{"id":4960,"date":"2016-02-01T06:00:24","date_gmt":"2016-02-01T06:00:24","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4960"},"modified":"2016-01-31T10:22:44","modified_gmt":"2016-01-31T10:22:44","slug":"un-barbances-na-gran-sabana-iii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4960","title":{"rendered":"Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (III)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4998 alignleft\" alt=\"cap 3a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3a-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3a-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3a.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Foi co espertar que vin xustificada na s\u00faa totalidade a nosa aventura. Yuruan\u00ed era o p\u00falpito por onde agromaba o sa\u00fado matinal de Apolo. Sa\u00edn do chinchorro sen perder de vista o tepui e mergulleime no r\u00edo do que falara Teodoro. O seu fondo areoso f\u00edxome acordar o pozo da Armada, ou o mesmo curso de auga cando \u00e9 atravesado pola ponte de Xi\u00e1n ou cando rega as bra\u00f1as de Magal\u00e1ns, ou tam\u00e9n as pozas que forma o futuro Brea no lugar que non de xeito casual se chama Porto da Area, preto de Vali\u00f1o. <!--more-->As s\u00faas augas eran, en efecto, cristalinas, como no outono e na primavera as do Beluso en Landeiras, Beir\u00e1ns, Bealo ou na Arnela. Ao igual que sucede coa meirande parte dos nosos r\u00edos, tampouco naquel nidio berce de ninfas abundaban os peixes, mais non por exceso de explotaci\u00f3n ou de merda, sen\u00f3n polos numerosos accidentes orogr\u00e1ficos que dificultan a vida dos seus habitantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tralo meu bautismo na Gran Sabana, almorzamos arepa con queixo <i>llanero<\/i>, limpamos a choza, encartamos os chinchorros, cargamos algo de le\u00f1a por se a precisabamos m\u00e1is adiante e reincorpor\u00e1monos \u00e1 troncal 10. Logo duns kil\u00f3metros nos que non deixei de pensar na dieta dos xaguares chegamos ao Sector Waykapuru, unha comunidade ind\u00edxena que vive fundamentalmente do turismo, na que se pode mercar artesan\u00eda, inclu\u00eddos unha zarabatana, un arco e unhas frechas que considerei oportuno levar por se as cousas se pu\u00f1an feas, nun claro indicio de desorientaci\u00f3n absoluta ante a posible presenza de probas de supervivencia. Con todo, probei cun indio tanto o alcance como a punter\u00eda das armas. Quen dir\u00eda que aqueles instrumentos aparentemente primitivos lle resultasen tan efectivos ao novo amigo\u2026 e tan in\u00fatiles ao seu ne\u00f3fito pros\u00e9lito. Agradecido, por\u00e9n, polas s\u00faas ensinanzas, pregunteille a que tribo pertenc\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Son pem\u00f3n, palabra que significa <i>persoa<\/i> \u2013contestou.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Ent\u00f3n somos da mesma tribo, porque eu tam\u00e9n son <i>persoa<\/i> \u2013d\u00edxenlle sorrindo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-As\u00ed \u00e9 \u2013confirmou tam\u00e9n el cun sorriso mentres me daba unha aperta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era preto do mediod\u00eda cando, cargados de agasallos, armas e confraternidade, partimos do Sector Waykapuru cara a Santa Elena de Uair\u00e9n, e malia que en Venezuela \u00e9 costume xantar a esa hora, decidimos adiar a comida e desvi\u00e1rmonos un intre douscentos metros ao pasar a ponte sobre o r\u00edo Yuruan\u00ed para contemplar de preto o salto de auga hom\u00f3nimo. Apenas puido o Chevrolet gabear os primeiros penedos e laxes que ateigan o vieiro que conduce \u00e1 fervenza, as\u00ed que baixamos a medio cami\u00f1o e percorremos andando o treito final. Oculta a ruxidoira detr\u00e1s de matorrais e paredes de pedra, f\u00f3monos guiando polo ru\u00eddo da auga ao caer, e non puiden sen\u00f3n asemellar aquel son ao dos nosos cadoiros, ata que demos de s\u00fapeto coa cortina de n\u00e9boa da fabulosa e moi fotox\u00e9nica cachoeira que, de non estar xa bautizada, poder\u00eda chamarse Ribasieira ou Cadarnoxo, Folgoso ou Bast\u00f3n, Portas ou o Pozo do Inferno.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xa de regreso na ruta, non deixamos de observar como se perd\u00eda ao lonxe aquel r\u00edo poderoso que, trala s\u00faa confluencia co Cuquen\u00e1n, d\u00e1 lugar ao Caron\u00ed, un dos afluentes m\u00e1is importantes do Orinoco, no que verte as s\u00faas negras augas pola marxe dereita ao chegar a Puerto Ordaz, nunha estampa parangonable \u00e1 da confluencia do r\u00edo Negro co <a href=\"https:\/\/www.google.es\/url?sa=t&amp;rct=j&amp;q=&amp;esrc=s&amp;source=web&amp;cd=1&amp;cad=rja&amp;uact=8&amp;sqi=2&amp;ved=0CCEQFjAA&amp;url=http%3A%2F%2Fes.wikipedia.org%2Fwiki%2FR%25C3%25ADo_Solim%25C3%25B5es&amp;ei=McinVN-_CcbyUqWDhKAL&amp;usg=AFQjCNF891Vvuiw18mlrBRKALWzFHnGv4w&amp;bvm=bv.82001339,d.d24\">Solim\u00f5es<\/a>, no veci\u00f1o Brasil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4999 alignleft\" alt=\"cap 3b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3b-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3b-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3b.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Os seguintes kil\u00f3metros pas\u00e1molos xantando cachapa no interior do Chevrolet, sen deter o veh\u00edculo ata Kako Par\u00fa, ou o que \u00e9 o mesmo, a Quebrada de Jaspe, outro deses recunchos id\u00edlicos cos que agasalla o viaxeiro a paisaxe na Gran Sabana.