{"id":3536,"date":"2015-05-26T06:00:50","date_gmt":"2015-05-26T06:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3536"},"modified":"2015-12-31T12:05:08","modified_gmt":"2015-12-31T12:05:08","slug":"a-xuventude-da-vellez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3536","title":{"rendered":"A xuventude da vellez"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3539\" alt=\"mate1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate1-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate1-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate1.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.<\/strong> <\/em>(Para Ana Rivas).\u00a0Cando o equipo directivo me pediu que dixese unhas palabras neste acto de entrega de orlas de 2\u00ba de Bacharelato, recordei o personaxe dunha novela que, con 60 e poucos anos, di: <i>Estoy en la juventud de la vejez. <\/i>Como eu tam\u00e9n estou na xuventude da vellez, pensei que era unha boa oportunidade para comparar eses dous tipos de xuventude, a que vivira \u00e1 vosa idade e a que comezo agora.<!--more--> Contareivos simplemente qu\u00e9 aprend\u00edn ao longo dos anos sobre a utilidade das materias que m\u00e1is tiven que estudar no instituto, para que saibades que nada do que dicimos os profesores sobre a importancia das nosas materias \u00e9 verdade. Mentimos como rufi\u00e1ns. Pero como o equipo directivo me dixo que dispu\u00f1a, como m\u00e1ximo, de 5 minutos, cinguireime s\u00f3 a d\u00faas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Comezarei pola que case todo o mundo considera a materia m\u00e1is importante, Matem\u00e1ticas. A raz\u00f3n de que non as estudase sendo a materia que m\u00e1is me gustaba no instituto, foi descubrir que aquilo que me dic\u00edan os profesores de Matem\u00e1ticas era falso. Nin eran exactas nin resolv\u00edan ning\u00fan problema importante. Decateime ao namorarme. Cando a mi\u00f1a primeira moza me dixo que aceptaba sa\u00edr comigo, sentinme o tipo m\u00e1is guapo e atractivo do mundo. Un, eu, era igual a 10. Cando faciamos o amor, sent\u00edame dobre. Un, eu, era igual a 2. Cando se enfadaba comigo, sent\u00edame unha merdi\u00f1a. Un, eu, era igual a -1. Cando me deixou, sentinme un cero \u00e1 esquerda. Un, eu, era igual a cero. Non te\u00f1ades ningunha d\u00fabida. Se hoxe te\u00f1o tan bo recordo daquel primeiro amor foi porque nunca sent\u00edn que 1, eu, fose igual a 1. Pero a gota que rebordou o vaso, o que me fixo escapar definitivamente das Matem\u00e1ticas, aconteceu nunha eliminatoria de semifinais da Copa do Sar de xuven\u00eds. No partido de ida ga\u00f1\u00e1moslle 2-1 ao Padr\u00f3n en Asados, e no partido de volta perdemos en Padr\u00f3n 1-0. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3540\" alt=\"mate3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate3-300x164.jpg\" width=\"300\" height=\"164\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate3-300x164.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate3.jpg 303w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Cando o \u00e1rbitro pitou o final do partido, deiteime na herba para descansar un pouco, disposto a xogar a pr\u00f3rroga. As matem\u00e1ticas dic\u00edan claramente que no computo xeral da eliminatoria quedaramos 2-2. Pois no mundo real non era as\u00ed. Padr\u00f3n, 3, C.D.Uni\u00f3n, 2. Estabamos eliminados. O gol que marcara o Padr\u00f3n en Asados, f\u00f3ra da casa, val\u00eda o dobre que calquera dos goles que marcaramos n\u00f3s.\u00a0 Acababan de cambiar a norma e eu non o sab\u00eda. Era tan absurdo que lle ped\u00edn ao equipo directivo do C.D. Uni\u00f3n que presentase unha reclamaci\u00f3n diante da Federaci\u00f3n, invocando os axiomas da Aritm\u00e9tica (1 \u00e9 igual a 1, non a 2), pero dix\u00e9ronme que a rexeitar\u00edan. Se non coll\u00edn un trauma para toda a vida foi porque, estudando Filosof\u00eda en COU, souben que o mundo real \u00e9 unha construci\u00f3n subxectiva determinada polo Poder, e que tanto unha noiva como unha Federaci\u00f3n de F\u00fatbol son formas, bastante tir\u00e1nicas por certo, do Poder. Caralli\u00f1o, pensei, a Filosof\u00eda si \u00e9 unha ciencia exacta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero a alegr\u00eda non durou moito. Pouco despois, xa na facultade, descubr\u00edn que a Historia da Filosof\u00eda, por ser Historia, tam\u00e9n \u00e9 incerta, xa que