{"id":5267,"date":"2016-04-11T06:00:26","date_gmt":"2016-04-11T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5267"},"modified":"2016-04-11T06:39:31","modified_gmt":"2016-04-11T06:39:31","slug":"tralos-pasos-de-alexander-von-humboldt-v","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5267","title":{"rendered":"Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (V)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5a.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5268 alignleft\" alt=\"Humboldt 5a\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5a-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5a-225x300.jpg 225w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5a.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>Alberto Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>O meu esp\u00edrito sa\u00edu das profundidades da Cova do Gu\u00e1charo m\u00e1is nutrido incluso que das Augas de Mois\u00e9s, e concordamos en que o restaurante que se atopa a car\u00f3n do museo era un bo lugar para alimentar tam\u00e9n o corpo, de xeito que nos equilibr\u00e1semos por dentro. As\u00ed foi que pedimos polo e medio fritido con yuca e papas fritidas, regado todo cun exquisito papel\u00f3n con lim\u00f3n, con xelado de arequipe con man\u00ed como postre. Mentres xantabamos e comentabamos a experiencia da visita ao monumento, botei unha ollada a un folleto sobre o parque nacional que mercara na tenda de recordos que d\u00e1 a benvida aos visitantes, procurando co\u00f1ecer os nomes das \u00e1rbores cuxas p\u00f3las nos acubillaban<!--more-->: copey, guayabito, paneco, platanillo, manzanito de monta\u00f1a, coco de mono, matapalo, bucare,\u2026 Ning\u00fan eucalipto, ning\u00fan pi\u00f1eiro for\u00e1neo, ningunha acacia invasora,\u2026 Todas plantas aut\u00f3ctonas que acend\u00edan coa follaxe de verde a monta\u00f1a. Nada que ver cos montes contaminados e prostitu\u00eddos da mi\u00f1a amada Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed que rematamos a sobremesa, baixamos de novo a Caripe. O tempo corr\u00eda na nosa contra e a\u00ednda ti\u00f1amos que emprender o cami\u00f1o de regreso: do \u201cr\u00edo de esqu\u00edos\u201d a San Antonio de Capayacuar, de San Antonio a Cumanacoa e de a\u00ed novamente a Cuman\u00e1, para po\u00f1er fin \u00e1 nosa aventura no apartamento de Puerto La Cruz, mi\u00f1a casi\u00f1a, meu lar, a\u00ednda que fose a altas horas da madrugada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O derradeiro sabor que levamos de Caripe foi o das fresas con crema, que nesas terras \u00e9 de consumo obrigado, ao igual que sucede no monte \u00c1vila, vix\u00eda incansable da capital Caracas. Merc\u00e1molas nunha tenda que nos sa\u00edu ao encontro a car\u00f3n da estrada, onde tam\u00e9n adquirimos mel, laranxas, licores t\u00edpicos e doces elaborados con p\u00e9talos de rosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A premura na partida permitiunos chegar con sol \u00e1 \u201cvalgada ou lugar das pedras\u201d, que \u00e9 o que en idioma chaima significa Capayacuar. Fundado o 7 de agosto de 1713 polo misioneiro capuchino Fray Ger\u00f3nimo de Muro, coa inestimable colaboraci\u00f3n dos indios chaimas, cuacas e caribes, San Antonio de Matur\u00edn ou do r\u00edo Colorado ou de Cocollar ou de Capayacuar, que de tantas formas \u00e9 chamado, as\u00e9ntase \u00e1 beira do r\u00edo Cocollar, nunha zona de r\u00e1pidos con reminiscencias, para un barbanc\u00e9s, do r\u00edo Pedras no seu treito final.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao acceder \u00e1 localidade procedentes de Caripe, o primeiro que atopamos, antes de cruzar o r\u00edo e encravado nas paredes do monte \u00e1 man esquerda, foi o famoso mural da \u201cserpe de Ipure\u201d, unha representaci\u00f3n do folclore local que se baila ao son do cuatro, das maracas, dos pitos e do corno de vaca, coa finalidade de que a serpe permaneza tranquila na pr\u00f3xima lagoa de Ipure. E foi despois de cruzar o r\u00edo sobre a ponte de ferro que, inquietado polo descomunal tama\u00f1o do ofidio e totalmente posto no rol dun novo Humboldt, me acheguei a unha nativa e lle preguntei pola lenda daquel enorme r\u00e9ptil:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Contan que viv\u00eda en Ipure unha familia descendente dos indios capayas formada polos pais e tres fillos. Estes foron \u00e1 lagoa na procura de auga e, ao introducir as s\u00faas totumas, produciuse un gran remu\u00ed\u00f1o, do que decontado emerxeu unha culebra de grandes proporci\u00f3ns que tragou a nai antes de sumerxerse de novo. Os supervivintes informaron a tribo, que se reun\u00edu e, encabezados polo bruxo, mergull\u00e1ronse alg\u00fans membros na lagoa dando morte \u00e1 culebra e sacando o cad\u00e1ver da india.