{"id":2179,"date":"2014-09-29T07:00:10","date_gmt":"2014-09-29T07:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2179"},"modified":"2014-09-28T20:16:16","modified_gmt":"2014-09-28T20:16:16","slug":"esponxas-indefensas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2179","title":{"rendered":"Esponxas indefensas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/albert_einstein-con-paraguas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-2181\" alt=\"albert_einstein-con-paraguas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/albert_einstein-con-paraguas.jpg\" width=\"216\" height=\"290\" \/><\/a>X. Ricardo Losada<\/strong><\/em>. Utilizo en clase unha idea de Einstein que me gusta moito. Un mozo conv\u00e9rtese en adulto cando reflexiona sobre os prexu\u00edzos que acumulou ao longo da s\u00faa vida e os converte en xu\u00edzos. Pais, familiares, profesores, amigos, medios de comunicaci\u00f3n fannos aceptar ideas e valores, a unhas idades nas que somos esponxas indefensas, como se fosen os \u00fanicos ou os mellores. Sempre lle conto aos alumnos que cando ti\u00f1a a s\u00faa idade (finais do franquismo), os roles de x\u00e9nero estaban moi definidos. Parec\u00edanos normal, porque as\u00ed foramos educados, que as nosas irm\u00e1s recollesen a mesa mentres n\u00f3s mirabamos a televisi\u00f3n, que se matriculasen en Franc\u00e9s, un idioma sensual, e n\u00f3s en Ingl\u00e9s, un idioma laboral, ou que tivesen que volver \u00e1 casa de noite antes ca n\u00f3s. <!--more-->C\u00f3ntolles, como an\u00e9cdota significativa, que os paraugas dos homes eran negros e os das mulleres de cores. Eu, ese profesor de filosof\u00eda que agora lles fala de ser cr\u00edticos e aut\u00f3nomos, con 20 anos prefer\u00eda coller unha boa molladura antes que sa\u00edr \u00e1 r\u00faa cun paraugas verde, azul e xa non digo laranxa ou rosa. V\u00f3s tam\u00e9n tedes prexu\u00edzos dese tipo, d\u00edgolles, \u00e9 moi importante que reflexionedes sobre cales das ideas, valores e costumes que tedes proceden realmente do voso raciocinio, e cales do ambiente no que vivistes. Se o facedes con sinceridade, descubriredes que case nada do que pensades ou facedes \u00e9 froito da vosa elecci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/mujer_paraguas.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-2183\" alt=\"mujer_paraguas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/mujer_paraguas-246x300.png\" width=\"246\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/mujer_paraguas-246x300.png 246w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/mujer_paraguas.png 786w\" sizes=\"(max-width: 246px) 100vw, 246px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Moi bonito. Pero unha cousa \u00e9 a teor\u00eda e outra a pr\u00e1ctica, incluso para ese profesor tan xuizoso. O outro d\u00eda, sen ir m\u00e1is lonxe, sa\u00edn da casa preparado para ir correr \u00e1 praia. Como antes vou a unha cafeter\u00eda a ler a prensa, e chov\u00eda, levei o paraugas (negro, por certo). Despois de correr unha hora, fixen uns exercicios articulares e volv\u00edn andando para a casa co paraugas pechado na man por un solitario cami\u00f1o rural. Ao pouco comezou a chuviscar, pero decid\u00edn non abrir o paraugas. A temperatura ambiental e a do meu corpo eran altas, e nesas circunstancias gozo moll\u00e1ndome baixo a chuvia. Segu\u00edn andando feliz, ata que, cen metros m\u00e1is adiante, cheguei \u00e1 estrada e \u00e1 civilizaci\u00f3n. Salt\u00e1ronme as alarmas de todos os prexu\u00edzos. Se non abres o paraugas, reflexionei, van pensar que est\u00e1s tolo ou que vas de fen\u00f3meno pola vida ou que non te duchas na casa ou que a muller non che fai caso e necesitas chamar a atenci\u00f3n. Mentres tal pensaba, cruceime cun co\u00f1ecido que vi\u00f1a no coche.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/Bailando-bajo-la-lluvia.gif\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft  wp-image-2184\" style=\"border: 1px solid black;\" alt=\"Bailando bajo la lluvia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/Bailando-bajo-la-lluvia-209x300.gif\" width=\"188\" height=\"270\" \/><\/a> Abriu a xaneli\u00f1a, sacou a cabeza e dixo: \u00a1Como te chove! Pareceume unha frase xenial: acertaba no literal, chov\u00edame, e no figurado, falt\u00e1bame un fervor. As\u00ed que non o dubidei. Abr\u00edn o paraugas e, como mandan os canons, fun a cuberto para a casa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O d\u00eda seguinte, en clase, tratando o tema da xenofobia, volv\u00edn utilizar a idea de Einstein. Recomendeilles aos alumnos que reflexionasen sobre os seus prexu\u00edzos. Pero houbo unha novidade. Sent\u00edn que tam\u00e9n me vir\u00eda ben a min seguir o consello daquel profesor que tan ben falaba.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. Utilizo en clase unha idea de Einstein que me gusta moito. Un mozo conv\u00e9rtese en adulto cando reflexiona sobre os prexu\u00edzos que acumulou ao longo da s\u00faa vida e os converte en xu\u00edzos. Pais, familiares, profesores, amigos, medios de comunicaci\u00f3n fannos aceptar ideas e valores, a unhas idades nas que somos esponxas &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2179\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Esponxas indefensas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2179"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2179"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2179\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2216,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2179\/revisions\/2216"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}