{"id":3130,"date":"2015-03-11T07:00:41","date_gmt":"2015-03-11T07:00:41","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3130"},"modified":"2015-03-05T19:55:58","modified_gmt":"2015-03-05T19:55:58","slug":"grecia-por-que-no-punto-de-mira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3130","title":{"rendered":"Grecia: por que no punto de mira?"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3133\" alt=\"grecia 2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-2-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-2-300x168.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-2.jpg 625w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Non creo dicir barbaridade algunha se afirmo que a responsabilidade dos medios de comunicaci\u00f3n na actual regresi\u00f3n social \u00e9 m\u00e1is que evidente. Tampouco considero unha esaxeraci\u00f3n se digo que os mesmos que xa hai anos tapaban asuntos escuros, turbios, ou loaban obras sen sentido<!--more--> son os mesmos que nos \u00faltimos tempos se ve\u00f1en autoproclamando coma descubridores de tramas corruptas que case todos co\u00f1eciamos e calabamos ou coma denunciantes do abandono e o estado ruinoso no que se atopan aquelas obras ou construci\u00f3ns que ent\u00f3n eloxiaban e moitos cualificabamos de monumentos da dilapidaci\u00f3n dos cartos de todos. De gabarse delas pasaron a denuncialas, ese foi o \u00fanico cambio. En canto aos telexornais?: un punto de fusi\u00f3n entre a cr\u00f3nica negra, a gaceta rosa e os <i>reality<\/i>. E as televisi\u00f3ns?: armas sistem\u00e1ticas de publicidade pol\u00edtica e de propaganda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3134\" alt=\"grecia 3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-3-300x170.jpg\" width=\"300\" height=\"170\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-3-300x170.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-3.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Esta pequena introduci\u00f3n v\u00e9n a conto en relaci\u00f3n coas elecci\u00f3ns gregas e o choque entre o novo goberno heleno co, entre outros, presidente do executivo espa\u00f1ol. Pero non pola confrontaci\u00f3n verbal en si, sen\u00f3n pola informaci\u00f3n dos medios estatais e auton\u00f3micos sobre os resultados dos comicios e sobre as negociaci\u00f3ns do equipo de Tsipras cos dirixentes do eurogrupo. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 claramente nesgada e condicionada pola campa\u00f1a electoral, coa crecente m\u00fasica de fondo de Podemos, formaci\u00f3n \u00e1 que comparan ou irmandan con Syriza e tam\u00e9n co r\u00e9xime venezolano.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como xa sabemos: os gregos outorgaron unha maior\u00eda a Syriza (por aqu\u00ed, esquerda radical) como resposta \u00e1s pol\u00edticas de austeridade impostas pola Troika. E mentres os l\u00edderes da eurozona escoitan con incerteza as propostas do novo goberno de coalici\u00f3n grego, entre n\u00f3s, moitos preg\u00fantanse se Podemos \u00e9 a versi\u00f3n espa\u00f1ola da agrupaci\u00f3n pol\u00edtica helena.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-man.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3135\" alt=\"grecia man\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-man-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-man-300x199.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-man.jpg 560w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Como \u00e9 que de repente espertou o noso interese polo goberno que puidese escoller un pequeno pa\u00eds mediterr\u00e1neo de once mill\u00f3ns de habitantes, sobre o que a prensa e os medios se dedican a resaltar os aspectos m\u00e1is negativos dunha xesti\u00f3n pol\u00edtica e administrativa, desde sempre en mans de d\u00faas poderosas \u201cfamilias\u201d afiliadas \u00e1 dereita cl\u00e1sica e \u00e1 socialdemocracia? Sinxelamente, dende que as pol\u00edticas do novo executivo heleno poidan volver p\u00f3r en apertos o sistema bancario europeo e a moeda com\u00fan (euro). Pero os medios pouco nos dixeron das penalidades que, dende o 2007 ata agora, pasou a poboaci\u00f3n grega. Neste senso, a semana pasada nun peri\u00f3dico coru\u00f1\u00e9s un prestixioso columnista relataba dous aspectos negativos: a elevada porcentaxe da poboaci\u00f3n dunha illa que cobraba por ser cega cando non o era, e que os contribu\u00edntes arestora so aportan ao estado 76.000 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-euro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3136\" alt=\"grecia euro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-euro-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-euro-300x200.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-euro.