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Agradecido pola narraci\u00f3n, respondinlle \u00e1 muller:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-De onde eu ve\u00f1o tam\u00e9n podo contar historias de laxes gravadas con debuxos de serpes, pero as serpes do meu pa\u00eds non son tan grandes nin comen a ningu\u00e9n. As nosas serpes son do amor e lembran, onde est\u00e1n, que al\u00ed xaceron xuntos uns amantes que seguen facendo o amor por toda a eternidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Esas si son culebras boas \u2013contestou sorrindo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5b.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5269 alignright\" alt=\"Humboldt 5b\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5b-300x224.jpg\" width=\"300\" height=\"224\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5b-300x224.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5b-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/Humboldt-5b-900x675.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Ademais de polo mural, o casar\u00edo de San Antonio \u00e9 co\u00f1ecido tam\u00e9n polo ben coidado templo de d\u00faas torres constru\u00eddo con ladrillos e aderezado con columnas de estilo d\u00f3rico do que Humboldt, na s\u00faa visita do 14 de setembro de 1799, escribiu: \u201c\u00c9 a marabilla do pa\u00eds.\u201d No interior da igrexa sobresae unha imaxe do santo da que a xente do lugar comenta que te mira aos ollos sempre, independetemente do sitio onde esteas, unha cualidade que comparte, xa que logo, coa <i>Gioconda<\/i> ou <i>Mona Lisa<\/i> de Leonardo da Vinci, que non \u00e9 pouco dicir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois de percorrer algunhas r\u00faas da localidade e conversar en breves di\u00e1logos con varios residentes, baixamos \u00e1 ribeira do Cocollar a mollar os p\u00e9s descalzos na auga empozada entre os grandes e numerosos coios que se acaroan. Mentres gozabamos da temperatura non tan morna da auga, Lore lembraba a visita que realizara ao lugar cando era nena, na compa\u00f1a de seus pais e seus irm\u00e1ns:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Aqu\u00ed foi onde meu pai me ensinou a nadar. Ti\u00f1a eu catro ou cinco anos. Acostumaba a levarnos no cami\u00f3n a trav\u00e9s destas monta\u00f1as e parabamos en canto regato ou r\u00edo atopabamos no cami\u00f1o. Ademais de San Antonio, un dos seus sitios preferidos ti\u00f1a por nome \u201ca neveira\u201d, sobrenome que recib\u00eda a paraxe debido ao fr\u00eda que era auga que a sucaba. Era tan fr\u00eda que a xente pu\u00f1a a arrefriar as cervexas nas s\u00faas pozas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Vaites! \u2013Exclamei-. Ent\u00f3n era tan fr\u00eda como a de calquera rego, r\u00edo, lagoa ou pozo de Galicia. No meu pa\u00eds seguro ter\u00eda outro nome.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Como cal? \u2013Preguntou.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Depende do ling\u00fcista\u2026 Pode que Breiro, Coro\u00f1o, Beluso, Brea, Traba, Tambre, Ulla, Xallas, Te,\u2026 En calquera deles se poden arrefriar cervexas. Pero que importa\u2026 Mellor biqu\u00e9monos\u2026 Seguro que iso foi algo do que Humboldt non gozou cando veu por aqu\u00ed\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Que Humboldt? \u2013Preguntou- Wilhelm o ling\u00fcista, do que tes varios libros, ou Alexandre?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Ese mesmo, o que non puido contar a nosa historia \u2013contestei.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alberto Pi\u00f1eiro.\u00a0O meu esp\u00edrito sa\u00edu das profundidades da Cova do Gu\u00e1charo m\u00e1is nutrido incluso que das Augas de Mois\u00e9s, e concordamos en que o restaurante que se atopa a car\u00f3n do museo era un bo lugar para alimentar tam\u00e9n o corpo, de xeito que nos equilibr\u00e1semos por dentro. As\u00ed foi que pedimos polo e medio &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5267\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (V)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5267"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5267"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5267\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5460,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5267\/revisions\/5460"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5267"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5267"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5267"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}