{"id":3190,"date":"2015-03-27T07:00:49","date_gmt":"2015-03-27T07:00:49","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3190"},"modified":"2015-03-23T08:32:24","modified_gmt":"2015-03-23T08:32:24","slug":"o-banquete-de-epulon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3190","title":{"rendered":"O banquete de Epul\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3191 alignleft\" alt=\"epulon\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/epulon.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>A que est\u00e1 considerada como a catedral m\u00e1is antiga da pen\u00ednsula, e tal vez da cristiandade, \u00e9 san Mart\u00edn, no concello de Foz, a primitiva Se que, despois de sufrir o acoso normando durante d\u00e9cadas, decidiu trasladarse \u00f3 actual emprazamento de Mondo\u00f1edo. Pero al\u00ed a\u00ednda contin\u00faa, non tan lonxe do mar, o magn\u00edfico edificio soportado por xigantescos contrafortes na \u00e1bsida e conservando no seu interior o marabilloso retablo p\u00e9treo de m\u00faltiples lecturas, as\u00ed como o sarc\u00f3fago dun bispo que afund\u00eda naves normandas a base de axeonllarse e rezar un Painoso.<!--more--> Mais se este xoves nos acordou \u00f3s amigos de parladoiro esta bas\u00edlica, foi por mor dos baixorrelevos dos capiteis, que amosan distintas escenas b\u00edblicas, e entre elas unha representaci\u00f3n do banquete, opulento, do rico Epul\u00f3n, aquel que prefer\u00eda botarlle as sobras da comida \u00f3s cans antes que \u00f3 pobre L\u00e1zaro, como nos conta Lucas no seu evanxeo. E como estes nomes dos personaxes das par\u00e1bolas non son gratu\u00edtos, Xulio il\u00fastranos a todos, que os epul\u00f3ns eran unha casta de sacerdotes romanos encargados de dirixir as comidas que se fac\u00edan en honor dos deuses e tam\u00e9n os encargados de sinalar os pecados cometidos dentro da comunidade, por iso o evanxelista escolleu este nome para atacar a hipocris\u00eda das castas sacerdotais do imperio.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A par\u00e1bola est\u00e1 moi ben para denunciar aquilo de \u00abfai o que che digo, pero non o que eu fago\u00bb, e remata amos\u00e1ndonos o castigo divino para o rico e a salvaci\u00f3n para L\u00e1zaro pola paciencia amosada, pero a verdade \u00e9 que a paciencia de cara a conseguir as glorias eternas xa non convence a ningu\u00e9n. Epul\u00f3ns e opulentos est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda, pero os l\u00e1zaros pacienzudos por sorte xa non son tantos, cada vez escasean m\u00e1is os doados de convencer coas glorias da outra vida a cambio de deixarse asoballar nesta. Pero tam\u00e9n est\u00e1 moi ben a par\u00e1bola para lembrarnos que o diferente, non por selo ten que vivir arredado dos demais, que non ha de neg\u00e1rselle un sitio na nosa mesa e que sempre habemos de procurar a integraci\u00f3n do outro, do pobre e do inferior.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E falabamos disto porque o outro d\u00eda, o amigo Xulio, iconoclasta convencido, despois de ver na porta da reitoral a un pobre e que ningu\u00e9n sa\u00edse a atendelo (seguramente non hab\u00eda ningu\u00e9n na casa), deixounos caer a pregunta que todos respondemos sen sinalar a ningu\u00e9n: \u00bfQuen ser\u00e1n agora os modernos epul\u00f3ns, os herdeiros daquela casta sacerdotal do Imperio Romano?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Volvendo \u00e1 par\u00e1bola aquela, sabido \u00e9 que o condenado foi o anfitri\u00f3n, pero \u00bfQue pasa cos demais comensais? \u00bfNon sab\u00edan eles do mal proceder do rico? \u00bfNon tiveron valor para afearlle tal conduta, erguerse e darlle un anaco de pan e un vaso de vi\u00f1o \u00f3 pobre?. \u00bfOnde est\u00e1 a caridade de quen tal ve e consente? Porque o mal non s\u00f3 o fai quen o executa, sen\u00f3n tam\u00e9n quen o permite, e quen marxina \u00f3 amparo de responsabilidades alleas ou de superiores, apartando a aquel que non viste as galas necesarias, que ten o corpo chagado, que non pode levar unha conversa sobre a riqueza e a posesi\u00f3n de bens porque non sabe o que tales cousas son, que \u00e9 \u00e1 fin, un marxinado. Hitler en por si s\u00f3 ser\u00eda un tolo condenado a cadea perpetua, pero co consentimento de todos os seus xenerais e ferventes seguidores produciu unha das maiores desgrazas que sufriu a humanidade en todos os tempos. E se ben as conciencias non se libran nin pola crenza de que al\u00f3 na Outra Vida xa po\u00f1er\u00e1 Deus a cada quen no seu sitio, hoxe por hoxe, a xustiza social \u00e9 necesario que se cumpra na terra e no d\u00eda a d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0A que est\u00e1 considerada como a catedral m\u00e1is antiga da pen\u00ednsula, e tal vez da cristiandade, \u00e9 san Mart\u00edn, no concello de Foz, a primitiva Se que, despois de sufrir o acoso normando durante d\u00e9cadas, decidiu trasladarse \u00f3 actual emprazamento de Mondo\u00f1edo. Pero al\u00ed a\u00ednda contin\u00faa, non tan lonxe do mar, o &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3190\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O banquete de Epul\u00f3n<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3190"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3190"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3190\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3205,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3190\/revisions\/3205"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3190"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3190"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3190"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}