{"id":5203,"date":"2016-03-04T06:00:12","date_gmt":"2016-03-04T06:00:12","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5203"},"modified":"2016-02-25T08:32:36","modified_gmt":"2016-02-25T08:32:36","slug":"privilexios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5203","title":{"rendered":"Privilexios"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5204\" alt=\"privilexios\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios-300x175.jpg\" width=\"300\" height=\"175\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios-300x175.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios-1024x599.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios-900x527.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/privilexios.jpg 1451w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Non llo tomedes a mal, pero anda por a\u00ed o amigo Xulio arrastrando de novo o seu descontento social con tanto foro e aforado, avogados defensores e fiscais de amparo.\u00a0Cando todos celebramos no noso parladoiro dos xoves que os ingleses promulgasen aquela famosa Carta Magna<!--more--> hai oitocentos anos, na que Xo\u00e1n sen Terra, tan maltratado polo cine, asinou o famoso artigo trinta e nove que v\u00e9n a dicir algo as\u00ed como que: Ning\u00fan home libre ser\u00e1 detido, privado dos seus bens, considerado f\u00f3ra da lei, exiliado ou dalg\u00fan xeito vitimizado ou atacado, a non ser por medio dun xu\u00edzo legal levado a cabo polos seus pares, Xulio s\u00f3 lle encontra defectos de forma, de equidade e ata de l\u00e9xico. Un fermoso artigo, abof\u00e9, pero que en palabras deste amigo noso, v\u00e9n demostrar que non hai lei sen trampa nin trampa sen lei. Por exemplo, \u00bfquen xulgaba daquela \u00f3 monarca sendo como era o m\u00e1is nobre dos nobres?. E que o fixese outro rei ser\u00eda catastr\u00f3fico.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Sen d\u00fabida, para aquel tempo iso debeu ser moi bo e todo un adianto cara \u00e1 igualdade e \u00e1 fraternidade, pero case seguro que hoxe en d\u00eda ning\u00fan lexislador ousar\u00eda asinalo. Asegura o amigo Xulio que os lexisladores actuais poden atreverse e atr\u00e9vense a facerlle perder a pensi\u00f3n a un periodista retirado que escribiu un libro, poden condenar \u00f3s obreiros, sindicados ou non, a ser despedidos sen previo aviso, poden coller a uns titiriteiros e acusalos de terroristas por ser cr\u00edticos e ousados, poden limitarnos o acceso \u00e1 educaci\u00f3n e \u00e1 sanidade por ser esta moi cara, os vellos moi lonxevos e os rapaces moi revoltosos; poden facer moitas cousas raras, incribles e impensables hai uns anos atr\u00e1s, pero iso de dicir que para xulgar a algu\u00e9n ter\u00e1 que facelo outro da s\u00faa ralea, caste e condici\u00f3n, non creo que o asinase ningu\u00e9n. E non crer tal non significa que non o fagan.<\/p>\n<div id=\"tt-wrapper855c577\" style=\"text-align: justify;\">\n<div id=\"tt-mention855c577\"><span style=\"font-size: 16px;\">Agora a pregunta \u00e9, se non estaba este famoso artigo protexendo a unha parte da poboaci\u00f3n (\u00f3 rei sobre todo) contra as posibles revoltas dos menos favorecidos, incluso daquel Robin Hood, perseguido polos esbirros reais e protexido polos coitados alde\u00e1ns.<\/span><\/div>\n<\/div>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Tan orgullosos est\u00e1n os ingleses da tal carta, publicada no 1215, que esta percorreu no \u00faltimo trimestre do pasado ano varias cidades desde Nova York a Pequ\u00edn e desde Xangai a Lisboa, antes de volver \u00f3 seu lugar de custodia, coma quen leva polo mundo adiante un cartaz de propaganda, presumindo de que os que a promulgaron eran uns adiantados dem\u00f3cratas. E agora v\u00e9n a segunda mal intencionada pregunta do amigo Xulio: \u00bfpor que a pasearon tanto?. Porque a\u00ednda que nesas cidades polas que andou uns presuman de dem\u00f3cratas e outros non, a verdade \u00e9 que ese famoso artigo trinta e nove que tanto aprecian os entendidos v\u00e9n dicir e defender, segundo o meu amigo de parladoiro, todo o que criticamos os que non vemos ben que haxa un tribunal especial para unha parte da sociedade e outro m\u00e1is normal e barateiro para o resto dos mortais, demostrando que ata para a xustiza hai delincuentes privilexiados e privilexios para delinquir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Non llo tomedes a mal, pero anda por a\u00ed o amigo Xulio arrastrando de novo o seu descontento social con tanto foro e aforado, avogados defensores e fiscais de amparo.\u00a0Cando todos celebramos no noso parladoiro dos xoves que os ingleses promulgasen aquela famosa Carta Magna<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5203"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5203"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5203\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5205,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5203\/revisions\/5205"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5203"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5203"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5203"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}