{"id":3067,"date":"2015-03-10T07:00:48","date_gmt":"2015-03-10T07:00:48","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3067"},"modified":"2015-03-03T08:07:13","modified_gmt":"2015-03-03T08:07:13","slug":"o-covarde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3067","title":{"rendered":"O covarde"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3068\" alt=\"o covarde\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/o-covarde.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Volvinme atopar estoutro d\u00eda co Virulillas. A verdade \u00e9 que xa hab\u00eda tempo que non cadraba con el e tampouco o botaba de menos. Xa sabedes que dos nosos encontros sempre me ve\u00f1en \u00e1 memoria tempos non tan gratos como ser\u00eda de desexar, pero a\u00ednda as\u00ed, este d\u00eda, dado que o encontro foi no bar que rexenta un amigo com\u00fan, xa eramos dous contra el, para lembrarlle, sempre sen perder o sorriso, o mal becho que era cando iamos \u00f3 grupo escolar. <!--more-->Ata que, nun momento da conversa, despois de chamar \u00f3 camareiro \u00abpon aqu\u00ed outras\u00bb, como se por pagarnos unha invitaci\u00f3n xa fose ser exculpado dos pecados habidos, lembrou unha daquelas atrocidades que el e o seu curm\u00e1n comet\u00edan contra todos n\u00f3s, cando colleron a un cativo e o ameazaron con aforcalo na pola dun pino se non lles daba non sei que cousa que o outro atopara. E a\u00ednda contaba como aquel, vendo \u00f3 curm\u00e1n de dous buratos m\u00e1is no cinto ca calquera do seu tempo, axitando na man un rello \u00f3 que lle ti\u00f1a feito un n\u00f3 \u00f3 estilo das pel\u00edculas de vaqueiros, colleu tal medo que, de s\u00fapeto, mexou por si. E cont\u00e1banos o moito que se riron del aquel d\u00eda e a\u00ednda agora, cando se lembran do r\u00e1pido que lles deu o que lle reclamaban diante dunha corda cun n\u00f3 de sete voltas.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Mentres contaba a an\u00e9cdota, na que a palabra covarde e todos os seus sin\u00f3nimos se repet\u00edan constantemente, confeso que me sent\u00edn triste, e non puiden deixar de pensar no significado da mesma, ou no que aquel entend\u00eda por tal, porque evidentemente non \u00e9 o mesmo ser covarde ca temer pola propia vida, como non o \u00e9 estar na seguridade da verdade a ter que calar diante dun terco violento. E desde a\u00ed, non sei por que cami\u00f1os acabamos chegando a comparar \u00f3 heroe, o ant\u00f3nimo por excelencia daquel, co sabio, quen polo xeral nunca peca de covarde, pusil\u00e1nime ou impetuoso. E as\u00ed, sendo o sabio e o heroe todo o contrario do covarde, ambos se diferencian s\u00f3 na idade, pois non hai sabio novo nin heroe anci\u00e1n; e o Virulillas, coa s\u00faa barrigui\u00f1a prominente e calva abundante, non \u00e9 nin foi nunca nin o un nin o outro.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">O heroe, como dixo non sei quen, tam\u00e9n pode ser un covarde que fuxe en direcci\u00f3n contraria -aclar\u00e1moslle-, un tolo que aboca o perigo por desco\u00f1ecemento, un botado para diante con sorte que, tras acabar mal s\u00f3 deixa na memoria a s\u00faa arroutada, na maior\u00eda dos casos levando por diante a un mont\u00f3n de contrarios e inocentes que non te\u00f1en culpa da s\u00faa fereza sen control. O Virulillas nin a iso chegaba porque para as s\u00faas atrocidades sempre se escudaba no seu curm\u00e1n. E se o heroe acostuma a morrer novo (cousa que nin lle desexo a este amigo de pouco gratos recordos), porque a vida non lle d\u00e1 para m\u00e1is, o sabio sempre morre vello.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Neste falar por falar, no que o Virulillas de s\u00fapeto xa non ti\u00f1a nada que dicir e s\u00f3 se limitaba a mirar para n\u00f3s co sorriso dos esc\u00e9pticos disfrazando a s\u00faa cara, tal vez pensando en que categor\u00eda entraba el, como o consider\u00e1bamos n\u00f3s e como o seu curm\u00e1n. E mentres conclu\u00edamos que o sabio \u00e9 quen de manterse alleo a modas, idolatr\u00edas e actitudes fantasiosas, el sinalaba o seu peito. O sabio, segu\u00edamos, non atende \u00f3s discursos dos profetas salva-patrias nin \u00e1s acusaci\u00f3ns de irrealista, ut\u00f3pico, desnortado, iluso e outras polo estilo, con que son atacados, porque co\u00f1ece o l\u00edmite entre o perigoso e o seguro sen necesidade de humillarse nin de claudicar das propias ideas, e ese si \u00e9 un arte vital que moi raras veces e moi poucos pos\u00faen. E chegados a este punto, preguntounos por el, que tampouco anda con contos nin politiqueos: \u00abTranquilo home, que ti nin sequera eras un covarde\u00bb.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Volvinme atopar estoutro d\u00eda co Virulillas. A verdade \u00e9 que xa hab\u00eda tempo que non cadraba con el e tampouco o botaba de menos. Xa sabedes que dos nosos encontros sempre me ve\u00f1en \u00e1 memoria tempos non tan gratos como ser\u00eda de desexar, pero a\u00ednda as\u00ed, este d\u00eda, dado que o encontro &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3067\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O covarde<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3067"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3067"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3067\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3069,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3067\/revisions\/3069"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}