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Ao subir esas escaleiras hai un sendeiro que conduce a unha illa de selva. No interior est\u00e1 a valgada \u2013dixo Teodoro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Co\u00f1eces ben estes lugares \u2013comentou meu sogro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Viaxo acot\u00edo a Santa Elena de Uair\u00e9n \u2013contestou o sobri\u00f1o-. Ademais, por aqu\u00ed vive unha india \u00e1 que visito de cando en vez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Imaxino que esas visitas non te\u00f1en nada que ver co que antes falabas: que se casas cunha india da Gran Sabana danche unha mina de ouro\u2026 \u2013Dixo sorrindo meu sogro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Vaites que non! \u00c9 certo que che dan a explotaci\u00f3n dunha mina, pero a cambio tes que manter a toda a familia da muller! \u2013Exclamou rindo Teodoro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Daquela procura unha con poucos irm\u00e1ns! \u2013Continuou bromeando Luis-. Quen sabe\u2026 Se cadra acabas atopando unha xeitosa, hai ind\u00edxenas ben bonitas\u2026 Meu pai, o av\u00f3 de Teodoro \u2013dirixiuse meu sogro a min-, que era estranxeiro e falaba papiamento, chegou a Venezuela traballando para unha compa\u00f1\u00eda petroleira. Pasados os anos, a compa\u00f1\u00eda marchou, cando o proceso de extracci\u00f3n de asfalto no lago Guanoco, no estado Sucre, se encareceu de m\u00e1is debido \u00e1s dificultades que presentaba o terreo, pero el co\u00f1eceu unha india coa que casou e tivo fillos. Por iso ficou aqu\u00ed. Integrouse na tribo, no interior da selva, e al\u00ed viviu moitos anos, cazando con zarabatanas, arco e frechas. Comezou a usar a garabata como correa, deixou de vestir traxeado e ensinoulles aos indios a pescar con rede, entre outras moitas achegas de tecnolox\u00edas e co\u00f1ecementos. Alg\u00fan d\u00eda contareiche a s\u00faa historia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Devezo por escoitala \u2013contestei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3c.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5000 alignright\" alt=\"cap 3c\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3c-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3c-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-3c.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Nese punto da conversa estabamos cando chegamos a Kako Par\u00fa. Al\u00ed a natureza decidiu darse un capricho: extensas laxes de xaspe vermello, sucadas por unha saba de auga procedente do cumio dos tepuis, acenden as sombras da contorna, abrindo a selva para ofrecer unha das imaxes m\u00e1is co\u00f1ecidas do Parque Nacional Canaima. Tr\u00e1tase dun lugar tan fermoso que un non acaba de poder fotografalo ben, sexa cal sexa o \u00e1ngulo que escolla. Se decides axustar o obxectivo sobre a pedra escura como pizarra das monta\u00f1as de Lugo non captas debidamente o contraste coa flor amarela do araguaney; se \u00e9 no alfombrado de xaspe onde decides fixar a atenci\u00f3n, perder\u00e1s de vista a superposici\u00f3n das laxes na valgada, que has crer colocadas por alg\u00fan Heracles ou Atlas ind\u00edxena, ou quizais polo mesmo deus que creou a praia das Catedrais, na mari\u00f1a lucense; se son as canas de bamb\u00fa que agroman na ribeira o que arelas inmortalizar, quitar\u00e1s a vista dos paxaros capuchinos, os tuc\u00e1ns de peteiro vermello, os saltar\u00edns e os ingr\u00e1vidos colibr\u00eds, s\u00f3 por mencionar algunhas das aves que adornan as p\u00f3las das \u00e1rbores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Sei por reportaxes que lin antes de vir que este \u00e9 un lugar frecuentado polos turistas, cousa que me parece incrible polo ben coidado que est\u00e1 \u2013comentei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Os indios coidan del porque forma parte da s\u00faa cultura, do seu ser \u2013afirmou Teodoro-. E tam\u00e9n porque agora, grazas \u00e1 explotaci\u00f3n tur\u00edstica, estes espazos naturais son a maior fonte de ingresos que pos\u00faen.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E eu pensei en todos os cavorcos, cadoiros, valgadas, fragas, carballeiras, r\u00edos e monta\u00f1as que poderiamos explotar mellor na nosa terra, sen contar cos monumentos erguidos polo home, como as calzadas, os castros, as m\u00e1moas, os d\u00f3lmenes, os h\u00f3rreos, os cruceiros, os mu\u00ed\u00f1os,&#8230; E pensei tam\u00e9n en que facer seu ese patrimonio, co\u00f1ecelo, cami\u00f1alo, sentilo, vivir del, \u00e9 \u00a0a chave mestra para que o noso pobo cobre consciencia da importancia de coidalo e mantelo vivo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro. Foi co espertar que vin xustificada na s\u00faa totalidade a nosa aventura. Yuruan\u00ed era o p\u00falpito por onde agromaba o sa\u00fado matinal de Apolo. Sa\u00edn do chinchorro sen perder de vista o tepui e mergulleime no r\u00edo do que falara Teodoro. O seu fondo areoso f\u00edxome acordar o pozo da Armada, ou o &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4960\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (III)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4960"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4960"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4960\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5117,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4960\/revisions\/5117"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4960"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4960"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4960"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}