{"id":4970,"date":"2016-03-07T06:00:58","date_gmt":"2016-03-07T06:00:58","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4970"},"modified":"2016-02-17T08:27:16","modified_gmt":"2016-02-17T08:27:16","slug":"un-barbances-na-gran-sabana-viii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4970","title":{"rendered":"Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VIII)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5014\" alt=\"cap 8a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8a-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8a-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8a.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Co sol mergull\u00e1ndose no horizonte, cruzamos de novo a \u201craia\u201d e regresamos ao hotel. Ceamos algo das sobras do mediod\u00eda e prendemos o felizmente activo aire acondicionado mentres organizamos a ruta da xornada seguinte: levantari\u00e1monos tarde, entendendo por tarde non m\u00e1is al\u00e1 das oito da ma\u00f1\u00e1, almorzariamos co amigo Silverio, co que entrariamos na Casa dos Cristais<!--more--> e na catedral, dous dos puntos de inexcusable visita en Santa Elena de Uair\u00e9n, encheriamos o dep\u00f3sito do Chevrolet e colleriamos axi\u00f1a o cami\u00f1o de regreso, para atravesar Las Claritas antes da noite. Feito o programa fomos durmir. E abof\u00e9 que durmimos ben, a pesar dos ronquidos de Teodoro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De todo canto puidemos contemplar na Casa dos Cristais o que m\u00e1is me sorprendeu foi o eclecticismo na disposici\u00f3n dos obxectos nas vitrinas, onde f\u00f3siles prehist\u00f3ricos comparten espazo con fragmentos de cuarzo non traballados, pedras talladas e puntas de frecha ind\u00edxenas, tanto actuais como primitivas, no que poder\u00eda ser un bo <i>atrezzo<\/i> para unha actualizaci\u00f3n de <i>One Million Years B.C.<\/i>, o filme de 1966 dirixido por Don Chaffey e protagonizado pola inesquecible Raquel Welch. Outra das curiosidades do lugar \u00e9 que non se trata dun museo ao uso, sen\u00f3n dunha vivenda particular na que os habitantes cumpren o rol de gu\u00edas tur\u00edsticos, amosando aos visitantes, habitaci\u00f3n por habitaci\u00f3n, toda a colecci\u00f3n de cuarzos e obxectos manufacturados que pos\u00faen, dos que unha grande porcentaxe te\u00f1en \u00e1 venda, exclu\u00edndose de tal condici\u00f3n as lanzas, frechas, arcos e zarabatanas que penden dos c\u00e1ncamos enfaixados en ara\u00f1eiras, nas paredes do sal\u00f3n, da coci\u00f1a e do corredor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed que demos percorrido na s\u00faa totalidade a exposici\u00f3n e mercado alg\u00fans <i>souvenirs<\/i>, sa\u00edmos con anovados azos, cecais a causa da enerx\u00eda espiritual que dic\u00edan os donos desprend\u00eda o cuarzo, da Casa dos Cristais para, tras un paseo fugaz polo interior da catedral e unha moito m\u00e1is dilatada espera na cola da <i>bomba<\/i> ou gasolineira, emprender o regreso \u00e1 \u00cdtaca de Valle de la Pascua, pois ben pensabamos que aquel retorno poder\u00eda converterse nunha odisea, a pouco que as cousas non se desen ou se torcesen un chisco.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5015\" alt=\"cap 8b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b-300x186.jpg\" width=\"300\" height=\"186\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b-300x186.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b-1024x636.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b-900x559.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8b.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A \u00faltima lembranza que gardo de Santa Elena \u00e9 a visi\u00f3n da enorme representaci\u00f3n inacabada da Virxe que recibe os visitantes, creada con trazos ind\u00edxenas no rostro e na indumentaria, que nos despediu dende a marxe esquerda da estrada ao sa\u00edr da cidade. E quixen pensar que ese monumento inconcluso era un paradigma da colonizaci\u00f3n naquelas terras a\u00ednda salvaxes por parte da Igrexa Cat\u00f3lica, que non foi quen de borrar plenamente a presenza da espiritualidade ind\u00edxena por m\u00e1is que tentou vestila de cristiandade, con varnices e asimilaci\u00f3ns que en tantos outros lugares si resultaron de todo exitosos, tal como ocorreu hai varios s\u00e9culos no Campo dos Outeiri\u00f1os, onde arestora se ergue a ermida de San Ram\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E as\u00ed foi como chegaba \u00e1 s\u00faa fin a mi\u00f1a viaxe pola meseta dos pem\u00f3ns, non sen antes mercar no campamento de Kawi Mer\u00fa un colar e un colgante que os nativos gravaron para a mi\u00f1a muller, ao tempo que me explicaban que o nome <i>Kawi <\/i>significa \u201c\u00e1rbore de madeira vermella\u201d, e que ese \u00e9 o motivo de que as laxes vistan de tal cor nas piscinas naturais que forma o r\u00edo, que, de non ser polas condici\u00f3ns pol\u00edcroma e lisa ata o esvaradizo das s\u00faas pedras, atopar\u00edan parang\u00f3n nas piscinas dos r\u00edos Pedras ou L\u00e9rez, na Terra dos Praestamarci.