{"id":4968,"date":"2016-02-29T06:00:09","date_gmt":"2016-02-29T06:00:09","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4968"},"modified":"2016-02-17T08:24:46","modified_gmt":"2016-02-17T08:24:46","slug":"un-barbances-na-gran-sabana-vii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4968","title":{"rendered":"Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VII)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5011 alignleft\" alt=\"cap 7a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7a-300x227.jpg\" width=\"300\" height=\"227\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7a-300x227.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7a.jpg 634w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Rematado o xantar, Silverio, que chegara a Valle de la Pascua hab\u00eda m\u00e1is de tres d\u00e9cadas procedente de Aveiro, amosoume un tr\u00edptico tur\u00edstico do fronteirizo estado brasileiro. Nel aparec\u00edan fotograf\u00edas e descrici\u00f3ns dalg\u00fans dos lugares m\u00e1is atractivos para o visitante: a illa de Marac\u00e1, o monte Cabura\u00ed, o lago Caracaran\u00e3, a cachoeira de Uruc\u00e1, o impresionante tepui Roraima ou a Pedra <!--more-->Pintada, un enorme outeiro situado na reserva de San Marcos, semellante en certa medida aos que repousan a car\u00f3n das sobreiras en San Lourenzo, pero de proporci\u00f3ns xigantestas, no que puxen especial atenci\u00f3n, pois nos seus gravados, estudados por primeira vez polo investigador franc\u00e9s Marcel Homet no ano 1950, quixen ver algunha concomitancia cos meus queridos dende neno petr\u00f3glifos de San Ram\u00f3n, e pensei por que non facer deles un atractivo tur\u00edstico prezado polo pobo, tal como os ind\u00edxenas de Amajari, o municipio no que se asenta o penedo, fixeron s\u00faas, respectan e aman aquelas pinturas ancestrais; e engadir nese tr\u00edptico os petr\u00f3glifos dos Pet\u00f3ns do Castro, de Fonte Sobreira, da Foxa Vella, da Lagoa de Muro, do monte da Gurita, da Pedra das Cabras, da Misarela, e tantos outros que nos hab\u00edan contar milleiros de historias se os soub\u00e9semos ler. E pensei que ese tr\u00edptico poder\u00eda abranguer un territorio non condicionado pola miseria dos localismos. E mentres pensaba tam\u00e9n puiden ler que os ind\u00edxenas da Gran Sabana non distinguen entre brasileiros e venezolanos, pois consid\u00e9ranse membros dun s\u00f3 pa\u00eds, e saben que son os mesmos porque comparten a mesma cultura. E pensei nos galegos que viaxan a outra parroquia e cren que est\u00e1n no estranxeiro. E anegoume por un intre a tristura. Pero pronto un f\u00edo do discurso de Teodoro fixo que se arredasen as nubes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-\u2026 Ent\u00f3n o tipo petou na porta da camioneta e preguntounos se ti\u00f1amos Viagra, que necesitaba catrocentas ou cincocentas caixas\u2026 Igual pensou que vi\u00f1amos de turismo sexual \u00e1 Gran Sabana\u2026 Ha, ha, ha!&#8230; P\u00f3delo crer?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Creo, Teodoro\u00a0 \u2013asentiu Silverio sorrindo-. A vida na mina \u00e9 dura, dalg\u00fan xeito te\u00f1en os obreiros que aseguraren a diversi\u00f3n na fin de semana\u2026 Ademais, en Santa Elena p\u00e1gase un sobreprezo por calquera produto. Igual o <i>chamo<\/i> \u00eda revender o que lle troux\u00e9rades, sexa o que for. Ten en conta que para que un cami\u00f3n de mercador\u00edas chegue aqu\u00ed debe atravesar toda a meseta\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-E pasar por Las Claritas\u2026 \u2013Engadiu Teodoro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-\u2026 As\u00ed \u00e9\u2026 Pasar por Las Claritas de d\u00eda \u2013confirmou Silverio-. Coido que o meu peor pesadelo \u00e9 atravesar Las Claritas de noite e pinchar un caucho no medio do casar\u00edo. Por certo, a\u00ed \u00e9 onde viven ou paran moitos dos que consumen a Viagra que vos pediu o Jackson.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-E digo eu \u2013comentou Teodoro-, habendo tantos remedios indios para iso e tanto ind\u00edxena por aqu\u00ed, non ser\u00eda preferible que o tipo visitase algunha comunidade na procura dun elixir repo\u00f1edor natural?