a historia de Portomaior (Noia) \u00e9 extrapolable a calquera outro lugar do pa\u00eds.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Salientar tam\u00e9n o rexistro ling\u00fc\u00edstico axeitado. Eu vexo unha progresi\u00f3n indubidable no tratamento da lingua. Nesta novela acada o ton xusto. Non hai estridencias nin ornamentos innecesarios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/viaxe.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft  wp-image-2172\" alt=\"viaxe\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/viaxe.jpg\" width=\"118\" height=\"180\" \/><\/a>En fin, <i>A maleta de Victoria Kent <\/i>\u00e9 un texto magn\u00edfico que turra do lector e que pasa a formar parte das novelas m\u00e1is interesantes que se levan escrito na nosa lingua sobre o conflito da Guerra Civil. Os que temos a sorte de co\u00f1ecer a Xerardo, sabemos que a s\u00faa maleta a\u00ednda non est\u00e1 chea. Por iso, felicit\u00e1molo por esta novela e agardamos novas entregas porque os seus libros sempre son un instrumento perfecto para xulgar e analizar non s\u00f3 o pasado sen\u00f3n tam\u00e9n o presente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0M\u00e1is dunha vez te\u00f1o dito que as persoas de m\u00e1is prestixio dunha sociedade deber\u00edan ser os profesores, aos que eu engadir\u00eda a figura do historiador. \u00c1s veces, as vilas existen e mante\u00f1en a s\u00faa identidade precisamente grazas a estas d\u00faas figuras. \u00c9 certo que ese prestixio non se acada por oposici\u00f3n, sen\u00f3n co &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2164\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A maleta de AgraFoxo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[13,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2164"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2164"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2164\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2177,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2164\/revisions\/2177"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2164"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2164"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2164"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}