{"id":5410,"date":"2016-04-08T06:00:45","date_gmt":"2016-04-08T06:00:45","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5410"},"modified":"2016-04-03T22:38:39","modified_gmt":"2016-04-03T22:38:39","slug":"cabalos-e-lobos-de-fran-p-lorenzo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5410","title":{"rendered":"Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/cabalos_e_lobos-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright  wp-image-5412\" alt=\"cabalos_e_lobos-1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/cabalos_e_lobos-1.jpg\" width=\"200\" height=\"303\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Que agradable sensaci\u00f3n a da lectura deste <i>Cabalos e lobos<\/i>. Que bocalada de ar literario. Das poucas veces que ten un a completa sensaci\u00f3n de se atopar diante dunha gran historia, dun descubrimento, dun libro vivo, dunha novela lograd\u00edsima, cadrada, pechada, emocionante e esteticamente brillante. \u00a0Vigo, noite calorosa do ver\u00e1n de 1960. Os residentes do Hotel Lisboa, espertan sobresaltados por un balbordo na r\u00faa. \u00c9 un suceso grave. A protagonista, narradora en primeira persoa, evoca quince anos despois ese acontecemento coma arranque da visi\u00f3n dunha historia familiar que se remonta aos tempos da Alema\u00f1a nazi e que, contra o cap\u00edtulo VII, vai decantando un certo cariz de saga.<!--more--> Nesas, entra en escena un piano familiar, no medio do clima de folga e represi\u00f3n do 72 vigu\u00e9s, e por el dec\u00e1tase Paula de que nunca, ata os seus quince anos, se parara a co\u00f1ecer verdadeiramente o car\u00e1cter nin da nai nin da familia, episodio co que Fran P. Lorenzo nos leva a todos cantos acontecementos dos anos tr\u00e1xicos de Europa confl\u00faen nel. <i>Hab\u00eda que escoller, e estabamos en guerra. Europa enteira estaba en guerra. Ou eras cabalo ou eras lobo \u2026 Ela escolleu ser lobo. Loba. Iso, visto agora, foi bo para todos n\u00f3s.<\/i> (Pax. 85). O autor d\u00e1 a idea as\u00ed de n\u00edtida, xogando un pouco con aquel nome que designaba as t\u00e1cticas de guerra submarina nazi, <i>Manadas de lobos<\/i>, para ir acheg\u00e1ndonos \u00e1 horrible cu\u00f1a da verdade: a depredaci\u00f3n do d\u00e9bil, do desvalido, do acurralado (o cabalo do cadro simb\u00f3lico que aparece ao final), nun intre no que se era unha cousa ou a outra e no que, para medrar, hab\u00eda que deixar a un lado os escr\u00fapulos. As\u00ed nolo desvela esa alfaia que Fran agocha nun estoxo artesanal feito por un encadernador cun libro de aventuras do oeste de Karl May, (elegant\u00edsimo s\u00edmbolo, \u00e1 s\u00faa vez, do evadirse mental, a trav\u00e9s da lectura das grandes pradeiras, na Alema\u00f1a hitleriana). Parte desa verdade familiar non a vai co\u00f1ecer Paula a\u00ednda ata moito tempo despois, a trav\u00e9s da carta que \u00c1lvaro lle deixa a Thomas, coma se houbese unha dilaci\u00f3n do saber equivalente \u00e1 magnitude do desco\u00f1ecemento e da crueza da verdade coa que remata a historia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Cabalos-e-Lobos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5413\" alt=\"Cabalos-e-Lobos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Cabalos-e-Lobos-300x166.jpg\" width=\"300\" height=\"166\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Cabalos-e-Lobos-300x166.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Cabalos-e-Lobos.jpg 630w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A novela est\u00e1 estruturada basicamente en tres corpos: <i>Gran v\u00eda n\u00ba 2<\/i>, que \u00e9 o relato de Paula; <i>Descampado<\/i>, que \u00e9 a carta na que \u00c1lvaro desvela os segredos que acabar\u00e1n por trastocar todos os seus plantexamentos; e <i>Alba de gloria<\/i>, no que \u00e9 a nai de Paula (Gloria Beckmann) a que nos leva ao verdadeiro desenlace da novela, xusto antes da homenaxe a Vigo, cidade que ilumina todas as p\u00e1xinas. Estes tres corpos son tres intervenci\u00f3ns moi ben empregadas para complementar o todo que o autor define coma retrato \u00edntimo do s\u00e9culo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A maneira na que vai deixando o relato zarrapicado de elementos da paisaxe cronol\u00f3xica (unha localizaci\u00f3n, unha peza de moda, un nome xa perdido, o tranv\u00eda, o sif\u00f3n, uns t\u00edtulos de \u00e9poca, un costume, o ritual dos domingos) \u00e9 a sensaci\u00f3n que primeiro chega. Sit\u00faaos estratexicamente para que o corpo da novela, sen que se converta nun gran aparello descritivo, adquira ese ton ambiental subsidiario da intriga, que \u00e9 o que realmente se quere dar. Eses elementos, xunto cos propios retratos de situaci\u00f3n, est\u00e1n traballados de tal xeito que quedan coma lambetadas literarias que piden ser lidas e non deixan apartar a atenci\u00f3n do texto. Coido tam\u00e9n que son e han seguir sendo parte das marcas inherentes do estilo de Fran