a Historia \u00e9 a materia m\u00e1is mentireira de todas. E no s\u00f3 a m\u00e1is mentireira, sen\u00f3n tam\u00e9n a m\u00e1is parva, pois, obsesionada con ser unha ciencia obxectiva, renuncia \u00e1 s\u00faa mellor calidade, ser un mito. Os profesores de Historia contamos como realidades o que non son m\u00e1is que ficci\u00f3ns baseadas nuns poucos feitos manipulados. A mellor lecci\u00f3n que deberiades sacar das clases de Historia \u00e9 que todo \u00e9 ficci\u00f3n. O amor. A esencia. Deus. A familia. O di\u00f1eiro. A patria. A naci\u00f3n. A lingua. O pobo. O x\u00e9nero. A liberdade. A democracia. A ciencia. Os Dereitos Humanos. A Historia. A vosa propia identidade persoal. Todo ficci\u00f3n. Pero ollo. As\u00ed debe ser. As ficci\u00f3ns son marabillosas (unhas m\u00e1is que outras) porque, ao contrario que as realidades, acomp\u00e1\u00f1annos e prot\u00e9xennos. Os profesores (tam\u00e9n os vosos pais) cont\u00e1molas como realidades porque somos tan inseguros e sent\u00edmonos tan frustrados que queremos que sexades coma n\u00f3s, que vivades a nosa ficci\u00f3n. A pesar de todo, debedes prestarnos atenci\u00f3n, sempre que nola prestedes a moitos, e canto m\u00e1is opostos e antag\u00f3nicos, mellor. Crer s\u00f3 a ficci\u00f3n dun pai ou dunha nai ou do profesor favorito \u00e9 o cami\u00f1o m\u00e1is curto cara a ignorancia e o fanatismo. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3541\" alt=\"mate4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate4-231x300.jpg\" width=\"231\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate4-231x300.jpg 231w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/mate4.jpg 480w\" sizes=\"(max-width: 231px) 100vw, 231px\" \/><\/a>\u00c9 agora, ao cumprir 18 anos, cando debedes decidir que a misi\u00f3n m\u00e1is importante da vosa vida \u00e9 crear a vosa propia ficci\u00f3n. Pero esa ficci\u00f3n s\u00f3 ser\u00e1 efectiva se serve para xustificar a \u00fanica realidade que existe, esa da que nunca falamos os adultos porque nos d\u00e1 p\u00e1nico parecer vulnerables aos vosos ollos. A soidade. Hai uns d\u00edas, ao deitarme, puxen Hora 25, un dos programas de radio de maior audiencia. Angels Barcel\u00f3, a presentadora, estaba entrevistando a Sara S., unha das m\u00e1is importantes asesoras financeiras de Espa\u00f1a. Emocioneime, Sara fora alumna mi\u00f1a hab\u00eda 15 anos. Mentres a o\u00eda, recordei un d\u00eda que se enfadou moito en clase, ela que era un encanto, porque uns compa\u00f1eiros dixeron que todo lle resultaba f\u00e1cil. P\u00faxose tan furibunda que deixou desorientados aos compa\u00f1eiros o resto do curso. Ao pouco desculpouse, apesarada, e comprend\u00edn que se sent\u00eda moi soa. O d\u00eda seguinte d\u00edxome que estaba farta de que, por levar sobresaliente en todo, ningu\u00e9n lle reco\u00f1ecese o traballo, nin sequera os pais. S\u00f3 se preocupaban do irm\u00e1n, que era un traste. O\u00edndoa na radio, orgulloso da brillantez coa que explicaba a posible sa\u00edda da recesi\u00f3n da econom\u00eda espa\u00f1ola, pensei que me gustar\u00eda tela axudado coas mi\u00f1as clases a sentirse menos soa, e desexei que, ademais dos \u00e9xitos profesionais, tivese \u00e9xito, sobre todo, en atopar persoas coas que compartir aquela\u00a0 soidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00c9 o mesmo que vos desexo a v\u00f3s.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. (Para Ana Rivas).\u00a0Cando o equipo directivo me pediu que dixese unhas palabras neste acto de entrega de orlas de 2\u00ba de Bacharelato, recordei o personaxe dunha novela que, con 60 e poucos anos, di: Estoy en la juventud de la vejez. Como eu tam\u00e9n estou na xuventude da vellez, pensei que era &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3536\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A xuventude da vellez<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3536"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3536"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3536\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4850,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3536\/revisions\/4850"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3536"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3536"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3536"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}