{"id":5374,"date":"2016-03-29T06:00:34","date_gmt":"2016-03-29T06:00:34","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5374"},"modified":"2016-03-27T22:59:50","modified_gmt":"2016-03-27T22:59:50","slug":"a-rotura-das-paisaxes-de-xesus-constela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5374","title":{"rendered":"A rotura das paisaxes, de Xes\u00fas Constela"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/rotura.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-5375\" alt=\"rotura\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/rotura.jpg\" width=\"175\" height=\"265\" \/><\/a><em><strong>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Literatura fort\u00edsima dende as primeiras p\u00e1xinas, <i>A rotura das paisaxes<\/i> \u00e9 unha nova exquisitez entre as exquisiteces \u00e1s que nos ten afeitos Xes\u00fas Constela. O\u00a0libro comeza con esa glosa de Toulouse-Lautrec: <i>A paisaxe non debe servir sen\u00f3n como medio para facer comprender \u2026 a figura.<\/i> (Pax.11), e a eterna reflexi\u00f3n de se as cousas existen independentemente de que as ollemos\/pensemos ou non. Previamente, Xes\u00fas fai recurso tam\u00e9n dunha chiscadela ao xeito de Marguerite Duras cando, antes de comezar <i>Les yeux bleus cheveux noirs<\/i>, ofrec\u00eda ao lector unha breve nota introdutoria, invitaci\u00f3n ou cordial desaf\u00edo \u00e1 lectura. <!--more-->Ela fac\u00edao engad\u00edndolle ao libro a folla solta que nos ca\u00eda ao chan ao abrilo, sa\u00edndo da librar\u00eda, coma unha nota de c\u00f3mplice agochado ou namorado, que nos causaba aquela sorpresa e embizcaba a nosa cobiza. Constela faino co par\u00e1grafo da p\u00e1xina 9, antepo\u00f1endo admiraci\u00f3n pola <i>Rayuela<\/i> de Cortazar, facendo ese mesmo uso expreso da proposta. Tam\u00e9n o escenario -a praia, o paseo, o seu sentido- coincide con aquel da Duras en <i>L`amour<\/i>, no que eran tres os personaxes que se encontraban e falaban. Esta terceira presenza tam\u00e9n aparece na novela de Xes\u00fas, \u00e1 que os dous cami\u00f1antes fan referencia coma dun vixiante estra\u00f1o, que os observase, que est\u00e1 a\u00ed durante todo o curso da lectura, confund\u00edndose a medias entre a persoa que vai colocando os feixes de follas e outra que asiste ao seu ler, sendo parte principal do xogo literario ao que Constela nos convida e que -a\u00ednda que sei que neste caso mo perdoar\u00eda- non vou desvelar porque non quixera furtarlle ao lector as s\u00faas sensaci\u00f3ns na intriga e no xogo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha treboada colle de improviso a dous homes que conversan pola praia, tendo que se gorecer nun alpendre no que atopan un cartafol: <i>Paisaxes de vinganza<\/i>. Acompa\u00f1\u00e1molos lendo, ent\u00f3n, a serie de delirantes situaci\u00f3ns que cont\u00e9n (a floraci\u00f3n microescult\u00f3rica dunha tomateira; o veci\u00f1o dun inmoble recibindo a chamada dun pretendido inspector ministerial que o est\u00e1 a vixiar por c\u00e1mara nos intres previos a matalo; a do pianista que se inocula dentro das cabezas coma unha enfermidade terminal; a do anxo ao fresco, na c\u00fapula do sal\u00f3n do Mariscal; ou o das plantas compinchadas coa terra que non quer\u00eda ser cultivada, para eliminar o xardineiro). Co \u00faltimo dos relatos, o da pizza, os protagonistas estr\u00e1\u00f1anse por ser id\u00e9ntico a unha conversa que tiveran quince d\u00edas antes eles dous (a\u00ed o primeiro elo do xogo).<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/xes\u00fas2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5377\" alt=\"xes\u00fas2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/xes\u00fas2-300x256.jpg\" width=\"300\" height=\"256\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/xes\u00fas2-300x256.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/xes\u00fas2.jpg 433w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Saen do alpendre. O seguinte tramo desenv\u00f3lvese entre os refugallos que van atopando, coma nun escenario simb\u00f3lico do caos ou do azar, e outro cartafol &#8211;<i>De terra combusta<\/i>&#8211; contendo o relato da misteriosa cadea de incendios que comezan co lume da catedral de Santa \u00c1gata, en Catania, e do pesqueiro <i>Vendaval<\/i>. Nun terceiro cartafol atopan o proxecto de curtrametraxe <i>Carne<\/i>, cunha acci\u00f3n de papeles invertidos, localizada nun cemiterio de coches (aroma arrabaliano, de ingrediente surrealista, intuitivo, ps\u00edquico, tam\u00e9n po\u00e9tico, que est\u00e1 en todo o libro) onde son eles, os coches, os que toman a palabra. As\u00ed ata cinco feixes contendo unha serie de episodios que se mesturan cos da propia conversa, nunha suma de relatos m\u00ednimos coma o do pequecho Gabriel (Paxs. 188 e 189), rapaz afectado un d\u00eda pola fonda tristura debida a unha mancha no cerebro que os m\u00e9dicos extraen e analizan, cuxo sorprendente resultado nos dar\u00e1 outra boa pista do enfoque de Constela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Son estes cartafoles atopados os que van guiando unha sorte de misterio ao longo do relato e os que, al\u00e9n da inc\u00f3gnita expl\u00edcita, serven