{"id":5359,"date":"2016-04-02T06:00:10","date_gmt":"2016-04-02T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5359"},"modified":"2016-03-27T23:06:45","modified_gmt":"2016-03-27T23:06:45","slug":"unha-cuestion-de-actitude","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5359","title":{"rendered":"Unha cuesti\u00f3n de actitude"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5361 alignright\" alt=\"irmandades da fala\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala-300x221.jpg\" width=\"300\" height=\"221\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala-300x221.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala-1024x756.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala-900x665.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/irmandades-da-fala.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>A grata sorpresa desta semana recibina co\u00a0<i>whatsapp<\/i>\u00a0dun veci\u00f1o en tempada de vacaci\u00f3ns e amigo a tempo completo que vive en Murcia, amos\u00e1ndome como a s\u00faa nena Alba, que a\u00ednda anda nas primeiras letras, \u00e9 quen de ler un texto en galego coa mesma soltura que se fose na lingua en que se expresa a cot\u00edo cos seus compa\u00f1eiros de escola e familiares levantinos. <!--more-->Ante isto, podemos dicir que a relaci\u00f3n co idioma tam\u00e9n \u00e9 unha cuesti\u00f3n de actitude e moitas veces de m\u00ednimo esforzo. Xa os t\u00edos da nena, que pasaron aqu\u00ed un ano por raz\u00f3ns laborais, tiveron a ben apuntarse a pasant\u00edas para aprender o galego falado e escrito, de maneira que agora, cando nos comunicamos por e-mail, sempre o facemos en galego, e que conste que moito mellor que alg\u00fan escrito de certos organismos oficiais que s\u00f3 usan a lingua vern\u00e1cula por imposici\u00f3n da propaganda electoral.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E mentres tanto aqu\u00ed, coa nosa sangr\u00eda idiom\u00e1tica e esa vergo\u00f1a encuberta que todos negamos, a ningu\u00e9n se lle escapa que cada vello que morre \u00e9 un falante menos e cada neno que nace tam\u00e9n \u00e9 un falante menos (de media, evidentemente). E isto non est\u00e1 de m\u00e1is lembralo neste ano, cando se cumpren os cen da creaci\u00f3n das Irmandades da Fala, precisamente no d\u00eda en que Murgu\u00eda, o Patriarca das Letras, celebraba os oitenta e tres do seu bautizo en Pastoriza (Arteixo), cando o seu padri\u00f1o Manuel Antonio Pan recitou o Credo de corrido, pois doutro xeito, segundo \u00e9 crenza xeral, o neno sair\u00eda tatexo, e ben sabemos todos que a lingua aguda ningu\u00e9n lle ga\u00f1aba.<\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\"><span style=\"font-size: 16px;\">As letras e a fala, que deber\u00edan ir unidas como as pernas con que andamos se unen \u00f3 corpo, pois son os piares do idioma, parece que se arredan durante a festa de maio, raz\u00f3n pola que tantas veces temos insistido (e seguiremos insistindo) en xuntalas nesas d\u00faas emblem\u00e1ticas datas: o dezasete e o dezaoito de maio. Mais eses dous piares non s\u00f3 se dan de costas en tal festa, sen\u00f3n tam\u00e9n no d\u00eda a d\u00eda entre a xente da veci\u00f1anza, no s\u00faper ou no bus.<\/span><\/div>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Nunha das bibliotecas que acostumo a visitar, a bibliotecaria contoume o caso dunha se\u00f1ora de oitenta anos (ano arriba ano abaixo) que lle pediu algo para ler, a ser posible unha historia rom\u00e1ntica ou algo semellante. \u00c1 se\u00f1ora, peixeira durante m\u00e1is de cincuenta anos, que sempre usou o galego como idioma de comunicaci\u00f3n en todas as facetas da vida ag\u00e1s para falar co m\u00e9dico e contestar na misa e no Rosario, falt\u00e1balle actitude para levar nada en galego porque, segundo ela, non o entend\u00eda. Pero un d\u00eda a bibliotecaria animouna a que o intentase cunha das s\u00faas recomendaci\u00f3ns. Marchou a vella co bico torcido, e non pasara a semana cando volveu na procura doutro libro como aquel que era o que m\u00e1is lle gustara de todo canto levaba lido. A preguntas da bibliotecaria a muller d\u00edxolle que aquela novela fal\u00e1balle do que co\u00f1ec\u00eda. Desde ese intre trocou a actitude que arrastraba desde non se sabe canto, porque entendeu que ademais de ler hai que entender, e que o idioma de cada un sempre fala do que se co\u00f1ece, porque non s\u00f3 usa un vocabulario pr\u00f3ximo, sen\u00f3n que as mesmas palabras cobran un significado que f\u00f3ra de n\u00f3s e do noso non se entende, como tampouco n\u00f3s entendemos certos significados, xiros ou mesmo palabras que non nos son propias. Unha vez m\u00e1is, a l\u00f3xica rebelouse para amosar a verdade contra o que aquela se\u00f1ora pensaba que era o idioma que mellor co\u00f1ec\u00eda, s\u00f3 porque fora no que aprendera a ler por imposici\u00f3n legal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0A grata sorpresa desta semana recibina co\u00a0whatsapp\u00a0dun veci\u00f1o en tempada de vacaci\u00f3ns e amigo a tempo completo que vive en Murcia, amos\u00e1ndome como a s\u00faa nena Alba, que a\u00ednda anda nas primeiras letras, \u00e9 quen de ler un texto en galego coa mesma soltura que se fose na lingua en que se &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5359\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Unha cuesti\u00f3n de actitude<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5359"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5359"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5359\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5386,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5359\/revisions\/5386"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5359"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5359"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5359"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}