P. Lorenzo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais, xunto a ese, Fran P. Lorenzo ensaia un n\u00famero tal de recursos que deixa \u00e1s claras que nos atopamos diante dunha literatura de expansi\u00f3n, ambiciosa, de vontade est\u00e9tica e transcendente. Un dos que me pareceron destacables \u00e9 o da t\u00e9cnica da implicaci\u00f3n: o traballo de ir enleando os sentidos do lector para situalo por eles, e que en <i>Cabalos e lobos<\/i> \u00e9 case dunha capacidade hipn\u00f3tica, dando a impresi\u00f3n total de estarmos dentro. Outro son as poderos\u00edsimas imaxes expresivas -\u201c\u2026<i>A esperanza fosilizada nunha fotograf\u00eda, vela\u00ed o abismo\u2026\u201d<\/i> (Pax. 18), \u201c\u2026<i>A luz entra pola mesma vent\u00e1 pola que sa\u00edu Ram\u00f3n\u2026\u201d<\/i> (a vent\u00e1 do acontecemento) (Pax. 21), <i>\u201c\u2026a madeira pre\u00f1ada polo algod\u00f3n da s\u00faa ausencia\u2026\u201d<\/i> (Pax. 28), \u201c\u2026<i>as carnosas floraci\u00f3ns do papel da parede do meu cuarto empezaban a licuar a suor de Ram\u00f3n e un n\u00e9ctar denso e seminal enmestec\u00eda o aire<\/i>.\u201d (Pax. 146)- e mais as oportunas intertextualidades ou referencias bibliogr\u00e1ficas, nas que se apoia para facer asequibles certos aspectos, coma o concepto da desolaci\u00f3n. Outro \u00e9 a capacidade de simbiose en pasaxes de descrici\u00f3n-acci\u00f3n, que utiliza para non deter o ritmo, sen d\u00fabida un dos obxectivos mellor acadados do libro, pero que, coma un rebote con efecto, engade unha sorte de matices vivibles, non s\u00f3 observables, da imaxe est\u00e1tica. Un bo exemplo \u00e9 o da descrici\u00f3n da fotograf\u00eda <i>Polaroid<\/i>, na p\u00e1xina 19, onde xa o declara abertamente coa frase \u201c\u2026<i>Quenquera que tirou esta imaxe logrou capturar o intre dunha ficci\u00f3n suprema<\/i>\u2026\u201d.<\/p>\n<figure id=\"attachment_5414\" aria-describedby=\"caption-attachment-5414\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/fran-perez.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-5414\" alt=\"Foto: Faro de Vigo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/fran-perez-300x272.jpg\" width=\"300\" height=\"272\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/fran-perez-300x272.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/fran-perez.jpg 646w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-5414\" class=\"wp-caption-text\">Foto: Faro de Vigo<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">E outro ser\u00eda o rigoroso traballo de documentaci\u00f3n, que non s\u00f3 queda ben patente coas citas, sen\u00f3n que, ademais de ligar e dar veracidade ao texto, nos vai ofrecendo un <i>tour<\/i> da fisionom\u00eda viguesa do tempo polo que transitan as p\u00e1xinas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Co estudado manexo deses e outros recursos acada un equilibrio do discurso entre dotado e fermoso, ademais de flu\u00eddo, limpo e exacto, do que rematarei po\u00f1endo outros dous potentes exemplos, o dos zapatos petr\u00f3glifos, as s\u00faas pegadas na madeira do chan -\u201c\u2026<i>Cada fenda que ela inscribe no chan cos seus zapatos,\u2026 representa un documento de posesi\u00f3n, un l\u00edmite, o mapa do seu territorio: Gran V\u00eda n\u00ba 2\u2026\u201d <\/i>(Pax. 17)-, e \u201c\u2026<i>unha m\u00e1quina de escribir cuberta de cinza<\/i>\u2026\u201d (Pax. 78). Esta, a da fluidez coa beleza, \u00e9 unha combinaci\u00f3n non demasiado profusa, que nos volve dicir o que comentabamos antes: que estamos perante unha literatura de forte vontade pescudadora e proxectiva.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Novela afortunad\u00edsima, lectura tan gorentosa coma literariamente notable, desta <i>Cabalos e lobos<\/i>, de Fran P. Lorenzo, \u00e9 dunha das que, rematada a lectura, ando a facer m\u00e1is enf\u00e1tica e numerosamente a mi\u00f1a recomendaci\u00f3n, al\u00ed onde vaia, nestes d\u00edas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Que agradable sensaci\u00f3n a da lectura deste Cabalos e lobos. Que bocalada de ar literario. Das poucas veces que ten un a completa sensaci\u00f3n de se atopar diante dunha gran historia, dun descubrimento, dun libro vivo, dunha novela lograd\u00edsima, cadrada, pechada, emocionante e esteticamente brillante. \u00a0Vigo, noite calorosa do ver\u00e1n de 1960. Os residentes &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5410\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5410"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5410"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5410\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5420,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5410\/revisions\/5420"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5410"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5410"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5410"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}