{"id":2191,"date":"2014-10-01T07:00:21","date_gmt":"2014-10-01T07:00:21","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2191"},"modified":"2014-09-28T15:25:29","modified_gmt":"2014-09-28T15:25:29","slug":"neno-diante-da-habitacion-de-hotel-de-xoan-fernandez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2191","title":{"rendered":"Neno diante da \u201cHabitaci\u00f3n de hotel\u201d, de Xo\u00e1n Fern\u00e1ndez"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/As-Letras.-Imaxe.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft  wp-image-2192\" alt=\"As Letras. Imaxe\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/As-Letras.-Imaxe.jpg\" width=\"207\" height=\"260\" \/><\/a><strong>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>O neno det\u00edvose ante a estra\u00f1a interpretaci\u00f3n que da viaxe fixo Edward Hopper. O abandono (case desacougo) da lectora sentada na cama; as maletas sen desfacer (incerteza); a luz\u00a0penumbrosa (fr\u00edo); a ausencia de obxectos ou referencias, apenas unhas maletas, o calzado, a roupa (impersonalidade); a lectura do folleto de trens, o propio cuarto de hotel (transitoriedade). Det\u00edvose a pensar diante da escena porque el quizais entende a viaxe doutro xeito. Para el \u00e9, quizais, o que para o neno que somos todos: expectativa, emprendemento, ilusi\u00f3n, aventura, romanticismo. Ou quizais \u00e9 unha ollada a trav\u00e9s dunha vent\u00e1. <!--more-->Unha vent\u00e1 cara a dentro. Unha ollada a unha paisaxe que nin est\u00e1 f\u00f3ra nin se ve, sen\u00f3n que est\u00e1 dentro e se int\u00fae nas posibilidades que d\u00e1 o elemento concitador: o silencio. Muller, neno e cuarto coinciden nel. O visible peso do silencio que se desprende e que Xo\u00e1n Fern\u00e1ndez fai chocar nesas tres situaci\u00f3ns, acheg\u00e1ndonos cun novo punto de vista ao tema de Hopper.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un silencio que, como no propio cuarto, el encerrou no tri\u00e1ngulo formado pola lectora, o folleto que sost\u00e9n entre as mans e o neno que os olla a ambos os dous, sen que se saiba exactamente en\u00a0cal\u00a0deles ten fixa a s\u00faa atenci\u00f3n; como tampouco se sabe se a da lectora est\u00e1 nas p\u00e1xinas ou se est\u00e1 a mirarse a si mesma; como tampouco o aclara o libro aberto, que nos ofrece ese mundo inconcreto, ese voo ou viaxe \u00edntima que aparece intelixentemente asociado ao da imaxinaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xoan_fdez_mtnez.gif\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-2202\" alt=\"xoan_fdez_mtnez\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/xoan_fdez_mtnez.gif\" width=\"180\" height=\"241\" \/><\/a>Ese tri\u00e1ngulo,\u00a0compl\u00e9tao Xo\u00e1n Fern\u00e1ndez\u00a0coa diagonal que percorre o cuarto e vai conflu\u00edr \u2013de novo o universo dos so\u00f1os\u2013 no peito do neno, coma un simbolismo da pureza ou unha\u00a0concreci\u00f3n\u00a0da fantas\u00eda. O neno, no seu abandono (as mans detr\u00e1s, o polgar suxeito leve, case involuntariamente) \u00e9 a imaxe do tempo detido. Unha suxeici\u00f3n do dedo ou do tempo nese dedo, que nos recorda tam\u00e9n a cohesi\u00f3n entre os seus ollos e o cadro de\u00a0Hopper.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xo\u00e1n\u00a0d\u00ednolo as\u00ed, cunha linguaxe de imaxes e sutilezas que, pola facilidade daquelas, se fai entender ou sentir m\u00e1is ca se nolo explicasen. \u00c9 a linguaxe aberta da s\u00faa composici\u00f3n pechada. Tam\u00e9n da s\u00faa xeometr\u00eda das sensaci\u00f3ns, a\u00ednda que pareza un contrasentido. El di que os seus temas te\u00f1en sempre algo de casual, algo do momento vivido, como unha fotograf\u00eda ou un fotograma dos seus\u00a0aconteceres. Unha sorte do espiritual casual, na arte. Algo que se lle aparece ao artista, xorde ante el ou nel, inc\u00edtao, p\u00eddelle paso, p\u00eddelle ser retido para outros, nese acto m\u00e1xico que \u00e9 transmitir. O m\u00e1xico que \u00e9 aqu\u00ed ese espazo, na maleta, na soidade ou nesa\u00a0ambig\u00fcidade\u00a0na que s\u00f3 est\u00e1 explicitamente aberto o libro, mais coas p\u00e1xinas en branco, nesa evanescencia\/espiritualidade que, como met\u00e1fora da arte, nos transmite sempre a pintura de\u00a0Xo\u00e1n Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0O neno det\u00edvose ante a estra\u00f1a interpretaci\u00f3n que da viaxe fixo Edward Hopper. O abandono (case desacougo) da lectora sentada na cama; as maletas sen desfacer (incerteza); a luz\u00a0penumbrosa (fr\u00edo); a ausencia de obxectos ou referencias, apenas unhas maletas, o calzado, a roupa (impersonalidade); a lectura do folleto de trens, o propio cuarto de &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2191\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Neno diante da \u201cHabitaci\u00f3n de hotel\u201d, de Xo\u00e1n Fern\u00e1ndez<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,4],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2191"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2191"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2191\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2218,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2191\/revisions\/2218"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2191"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2191"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2191"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}