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois de Kawi Mer\u00fa s\u00f3 paramos na \u00fanica estaci\u00f3n de combustible que hai entre Santa Elena de Uair\u00e9n e Las Claritas. Al\u00ed, espetado nunha columna de madeira dun posto de artesan\u00eda ind\u00edxena, vin un cartaz no que, mentres o operario ench\u00eda o tanque de gasolina, lin o texto dunha petici\u00f3n de sinaturas:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u201c\u00bfEst\u00e1 usted de acuerdo con que nuestro parque nacional se llame Parque Nacional Auka? Porque <i>kanaima<\/i> significa demonio, esp\u00edritu malo, y <i>auka<\/i> significa luz inaccesible. Y que el t\u00e9rmino <i>auka<\/i> se proh\u00edba para fines pol\u00edticos, porque se trata de un t\u00e9rmino espiritual universal.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8c.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5016\" alt=\"cap 8c\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8c-300x190.jpg\" width=\"300\" height=\"190\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8c-300x190.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8c-1024x648.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/cap-8c-900x570.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>E asinei. Non porque o nome me parecese m\u00e1is axeitado, que para min a \u00fanica terra luminosa a tal extremo \u00e9 a que habitan as persoas \u00e1s que amo, sen\u00f3n porque o ped\u00edan os indios. E se unha cousa aprend\u00edn da xente que vive naquelas terras inh\u00f3spitas, m\u00e1is aptas para a vida salvaxe que para o desenvolvemento da agricultura ou da gandeir\u00eda, \u00e9 que \u00e9 m\u00e1is o que eles te\u00f1en que ensinarnos ca o que te\u00f1en que aprender de n\u00f3s. Ou acaso moitos dos lectores desta humilde cr\u00f3nica ven m\u00e1is felicidade nos ollos dos seus fillos mergullados en xogos electr\u00f3nicos que na escena dunha ducia de cativos nadando nas pozas que forman os r\u00edos que baixan dos tepuis, co pano de fondo dunha impresionante fervenza ou dunha piscina natural pintada pola natureza? Ou ser\u00e1 que o albanel que retella o tellado dunha casa ou dunha mansi\u00f3n allea o fai con m\u00e1is ledicia que un ind\u00edxena que cubre con follas de palma o seu fogar? Ou \u00e9 que a muller que atopa o supermercado sempre aberto nas ribeiras do para\u00edso, en prados infinitos e en fragas enmeigadas contar\u00e1 con menos subministros que a que merca en grandes superficies produtos artificiais e sospeitos? E que me din dos maiores? Preferir\u00e1n a soidade invisible dunha residencia a xogaren cos seus netos con arcos, frechas e zarabatanas nun claro do bosque, antes de veren \u00e1 tardi\u00f1a como o sol se p\u00f3n tras o horizonte dun tepui? Eu dir\u00eda que non, pero como sobre gustos hai xa demasiado escrito, remato aqu\u00ed, sen m\u00e1is demora, a mi\u00f1a narraci\u00f3n do vivido nun dos lugares m\u00e1is fascinantes que te\u00f1o visitado, a Gran Sabana de Venezuela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro. Co sol mergull\u00e1ndose no horizonte, cruzamos de novo a \u201craia\u201d e regresamos ao hotel. Ceamos algo das sobras do mediod\u00eda e prendemos o felizmente activo aire acondicionado mentres organizamos a ruta da xornada seguinte: levantari\u00e1monos tarde, entendendo por tarde non m\u00e1is al\u00e1 das oito da ma\u00f1\u00e1, almorzariamos co amigo Silverio, co que entrariamos &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4970\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un barbanc\u00e9s na Gran Sabana (VIII)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4970"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4970"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4970\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5017,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4970\/revisions\/5017"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}