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>No entanto, nada nos conta de que durante ese per\u00edodo de tempo se privatizaron a xesti\u00f3n da auga, as empresas enerx\u00e9ticas, a onerosa loter\u00eda nacional, os portos, aeroportos, autopistas, as li\u00f1as do ferrocarril, as costas e illas. E todos sabemos con que resultado. Porque todo isto favoreceu a\u00ednda m\u00e1is aos oligarcas, que fixeron as s\u00faas fortunas como armadores pagando menos impostos que ningu\u00e9n. Non hai nada peor que cambiar de deus. Agora case todos adoramos o catecismo laico da Merkel. Pero a colonizaci\u00f3n econ\u00f3mica dunha naci\u00f3n non resolve os seus problemas internos. Pode agravalos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fronte \u00e1 receita econ\u00f3mica da Troika, que combinaba suba de impostos e recortes no gasto p\u00fablico, a poboaci\u00f3n grega apostou maioritariamente por Alexis Tsipras. A menci\u00f1a europea resultou peor que a enfermidade que pretend\u00eda curar: contraeu a econom\u00eda e empobreceu a boa parte da cidadan\u00eda, co cal est\u00e1 a dificultar a devoluci\u00f3n da d\u00e9beda grega. As\u00ed pois, do remedio ideado polo FMI, o Banco Central Europeo e a Comisi\u00f3n deveu nun cancro. E neste senso, moitos expertos soste\u00f1en que Grecia merece unha quita similar \u00e1 de Alema\u00f1a trala Segunda Guerra Mundial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O perigo, pese a que as negociaci\u00f3ns seguen abertas, semella evidente: Europa pode acabar suicid\u00e1ndose por querer impartir unha lecci\u00f3n moral a un pequeno pa\u00eds, que asegura que non pode pagar a s\u00faa actual d\u00e9beda (m\u00e1is de 35.000 euros per c\u00e1pita). Pero os pa\u00edses debedores (entre eles Espa\u00f1a, 26.000 mill\u00f3ns) non queren o\u00edr falar de quita, nin de reducir ou renegociar a d\u00e9beda. Dado que do que se trata \u00e9 de que os veci\u00f1os do norte lles reclaman aos do sur que devolvan todos os cr\u00e9ditos, ignorando unha pol\u00edtica crediticia criminal por parte das s\u00faas entidades bancarias, a pregunta parece case escol\u00e1stica: se case a metade do rescate grego foi parar aos bancos alem\u00e1ns e franceses, quen \u00e9 o que precisa dunha lecci\u00f3n moral?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O resultado das votaci\u00f3ns helenas desgustou a case todo o mundo. Entre n\u00f3s, os que mostraron a faciana m\u00e1is indignada foron os xefes dos medios informativos e os seus fieis facedores de opini\u00f3n. Xa se sabe: a democracia \u00e9 o mellor sistema se ga\u00f1an os nosos, pero se ga\u00f1an os inimigos, ent\u00f3n os votantes ou son uns irrespons\u00e1beis e insensatos ou est\u00e1n manipulados. Para eles non \u00e9 importante o que supuxo a profunda recesi\u00f3n, que presentou un dilema meridiano entre o que demandan os electores e os gobernos queren (ou poden) facer.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3137\" alt=\"grecia 4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-4-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-4-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/grecia-4.jpg 650w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A d\u00eda de hoxe, elixir novo executivo pode non significar nada na pol\u00edtica pr\u00e1ctica, pois mande quen mande, outras son as instituci\u00f3ns (aquelas que ningu\u00e9n escolleu) que deciden: isto confirma definitivamente a perda de autoridade e control dos estados sobre os seus asuntos internos, de xeito especial os econ\u00f3micos. De aqu\u00ed que o argumento nacionalista de recuperar a soberan\u00eda te\u00f1a cada vez m\u00e1is forza e atractivo, e os partidos \u201crespons\u00e1beis\u201d (PASOK e ND en Grecia) son as s\u00faas primeiras v\u00edtimas. E non \u00e9 esta a sorte que lles pode agardar a outros? Isto ser\u00eda, no fondo, o que explicar\u00eda o nerviosismo dos dirixentes pol\u00edticos espa\u00f1ois e a vergonzosa e tendenciosa informaci\u00f3n que nos venden os seus servos ao fronte dos medios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En canto as similitudes entre Podemos e Syriza, algunhas hainas: a orixe sociodemogr\u00e1fica dos seus simpatizantes e mesmo a moderaci\u00f3n do seus discursos pol\u00edticos, que evolucionaron dende as posturas anticapitalistas ata posici\u00f3ns de centro esquerda. Pero Espa\u00f1a non \u00e9 Grecia. Tampouco o PSOE, pese a s\u00faa impar\u00e1bel sangr\u00eda, \u00e9 equivalente ao PASOK. O exemplo grego permite observar que Podemos non planea o asalto ao ceo, coma se desprende da s\u00faa ret\u00f3rica, sen\u00f3n que s\u00f3 \u00e9 a chave que abriu a porta dun ciclo pluripartidista na pol\u00edtica espa\u00f1ola, logo de que estoupase a estrutura bipartidista do poder que reinaba comodamente en Madrid dende hai 37 anos .<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Non creo dicir barbaridade algunha se afirmo que a responsabilidade dos medios de comunicaci\u00f3n na actual regresi\u00f3n social \u00e9 m\u00e1is que evidente. Tampouco considero unha esaxeraci\u00f3n se digo que os mesmos que xa hai anos tapaban asuntos escuros, turbios, ou loaban obras sen sentido<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3130"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3130"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3130\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3138,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3130\/revisions\/3138"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}