{"id":4802,"date":"2015-12-23T06:00:10","date_gmt":"2015-12-23T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4802"},"modified":"2015-12-18T12:20:27","modified_gmt":"2015-12-18T12:20:27","slug":"en-nome-dun-deus-contraditorio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4802","title":{"rendered":"En nome dun Deus contraditorio"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4806\" alt=\"relixion1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion1-300x261.jpg\" width=\"300\" height=\"261\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion1-300x261.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion1.jpg 379w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Moito recordo estes d\u00edas, tras os atentados de Par\u00eds, e os innumerables artigos que levo lido, os meus anos de instituto. Anos setenta, Espa\u00f1a abr\u00edase \u00e1 democracia, e os profesores m\u00e1is progresistas cambi\u00e1ronnos completamente o discurso. Prognosticaban que a relixi\u00f3n, iso que (des)orientara as nosas curtas vidas, acabar\u00eda desaparecendo co avance da ciencia, ou como dic\u00eda Marx, coa eliminaci\u00f3n das clases sociais. <!--more-->Corenta anos despois podemos testemu\u00f1ar o fracaso m\u00e1is estrepitoso desas predici\u00f3ns. Sexa ou non unha guerra de relixi\u00f3n o que estamos vivindo, ningu\u00e9n pode negar que a relixi\u00f3n xoga no mundo actual un papel decisivo, tanto polo n\u00famero de fieis como pola incidencia na vida diaria de miles de mill\u00f3ns de persoas. Europa quizais sexa unha excepci\u00f3n, pero m\u00e1is relativa do que adoita pensarse. Moitos dos seus pa\u00edses eran ata hai pouco comunistas e ateos, e agora mesmo en Rusia a Igrexa ten un papel cada vez m\u00e1is relevante. Para m\u00e1is, se Turqu\u00eda entra na Comunidade Europea, compartiremos cidadan\u00eda con 80 mill\u00f3ns de musulm\u00e1ns e, como consecuencia, \u00e9 previsible un efecto rebote. Aumentar\u00e1 a presenza do cristianismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00c9 tal esa influencia, que a relixi\u00f3n mesmo conseguiu delimitar (penso nas caricaturas de Mahoma) o territorio de debate co laicismo. S\u00f3 quixera constatar aqu\u00ed un dos aspectos desa trampa na que est\u00e1n caendo os pa\u00edses democr\u00e1ticos. Dicir que cristianismo e islamismo non son relixi\u00f3ns violentas. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4807\" alt=\"relixion2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2-300x196.jpg\" width=\"300\" height=\"196\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2-300x196.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2-1024x669.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2-900x588.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion2.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Chega con ler os seus libros sagrados para saber que promoven tanto a violencia como a paz. O Cor\u00e1n di: \u201cSe pos a man sobre min para matarme, eu non vou po\u00f1ela sobre ti, porque temo a Al\u00e1, Se\u00f1or do Universo\u201d, pero tam\u00e9n: \u201cQue non crean os infieis que van escapar. Non poder\u00e1n! Preparade contra eles toda a forza, toda a cabaler\u00eda&#8230;\u201d. Di: \u201cCombatede por Al\u00e1 (&#8230;) pero non vos excedades; Al\u00e1 non ama os que se exceden\u201d. Pero tam\u00e9n: \u201cMatade os id\u00f3latras onde queira que os atopedes; captur\u00e1deos, asedi\u00e1deos, tend\u00e9delles emboscadas por todas partes\u201d. A Biblia di: \u201cAmar\u00e1s os demais como a ti mesmo\u201d, pero tam\u00e9n: \u201cNon perdoes; mata a homes, mulleres e nenos, inclu\u00eddos os de peito\u201d. Xes\u00fas di que se che pegan nunha meixela, po\u00f1as a outra, pero tam\u00e9n que \u201cnon vin p\u00f3r paz sobre a terra, sen\u00f3n espada\u201d. \u00c9 comprensible que as persoas relixiosas moderadas intenten eludir esas pasaxes violentas tan dif\u00edciles de entender nas sociedades modernas actuais, pero non o fan s\u00f3 porque impliquen apolox\u00eda da violencia, sen\u00f3n porque lles ser\u00eda moi dif\u00edcil explicar por que un mesmo libro, inspirado por un \u00fanico Deus, se contrad\u00ed de forma tan flagrante. En pura l\u00f3xica ter\u00edan que reco\u00f1ecer que ese Deus non ten un criterio claro, ou, e isto xa ser\u00eda m\u00e1is inaudito, que eses libros foron escritos por seres humanos diferentes en \u00e9pocas moi distintas, sen ning\u00fan tipo de inspiraci\u00f3n divina, e de a\u00ed as contradici\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4808\" alt=\"relixion3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion3-300x151.jpg\" width=\"300\" height=\"151\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion3-300x151.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/12\/relixion3.jpg 611w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Cont\u00e1ronme hai pouco unha an\u00e9cdota. Un home foi \u00e1 igrexa falar co crego e, mentres falaban, o fillo pequeno colleu unha hostia dun c\u00e1liz. O crego viuno e d\u00edxolle: \u201cNeno, caca\u201d. O pai do neno, un home moi piadoso, reprochoulle ao crego que lle chamase caca \u00e1 hostia. O crego mirouno enfadado e d\u00edxolle: \u201cE logo que quere, que lle explique a Transubstanciaci\u00f3n ou o Misterio da Sant\u00edsima Trindade\u201d. \u00c9 tempo e hora de que as relixi\u00f3ns falen claro e lles chamen \u00e1s cousas polo seu nome, e que se deixen de malabarismos teol\u00f3xicos ou de simplezas reducionistas de natureza claramente opi\u00e1cea. Unha de d\u00faas: ou aceptan que os libros sagrados foron escritos por seres humanos ou deben explicarlles (con claridade) aos fieis m\u00e1is extremistas por que as pasaxes pacifistas son man\u00e1 e as violentas, caca. Vailles ser bastante m\u00e1is dif\u00edcil que explicarlles a nenos de catro anos o misterio da Sant\u00edsima Trindade, pero \u00e9 o territorio que unha democracia debe esixirlle \u00e1 relixi\u00f3n para enfocar un problema tan grave. Eu non coincido con Marx. Creo que as relixi\u00f3ns non desaparecer\u00e1n. Pero, precisamente por iso, \u00e9 necesario que aproveiten, dunha vez por todas, o enorme potencial \u00e9tico e espiritual que levan dentro, e se dean conta que o crego da an\u00e9cdota estaba equivocado. \u00c9 m\u00e1is f\u00e1cil que un neno entenda os misterios da Transubstanciaci\u00f3n e a Sant\u00edsima Trindade que un adulto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Moito recordo estes d\u00edas, tras os atentados de Par\u00eds, e os innumerables artigos que levo lido, os meus anos de instituto. Anos setenta, Espa\u00f1a abr\u00edase \u00e1 democracia, e os profesores m\u00e1is progresistas cambi\u00e1ronnos completamente o discurso. Prognosticaban que a relixi\u00f3n, iso que (des)orientara as nosas curtas vidas, acabar\u00eda desaparecendo co avance da ciencia, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4802\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">En nome dun Deus contraditorio<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4802"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4802"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4802\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4809,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4802\/revisions\/4809"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4802"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}