{"id":3343,"date":"2015-04-24T06:00:56","date_gmt":"2015-04-24T06:00:56","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3343"},"modified":"2015-04-19T21:15:23","modified_gmt":"2015-04-19T21:15:23","slug":"malditas-dietas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3343","title":{"rendered":"Malditas dietas"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/bacanal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3344\" alt=\"bacanal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/bacanal-300x171.jpg\" width=\"300\" height=\"171\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/bacanal-300x171.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/04\/bacanal.jpg 350w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>S\u00edntoo moito polo meu amigo Tucho, a quen lle deu por facer dieta para lucir abdominais na praia de Riazor, e a\u00ed o vedes, na Parrillada Gardel, fronte a toda a panda de gaiteiros que somos, todos con cadanseu coitelo de dobre gume fronte a unha fonte de churrusqueira carne pingona, co vi\u00f1o servido en cunca de medio litro mentres el, por non perder a compa\u00f1a, de cabeza ladeada mira para n\u00f3s por encima dun prato de leituga sen adubo e o copo de auga sen gas.<!--more--> Mir\u00e1ndoo, d\u00e1me pena e a\u00ednda odio m\u00e1is as dietas por est\u00e9tica e bendigo os praceres sen vicio que nos alegran a vida.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Un dos problemas das dietas \u00e9 a necesidade que te\u00f1en os seus ac\u00f3litos de usar dietarios de control diario, para cada d\u00eda da semana e para cada comida do d\u00eda, medida en gramos e exclusi\u00f3ns, como se non tivesen m\u00e1is cousas en que pensar na s\u00faa vida, o cal produce certa preocupaci\u00f3n en quen tal padece e m\u00e1goa en quen tal contempla. Porque hai que ser moi mala persoa para non compadecerse do amigo que non pode saborear un chourici\u00f1o asado ou mollar sopas no prebe do marmitaco por mor dun ou dous gramos de graxa na barriga.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A primeira preocupaci\u00f3n dos adictos a dietas \u00e9 esa constante medida do tama\u00f1o da cintura e o movemento expansivo da agulla da balanza, pero o peor \u00e9 que sen ser un verdadeiro problema de sa\u00fade (que a maior\u00eda delas fanse por puro gusto e ins\u00f3lito sacrificio), am\u00e1rganche calquera comida pontificando con normas que producen mala dixesti\u00f3n, como que o medre das u\u00f1as \u00e9 causado pola inxesta do calcio que tomas co leite, e est\u00e1n todo o tempo falando das bondades da s\u00faa ins\u00edpida fame e do mal que envellecemos os demais, do mala que \u00e9 a carne vermella para os leucocitos e o vi\u00f1o capaz de acelerar a bomba card\u00edaca ata facerlle saltar o pist\u00f3n, mentres que eles, seguindo a canci\u00f3n aquela das verzas sen unto e as nabizas sen aceite vannos enterrar a todos. E Afonso, que \u00e9 moi serio para isto do bo xantar, agrad\u00e9celle \u00f3 amigo Tucho as futuras coroas coa fita de \u00abo teu amigo non te esquece\u00bb, e tranquil\u00edzao, que non lle deamos pena que iso \u00e9 o que os bos comedores se aforran: coroas para os funerais dos amigos.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E como o meu amigo Xulio tampouco cre nesas dietas feitas por est\u00e9tica e s\u00f3 se f\u00eda dos r\u00e9ximes que a medicina imp\u00f3n, cada vez que algu\u00e9n lle fala das marabillas do uso e abuso do kiwi macerado en zume de laranxa, saca un papeli\u00f1o do m\u00e9dico de cabeceira coas instruci\u00f3ns culinarias resumidas nun par de frases: comer de todo, sen abusar de nada.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E lembro agora a amigos de bo dente, a aqueles que non lle apartan a vista nin lle po\u00f1en a figa a unha caldeirada de raia ou a unha lacoada, que a\u00ed andan sempre coa alegr\u00eda desbordante, cos coloretes na cara e co \u00e1nimo disposto para apuntarse \u00f3 que sexa, que non sei por que todos os amigos de carnes anchas levan a alegr\u00eda canda eles e todos os fracos e esquel\u00e9ticos semellan anuncios dunha funeraria ata producir certa amargura nas s\u00faas almas e tristeza en quen os ve. Igual \u00e9 esa e non outra a raz\u00f3n pola que a pasarela da moda de Par\u00eds prohibe a delgadeza manifesta nas s\u00faas modelos, para que recuperen a alegr\u00eda e lla transmitan a quen vai mercar as roupas que elas amosan, que das untuosas musas de Rubens ningu\u00e9n apartou nunca os ollos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0S\u00edntoo moito polo meu amigo Tucho, a quen lle deu por facer dieta para lucir abdominais na praia de Riazor, e a\u00ed o vedes, na Parrillada Gardel, fronte a toda a panda de gaiteiros que somos, todos con cadanseu coitelo de dobre gume fronte a unha fonte de churrusqueira carne pingona, co &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3343\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Malditas dietas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3343"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3343"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3343\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3345,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3343\/revisions\/3345"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3343"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3343"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3343"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}