de aglutinante \u00e1 reflexi\u00f3n impl\u00edcita. Ao ler, agardamos que se nos desvele nalgures, nese final cl\u00edmax que imos intu\u00edndo cada vez m\u00e1is preto. Esa tensi\u00f3n est\u00e1 a\u00ed, certamente, pero a maxistral fasqu\u00eda de Xes\u00fas Constela, o que fai \u00e9 que, na ensamblaxe (o libro \u00e9 tam\u00e9n a colecci\u00f3n de textos coherentes dunha carreira literaria de, polo menos, quince anos) vaiamos fac\u00e9ndonos inevitablemente as preguntas sobre as que pivota o tema principal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A pauta \u00e9 a dun gui\u00f3n teatral. Par\u00e9nteses esc\u00e9nicos e di\u00e1logos alternos na lectura visualizable do enfoque de Constela: o protagonismo da mudaxe, coma a area, o lume, os refugallos, a decadencia dunha botella de PET, un encoro baleirado e cuberto esqueletos de cangrexo, a placa de coci\u00f1a escura do fideo revolucionario -\u201c\u2026<i>O fideo que caeu no deserto escuro da vitrocer\u00e1mica \u2026 na friaxe invernal da mi\u00f1a coci\u00f1a<\/i> \u2026\u201d (Pax. 20)-, e outros que, xuntos, coido que conforman unha unidade aleg\u00f3rica da \u201crotura\u201d proposta no t\u00edtulo e no episodio que o xustifica -\u201c\u2026 <i>Arredor del a paisaxe toda rachaba, esnaquiz\u00e1base, desfac\u00edase, quebraba e \u2026 nada volv\u00eda ser igual que antes<\/i>\u2026\u201d (Pax. 186)-, coma preludio alucinatorio da morte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/Xesus-Constela.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5378\" alt=\"Xesus-Constela\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/Xesus-Constela-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/Xesus-Constela-300x200.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/Xesus-Constela-900x600.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/03\/Xesus-Constela.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O que rompe, tam\u00e9n, \u00e9 o noso prexu\u00edzo diante da repentina animaci\u00f3n dos obxectos, da posibilidade da contorna personificada, convertida en protagonista da catarse, e un pouco convert\u00e9ndonos a n\u00f3s en personaxes secundarios polo arrep\u00edo ou pola inconsciencia. \u201c\u2026 <i>Son aut\u00f3matas sen esp\u00edrito a bailar moi lonxe da realidade que os circunda <\/i>\u2026\u201d (Pax. 230). As personificaci\u00f3ns -o botello, o fideo, o garavanzo, unha gota nun cristal, unha glicina, unha buganv\u00edlea- van zarrapicando polo libro un ton que, ao primeiro, semella coma de historieta, de desgravaci\u00f3n racional ou dun divertimento que nos levar\u00eda \u00e1 relativizaci\u00f3n coa que Xes\u00fas comparte \u00e1s veces a vivencia da escrita, pero que decontado muda nesa presenza activa das cousas, das partes da paisaxe, dos escenarios; un cobrar plausible de vontade os personaxes, nunha confusi\u00f3n entre a ficci\u00f3n e a realidade. Todo est\u00e1 vivo. Mesmo un libro \u00e9 un mundo vivo. Atop\u00e1monos, outra volta, diante do eterno problema do escritor: contar o que se percibe coa subxectividade do perceptor, do seu estado de consciencia\/inconsciencia, ou deixar coar na escrita esa obxectividade que nos ven dada. Ponnos, Xes\u00fas, diante do reto, mesmo por medio de recursos gr\u00e1ficos coma o das fotos de baile inseridas entre as p\u00e1xinas, coas que fai outro dos xogos para nos dar ao final o que sabe que nos pasar\u00e1 desapercibido, e que tampouco quero desvelar anticipadamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fresca, delirante, cr\u00edtica, m\u00e1xica, divertida e torrencial, a lectura desta<i> Rotura<\/i> das <i>paisaxes<\/i> de Xes\u00fas Constela produce unha sensaci\u00f3n coma de quedar suspendido, aboiando nunha auga on\u00edrica, cambiante e incontrolable, na que sucesivos espertares son coma o alentar doutras tantas revelaci\u00f3ns, sopros cara a dentro nos que recibir\/percibir os sinais desoutras historias que se est\u00e1n a contar arredor de n\u00f3s. Novela exquisita, xa digo, dun Xes\u00fas Constela en plena vea literaria. Para non perder.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Literatura fort\u00edsima dende as primeiras p\u00e1xinas, A rotura das paisaxes \u00e9 unha nova exquisitez entre as exquisiteces \u00e1s que nos ten afeitos Xes\u00fas Constela. O\u00a0libro comeza con esa glosa de Toulouse-Lautrec: A paisaxe non debe servir sen\u00f3n como medio para facer comprender \u2026 a figura. (Pax.11), e a eterna reflexi\u00f3n de se as cousas &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5374\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A rotura das paisaxes, de Xes\u00fas Constela<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5374"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5374"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5374\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5379,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5374\/revisions\/5379"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5374"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5374"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5374"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}