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Noutrora quizais ser\u00eda unha opci\u00f3n \u2013aclarou Silverio-, pero na actualidade os ind\u00edxenas da Gran Sabana son donos de minas de ouro, as s\u00faas propiedades est\u00e1n protexidas por leis de \u00e1mbito nacional, viven mellor ca en ning\u00fan outro lugar de Venezuela, aprenderon a explotar o turismo, son comerciantes,\u2026 Seguramente lle vender\u00edan a Viagra a un sobreprezo maior\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Igual me conv\u00e9n mudarme\u2026 A fin de contas polas mi\u00f1as veas corre sangue ind\u00edxena\u2026 \u2013Dixo Teodoro-\u2026 Pero non me constan devanceiros canibais\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5012 alignright\" alt=\"cap 7b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7b-300x211.jpg\" width=\"300\" height=\"211\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7b-300x211.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7b-1024x720.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-7b-900x633.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Tal e como prometera, tralo xantar Silverio acompa\u00f1ounos ao paso fronteirizo, onde puidemos cruzar sen sequera baixar do veh\u00edculo nin presentar o pasaporte, para co\u00f1ecer Pacaraima. En efecto, a capital do municipio ti\u00f1a un tama\u00f1o inferior ao de Santa Elena, pero non escaseaban os negocios, inclu\u00edda unha versi\u00f3n vern\u00e1cula dos <i>buhoneros<\/i>, nin tampouco os <i>carros<\/i>, en terminolox\u00eda criolla, de m\u00e1is variedade e m\u00e1is novos ca os que conforman o parque automobil\u00edstico da veci\u00f1a cidade venezolana. Ao sa\u00edr do centro urbano chamoume a atenci\u00f3n unha finca estrada de invernadoiros nos que o sol reflict\u00eda os seus raios. Non os v\u00eda dende que deixara Galicia (os primeiros, que dos segundos non tiven queixa en toda a mi\u00f1a estad\u00eda na Rep\u00fablica Bolivariana). Por un intre sentinme en Bico de Mar ou Padr\u00f3n, m\u00e1is ben neste \u00faltimo, pois debaixo dos pl\u00e1sticos medraban pementos, ademais de cebolas, tomates, ch\u00edcharos, leitugas e repolos, entre outros legumes. Afectado polas reminiscencias da terra, pregunteille a Silverio se sab\u00eda se o dono da finca era de orixe galega, pero el aclaroume que se trataba dun xapon\u00e9s que gustaba de comer org\u00e1nico\u2026 Pasamos despois a car\u00f3n dun cartel que anunciaba a presenza de \u201catra\u00e7\u00f5es culturais, comidas t\u00edpicas e exposi\u00e7\u00f5es art\u00edsticas\u201d no marco da III Fronteira Cultural, coas bandeiras de Brasil, Guyana e Venezuela no centro da imaxe. Procurei en Google Earth a nosa ubicaci\u00f3n exacta e decateime de que nun momento da viaxe a trav\u00e9s da troncal 10, sen que nolo delatara a presenza de ningunha <i>alcabala <\/i>ou control policial, incursion\u00e1ramos na veci\u00f1a Guyana. Daquela fun plenamente consciente do afastado que estabamos de case todo, inclu\u00eddo o coche de Google, e congratuleime de poder ser part\u00edcipe dunha excursi\u00f3n tan fascinante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro. Rematado o xantar, Silverio, que chegara a Valle de la Pascua hab\u00eda m\u00e1is de tres d\u00e9cadas procedente de Aveiro, amosoume un tr\u00edptico tur\u00edstico do fronteirizo estado brasileiro. Nel aparec\u00edan fotograf\u00edas e descrici\u00f3ns dalg\u00fans dos lugares m\u00e1is atractivos para o visitante: a illa de Marac\u00e1, o monte Cabura\u00ed, o lago Caracaran\u00e3, a cachoeira de &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4968\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VII)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4968"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4968"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4968\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5196,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4968\/revisions\/5196"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4968"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4968"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4968"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}