{"id":3518,"date":"2015-05-23T06:00:38","date_gmt":"2015-05-23T06:00:38","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3518"},"modified":"2015-05-19T06:46:57","modified_gmt":"2015-05-19T06:46:57","slug":"o-padrino-de-murguia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3518","title":{"rendered":"O padri\u00f1o de Murgu\u00eda"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/Murgu\u00eda.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright  wp-image-3519\" alt=\"Murgu\u00eda\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/Murgu\u00eda.jpg\" width=\"190\" height=\"240\" \/><\/a><span style=\"color: #000000;\"><b>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/b><\/span><\/em>Pouco a pouco imos acotando os motivos polos que a nai de Murgu\u00eda foi dar a luz a Oseiro, e cada vez que nos acercamos a esta misteriosa coincidencia m\u00e1is nos sorprendemos. A raz\u00f3n dada por don Vicente Risco de que dona Concepci\u00f3n Murgu\u00eda \u00eda en peregrinaci\u00f3n desde A Coru\u00f1a \u00e1 Virxe de Pastoriza cando lle vi\u00f1eron as dores do parto, non se sost\u00e9n se temos en conta que O Froxel queda tres ou catro quil\u00f3metros m\u00e1is al\u00f3 do destino. <!--more-->A outra raz\u00f3n d\u00e9unola unha se\u00f1ora nonaxenaria, de Oseiro, que co\u00f1ec\u00eda \u00e1 familia dos Crego (alcume de quen foi padri\u00f1o de bautizo do patriarca), apuntando que posiblemente a nai do historiador estaba tomando os ba\u00f1os en Arteixo e era desde al\u00ed que se desprazaba ata Pastoriza, e vi\u00f1\u00e9ronlle as dores do parto subindo a costa de Oseiro aquel 17 de maio de 1833. E se a todo isto lle engadimos que, no momento de nacer, os pais a\u00ednda non estaban casados, medran as d\u00fabidas, pois de tal condici\u00f3n ent\u00e9ndese que non viv\u00edan xuntos, a\u00ednda que si puidesen ter unha boa relaci\u00f3n, como se demostra no feito de que \u00f3 pouco tempo de nacerlles o fillo casan e \u00ablegaliza la prole\u00bb, como di a acta de bautizo en nota \u00e1 marxe.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Pero a que tal vez sexa a raz\u00f3n definitiva pola que Murgu\u00eda naceu en Oseiro, apunt\u00f3unola o escritor e historiador arteix\u00e1n Xabier Maceiras, tam\u00e9n pertencente \u00e1 familia dos Crego, e que lembra contos da s\u00faa avoa, quen lle falaba dun ba\u00fal cheo de libros de medicina que foran dun antepasado seu que estudara para m\u00e9dico en Santiago, pero non rematou a carreira. Aquel antepasado ben pod\u00eda ser Manuel Antonio Pan, o padri\u00f1o de Murgu\u00eda e en cuxa casa naceu o futuro historiador. Manuel Antonio Pan vi\u00f1a tendo, m\u00e1is ou menos, a mesma idade co pai de Murgu\u00eda, e dadas as circunstancias permit\u00edmonos supo\u00f1er que ambos se co\u00f1ec\u00edan da \u00e9poca de estudantes en Santiago, onde, a\u00ednda que o arteix\u00e1n non rematou a carreira, o seu amigo Juan Mart\u00ednez (pai do patriarca) fixo a de farmac\u00e9utico, exercendo nos d\u00edas do nacemento do seu fillo nunha farmacia coru\u00f1esa. E entendemos que, unha vez que dona Concepci\u00f3n lle participou o seu embarazo a quen naquel tempo non era m\u00e1is co seu pretendente, este buscoulle un lugar de confianza para levar con ben a xestaci\u00f3n ata que casasen.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Postos en contacto coa Universidade de Santiago co fin de encontrar unha relaci\u00f3n de alumnos da \u00e9poca, non aparecen listas de matriculados deses anos, documentos seguramente extraviados ou destru\u00eddos.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Como sabemos, Manuel Antonio Pan non chegou a ser m\u00e9dico, pero exerc\u00eda como tal entre os seus veci\u00f1os, e de feito o seu fillo, Antonio Pan, figura na acta de defunci\u00f3n como \u00abpracticante de cirurx\u00eda\u00bb. E toda a familia seguiu tendo unha querencia especial pola medicina, pois sabemos dunha neta deste cirurxi\u00e1n que exerceu de parteira na parroquia de Oseiro.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">De todo isto falabamos con Xabier Maceiras e o seu curm\u00e1n Pepe V\u00e1zquez, quen contou unha triste pero esclarecedora historia familiar, chea de misterio, segundo a cal, un neto do cirurxi\u00e1n, chamado Ventura Pan, t\u00edo-av\u00f3 do noso informante, herdou a afecci\u00f3n polos libros de medicina, e como sempre estaba lendo naqueles que se gardaban nun ba\u00fal, na casa reconv\u00ed\u00f1ano, que non lle collese gusto a aquelas lecturas, porque a familia non ti\u00f1an cartos para pagarlle a carreira, e sen t\u00edtulo non poder\u00eda exercer; como advert\u00edndoo contra a tentaci\u00f3n de dedicarse a tal ciencia sen o pertinente diploma, sentencia que nos fai intu\u00edr que, alg\u00fan antepasado, exercendo o oficio tivo alg\u00fan tipo de problema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Pouco a pouco imos acotando os motivos polos que a nai de Murgu\u00eda foi dar a luz a Oseiro, e cada vez que nos acercamos a esta misteriosa coincidencia m\u00e1is nos sorprendemos. A raz\u00f3n dada por don Vicente Risco de que dona Concepci\u00f3n Murgu\u00eda \u00eda en peregrinaci\u00f3n desde A Coru\u00f1a \u00e1 Virxe &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3518\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O padri\u00f1o de Murgu\u00eda<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3518"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3518"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3518\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3520,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3518\/revisions\/3520"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3518"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3518"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3518"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}